Novas lecturas para o 2015

#ABiblioPréstame,Blog
ler para crecer

Novas lecturas para o 2015!

Este 2015 comezamos o ano na Biblioteca Rego da Balsa con novas lecturas para vós. Desde a nosa apertura o día 24 de outubro de 2014, Día das Bibliotecas, recibimos unha gran cantidade de doazóns  de veciñ@s e personalidades de Carballo, polo que aproveitamos para agredecer encarecidamente ese esforzo desde a biblioteca.

Ademáis comezamos o  ano con novidades nos diversos xéneros literarios que non vos podedes perder:

“Tan fuerte, tan cerca” de Jonathan Safran Foer.

Xénero: intriga y misterio.

Oskar Schell é un neno de nove anos moi especial, dotado dunha aguda sensibilidade e dun talento versátil, que, tras perder o seu pai o 11 de setembro de 2001, encontra entre os aparellos do defunto un sobre coa palabra «Black» escrita no dorso e unha chave no seu interior. Inmediatamente o pequeno decide que esa chave resolverá o misterio do último día do seu pai, explicará por que estaba nas torres, cal foi o motivo da súa morte.

“La isla bajo el mar” de Isabel Allende.

Xénero: novela romántica.

“La isla bajo el mar” de Isabel Allende narra a azarosa historia dunha escrava no Santo Domingo do século XVIII que logrará librarse dos estigmas que a sociedade lle impuxo para conseguir a liberdade e, con ela, a felicidade. Esta é a historia de Zarité, unha rapaza mulata, que aos nove anos é vendida com ou escrava ao francésValmorain, dono dunha das máis importantes plantacións de azucre da illa de Santo Domingo. Ao longo da novela viviremos corenta anos da vida de Zarité e o que representou a explotación de escravos na illa no século XVIII, as súas condicións de vida e como loitaron para conseguir a liberdade.


Tamén na liña dos relatos atoparedes as seguintes novidades:

“55” de Xavier Queipo.

Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis.

“Salseiros” de Suso Lista.

Unha recompilación de textos, cheos de sal e ironía, de lembranzas,vén a demostrar a arte déasche polifacécito artista, que xa está a armar a travésrede unha especie de exposición de arte efémera coas formas dás areaspraia do Osmo espectacular.

“Sonámbulos” de Suso de Toro.

Somnámbulos é un libro que inclúe tres historias, ou relatos curtos. Nos tres, os protagonistas sofren claros problemas para durmir (de ahí o título do libro) e as historias narradas transcorren nunha mesma época: un pasado común e moi recente.

“As ilusións estrañas” de Antón Dobao.

A fronteira entre ou real e ou imaxinario, ese territorio non que a realidade parece que perde a súa consistencia, é ou lugar onde aniñan “Ás ilusións estrañas”. Trátase do xogo de ficción, no que o autor introduce a quen lsen que, ata ou momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.

“Instruccións para tomar café” de Manuel Núñez Singala.

Cunha temática diversa que vai do humor e as preocupacións lingüísticas a unha volta dos contos populares, o autor manexa dentro do breve rexistros que abranguen a sorpresa, a reflexión a xeito de microensaio, a fantasía, os contos…

Novidades na biblioteca.

Novidades na biblioteca.


Pero ademáis vos damos máis pistas para que elixades as vosas novas lecturas de 2015, vos presentamos algunhas das obras máis prestadas do último trimestre de 2014:

Na sección de Infantil os libros máis emprestados son:

El viaje del Señor Coc de Jo Lodge

Un divertido libro xogo con animáis con pop-up sobre viaxes e medios de transporte que farán as delicias d@s máis pequeniñ@s. Atoparédelo na sección de Libros divertidos de 0 a 3! Consulta a súa dispoñibilidade no catálogo de la biblioteca neste enlace.


O tres bandidos” de Tomi Ungerer.

O conto  máis divertido sobre o medo para nenos de a partir de 5 anos. Podédelo encontrar na sección de 4 a 7 no apartado de “O meu mundo”. Consultade a dispoñibilidade da obra aquí.


Diario de Greg, 2: la ley de Rodrick“. Como non a saga de Diario de Greg é a obra máis prestada entre @s nen@s de 7 a 12 anos.

Mellor non lle preguntar a Greg que tal o pasou durante as vacacións de verán, porque non quere nin oír falar do asunto. De feito, ao empezar o novo curso Greg está a desexar esquecer os últimos tres meses da súa vida, en particular certo acontecimiento…Por desgracia para el, o seu irmán Rodrick sábeo todo sobre ese incidente que el querería enterrar para sempre. E é que todos os segredos acaban saíndo á luz… sobre todo cando hai un diario de por medio.

Consultade a súa dispoñibilidade a través do catálogo.


En xuvenil o libro que máis gustou no último trimestre de 2014 foi:

“Bajo la misma estrella” de John Green.

É unha obra dirixida ao público xuvenil que trata o amor e a morte a partes iguais. Unha forma máis que romántica de compartir a vida…, e a morte.

Consultade a súa dispoñibilidade a través do catálogo.


En adultos a obra máis prestada foi:

La naranja mecánica” de Antony Burgess.

A “Laranxa mecánica” conta a historia do nadsat-adolescente Alex e as seus tres drugos-amigos nun mundo de crueldade e destrución. Alex ten os principais atributos humanos: amor á agresión, amor á linguaxe, amor á beleza. Pero é novo e non entendeu aínda a verdadeira importancia da liberdade, a que goza dun modo violento. En certo sentido vive no edén, e só cando cae (como en verdade lle acontece, dende unha ventá) parece capaz de chegar a transformarse nun verdadeiro ser humano.

Consultade a súa dispoñibilidade aquí.

E lembrade que se algunha obra está prestada, e queredes facer unha reserva ou ante calquera dúbida, podedes chamar ao 981758580 ou escribir un correo electrónico a biblioteca@carballo.org.

Atoparedes ademáis as últimas novidades e as obras máis prestadas (libros, películas,música, etc.) periódicamente con comentarios das mesmas na nosa conta do Pinterest.

Boas e fermosas lecturas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s