Concurso #biblionamórame

#biblionamórame,Blog

#biblionamórame

Soamente falta unha semana para que sexa o día dos namorados e a Biblioteca Rego da Balsa quérevos dar a oportunidade de participar nun concurso para gañar un paquete para namorados…, para namorados da biblioteca! Eres un deles?

avatar

Propoñemosvos participar no concurso #biblionamórame para que poidades compartir con nós os materiais ou recunchos vos enamoran máis da biblioteca. Pode ser un libro, unha canción, unha película…, ou podedes estar “biblionamorados” dalgún recuncho da biblioteca, como a zona de lectura dos xornais, con esos sofás tan cómodos, ou da zona dos ordenadores ou da nosa mascota Sanxo…, do que queirades!

20150127_171820

A forma de participar é moi sinxela:

Para poder participar os usuarios interesados deberán acceder a nosa conta de Twitter ou de Instagram.

Despois, os participantes deben realizar os seguintes pasos:

  1. Seguirnos ou na nosa conta de Twitter (@bibliocarballo) ou na de Instagram (@bibliocarballo).
  2. Usar o cancelo #biblionamórame na nosa conta de Twitter ou de Instagram para describir o material ou canto que máis lles gusta da biblioteca!

Exemplo:

No Twitter, con 140 caracteres:

#biblionamórame o “O anteollo de ámbar ” de Philip Pullman @bibliocarballo

No Instagram, sería o mesmo sólo que cunha fotografía (ben da cuberta do material ou dun autorretrato fotográfico co material ou recuncho favorito) acompañando dunha frase e o cancelo #biblionamórame.

20141024_110013

Os participantes poden ler as bases do concurso na nosa conta de Issu Biblio Carballo. Os usuarios poderán ver en todo momento as participacións doutros concursantes.

Soamente se seleccionará unha participación por persoa, é dicir, unha publicación co cancelo #biblionamórame nunha das contas.

Unha persoa debe de participar nunha soa conta (ou en Instagram ou en Twitter).

Valoraráse, a orixinalidade da publicación e carácter do comentario.

corazon

O gañador publicarase no blog da biblioteca http:/biblioteca/carballo.gal e na conta oficial de @bibliocarballo en Twitter e en @bibliocarballo na nosa conta de Instagram. Ao gañador se lle enviará unha mensaxe directa, adxuntando a información necesaria para disfrutar do galardón.

O presente concurso só terá validez no territorio de España desde o 7 de febrero ao hasta 15 de febreiro, inclusive.

O 16 de febreiro se seleccionará ao gañador do premio.

candado

O premio consistirá  nun paquete romántico: nun libro de temática tomántica, un cedé de música de música e unha película do mesmo xénero.

Biblioteca Rego da Balsa,  organizador deste concurso  porase en contacto co gañador, por mensaxe privada pola conta na que o usuario participou co fin de comunicarlle que obtivo a recocompensa e indicarlle como canxeala.

No prazo de (7) días naturais a contar a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa, o gañador deberá responder por alguna das contas mencionadas a través dunha mensaxe directa privada á Biblioteca Rego da Balsa,  confirmando o seu premio.

Nun prazo de (15) días naturais a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa o gañador deberá recoller o seu galardón.

Participa e biblionamórate!

love

 Bases legais completas do concurso.

Advertisements

2 thoughts on “Concurso #biblionamórame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s