PARA BIBLIONAMORADOS

#biblionamórame,Blog

AMOR… Que é o amor? Que efectos ten o amor en nós para ser o tema central de tan inmenso número de libros, cancións e demais obras artísticas ao longo da Historia?

Dependendo de a quen lle preguntemos, algúns nos dirán que o amor é sinónimo de felicidade, liberación, refuxio, unión, comprensión e xenerosidade. Para outros o amor é paixón, sufrimento, celos, discordia, angustia, tristeza e mesmo perigo.

Ao longo da historia da literatura a temática do amor e o desamor foi tratada dende diferentes perspectivas, pasando do amor sensual ao idealizado, do imposible ao recíproco, do cortés ao tirano ou do tráxico ao liberador.

Signifique o que signifique para vós o amor, de seguro que atoparedes na vosa biblioteca un libro, un disco ou unha película que desperte en vós as ganas de revivir sentimentos, ou mesmo de vivir as historias que nunca puidestes experimentar nas vosas propias carnes.

Quen non se emociona coa traxedia de amor prohibido de Romeo e Xulieta? Quen non desexaría vivir unha historia de amor no paraíso coma en “Memorias de África”? Ou cantos de nós tivemos un amor platónico e idealizado coma  o de Don Quixote hacia Dulcinea?

Na Biblioteca  Rego da Balsa temos un novo recuncho chamado #biblionamórame, creado especialmente para os amantes do xénero romántico, onde poderedes escoller libros, música, baile, historias, lecturas, aventuras e poesía para todas as idades cheos de amor, sentimentos, romanticismo e sobre todo moito corazón, para vivir o San Valentín máis romántico.

collage_#biblionamorame

Ademais, como sabedes que a literatura non é a única disciplina artística encomendada en corpo e alma ao amor, preparamos para vós unha listaxe de reproducción coas cancións máis románticas. Pensades que faltan cancións imprescindibles? Non hai problema, porque podedes engadir as que queirades dende o voso perfil de Spotify seguindo a lista, ou suxerírnolas nas redes sociais, e nós as incluiremos. Atoparedes a lista aquí.

E non vos esquezades, tedes ata o día 15 para participar no concurso #biblionamórame. Que non sabedes que é? Pois moi atentos, porque poderedes gañar un paquete para namorados…, para namorados da biblioteca! Para elo, debedes compartir con nós os materiais ou recunchos que vos namoran máis da biblioteca. Pode ser un libro, unha canción, unha película…, tamén podedes estar “biblionamorados” dalgún recuncho da biblioteca, coma a zona de lectura dos xornais, con eses sofás tan cómodos, da zona dos ordenadores ou da nosa mascota Sanxo…, do que queirades! Atoparedes máis información aquí.

#biblionamórame

Coa Biblioteca Rego da Balsa teredes un Día dos Biblionamorados perfecto!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s