Pais e nais contan

Actividades,Blog,Infantil

A hora do conto é para moit@s cativ@s o seu momento preferido do día. Tras unha dura xornada de escola e actividade constante tolean por pasar un anaquiño de tempo relaxados escoitando e soñando coas maravillosas historias que lles len seus pais.

Para as mamás e papás tamén é un momento de satisfacción, xa que poden pasar un tempo de calidade e gozo cos seus fillos.

Pero a hora do conto non só ten que ter lugar na casa antes de ir durmir, senón que tamén pode haber momentos de desfrute ao longo de todo o día, e non soamente son os papás e as mamás os que necesariamente participan como narradores, senón que poden ser avós, avoas, amig@s, tí@s ou incluso @s propi@s nen@s.

Por ese motivo, ofrecémosvos a oportunidade de botar a voar a vosa imaxinación e creatividade, invitándovos a participar nun fermoso proxecto que iniciamos a semana pasada, chamado “Pais e nais contan”.

pais_e_nais_contan

En que consiste? É moi sinxelo. Podedes compartir as historias preferidas d@s vos@s fill@s e contárllelas ao resto de nenos e nenas que acoden á Biblioteca, converténdovos en contacontos non só nas vosas casas, senón ante un público agradecido e ávido como o que máis na vosa biblioteca.

Podedes elixir contos populares, dos que figuran no noso fondo bibliográfico, ou dos que teñades vós na casa, e se preferides incluso podedes contar esa historia inventada por vós que fai que os vosos nenos escachen coa risa.

Non vos asustedes, non tedes que ser profesionais. Sacudide a vergoña e atrevédevos, xa veredes como resulta ser unha experiencia preciosa e divertidísima!

O pasado xoves unha mamá e un papá xa se atreveron e o resultado foi todo un éxito, nin un só neno pestanexou! Un dez a Yolanda e Ramón, os aventureiros que leron “Nouky descubre los sabores”, “El Pollo Pepe” e “Cocorico”.

O único que tiveron que facer estes dous valentes foi achegarse á biblioteca e anotarse como voluntarios para o último xoves de mes ás 18:00 h., que é cando se celebrarán as sesións.

Precisamos da vosa axuda!

Advertisements

One thought on “Pais e nais contan

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s