O mes dos libros

#ABiblioPréstame,Blog

“Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro.” Emily Dickinson

20150401_170010 20150401_17000020150401_170021

Máis que nunca este mes é o mes dos libros, o día 2 de abril de 2015 é o Día do Libro Infantil e Xuvenil e na biblioteca ímolo celebrar ao grande. Queremos que vos iniciedes nas mellores coleccións e desfrutedes dos libros que máis vos gustan para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Hai obras para todas as idades. De 0 a 3 anos destacamos, por exemplo, a colección “Do berce á lúa” da editorial Kalandraka para que @s nen@s aprendan os números, a coñecer a lúa e outros obxetos cotiáns; de 4 a 7 anos, podedes comezar coa colección de “Queremos saber”, se o que queremos e explicar como se fai o pan, o mel, ou o sal; en de 7 a 9 anos  atoparedes as aventuras de “Stilton” ou “Kika” entre outros, e de 10 a 12 anos as de “Los Cinco“, “Guillermo” “Gerónimo Stilton” ou “Tea Stilton“. Pero en Xuvenil tamén temos para vós que salientar as coleccións como a de “Chicas“, unha colección que non ten desperdicio na que podemos ler as historias dunhas rapazas que nos contan o seu día a día na adolescencia.

20150401_170849 20150401_170821

Pero non só vos recomendamos as coleccións de literatura, os libros máis impresionantes están por todos os expositores e recunchos da biblioteca, xunto a todos os materiais que vos podedes encontrar: audiolibros, música e xogos de ordenador.

20150401_170046

E nos nos podíamos esquecer das nosas coleccións máis importantes: a banda deseñada. Non se vos esquezan as seccións de banda deseñada que hai na biblioteca, e celebraremos o libro en diferentes formatos. Temos a Astérix, as Witch ou ” Os Barbanzos” en Infantil. E Paradise Kiss, Marvel e unha completa colección de Manga en Xuvenil.

20150401_170150 20150401_170157

Como todos sabedes, todos os anos dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), o IBBY (Organización Internacional para el Libro Infantil y Juvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Podedes consultar as obras que temos de Handersen no noso catálogo.

20150401_170206

Desfruta do libro, festexa o libro! 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s