BOOKCROSSING: Leme e pásame!

#ABiblioPréstame,Blog

Súmate ao pracer de viaxar coa imaxinación. Viaxa cos libros!

Dende a Biblioteca Rego da Balsa poñemos en marcha esta campaña de Bookcrossing para promover o hábito de ler e fomentar o intercambio de experiencias en torno ao pracer da lectura. Benvido a bordo. Le, comenta e comparte!

LIBERA

Que é Bookcrossing?

Bookcrossing é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo. A idea é liberar libros “na xungla” para que sexan encontrados por outras persoas e sigan circulando e atravesando tempo e espazo.

Esta iniciativa non coñece límites xeográficos e a súa meta, simplemente, é converter o mundo nunha biblioteca.

2015-04-13 16.54.41

A partir de hoxe poderás encontrar na Biblioteca algúns libros que parecen esquecidos nun recuncho do noso mostrador, pero… non é así! Son libros destinados a viaxar polo mundo e pasar por diferentes mans. Cólleos, leos e logo déixaos libres na nosa zona habilitada para que outra persoa poida pasar un anaco agradable coa súa lectura.

2015-04-13 16.55.27

Pero é máis, queremos saber que camiño segue este libro, que historia ten, cantos lugares visitou, que pegada deixou en quen o leu antes e despois de ti, e de seguro que a ti tamén che gustará sabelo. Seguirlle a pista ao libro é moi doado. Só tes que seguir estes pasos cando atopes un destes “libros viaxeiros”.

Que fago se atopo un libro que me quero levar?

  1. Entra no sitio web de BookCrossing.
  2. Introduce o código BCID (na etiqueta adhesiva da cuberta do libro) no apartado que hai na cabeceira da web.
  3. Enche a entrada no diario e que non esquezas cumprir o apartado “RESEÑA” (neste campo comentarás que che pareceu o libro).
  4. Cando deixes o libro na zona deBookcrossing da Biblioteca, é importante que volvas acceder á web e abras o despregable do campo ESTADO e marques a opción DISPOÑIBLE para que o resto de usuarios saiban que poden acceder á súa lectura. Lembra o lema de Bookcrossing: Leme e pásame!
  5. Por último, se queres doar algún libro para a nosa campaña de Bookcrossing, podes deixalo na biblioteca.

Pertencer a BookCrossing é gratuíto, pero acéptanse doazóns para manter os servidores do sitio web.

Viaxemos cos libros!

Advertisements

2 thoughts on “BOOKCROSSING: Leme e pásame!

  1. Ola Son María Xesús Lema, profesora de Galego do IES Alfredo Brañas de Carballo. Mandei o meu alumnado a buscar un libro á vosa biblioteca e comentáronme que non o tiñades. Eu mando a lista de libros de lectura dos meus cursos á biblioteca vella e non me lembrei de facelo con vós. O libro é Tes ata as dez de Francisco Castro da editorial Galaxia. Espero que o poidades conseguir . Saúdos

    Por certo, teño 2 alumnos meus que levan desde o Nadal ( é posible?) esperando pola vosa documentación para acceder á plataforma GaliciaLe da que nos comentamos na aula. Os alumnos son Adrián Mesejo e Rubén López. Espero contestación , se así o considerades.

    2015-04-13 19:55 GMT+02:00 bibliocarballo :

    > Biblioteca Rego da Balsa de Carballo posted: “Súmate ao pracer de > viaxar coa imaxinación. Viaxa cos libros! Dende a Biblioteca Rego da Balsa > poñemos en marcha esta campaña de Bookcrossing para promover o hábito de > ler e fomentar o intercambio de experiencias en torno ao pracer da lectura. > Benvido a “

    Gústame

    1. Ola, María Xesús
      Por fin atopamos o correo 😉
      Como xa sabes e falamos, tedes o libro xa dispoñible na biblioteca, e do acceso a GaliciaLe aínda non temos claves nin novas ao respecto. Esperamos que nos informen desde a Rede de Bibliotecas de Galicia.
      Perdoa a demora na contestación, ás veces as tecnoloxías non acompañan…

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s