De Rosalía a Filgueira Valverde ou o son da lingua “Na festa dos maios”

#ABiblioPréstame,#Blog

join us for (1)

Este ano como todos os anos desde 1963 festexamos o 17 de maio como o Día das Letras Galegas, o día da lingua e da literatura galegas. A elección desta data débese a que tal día como hoxe, no ano 1863, se publicase en Vigo o primeiro exemplar da obra cume de Rosalía de Castro e que supoñería o inicio do chamado “Rexurdimento” da lingua e da cultura galegas. Desde aquela, o día 17 de maio celébrase como unha festividade en Galicia na que tod@s recordamos a nosa bagaxe literaria e cultural e o reamañecer da nosa lingua.


A Real Academia Galega (RAG) é a encargada de decidir a que personalidade literaria lle dedica o Día das Letras Galegas. Así, cada ano desde 1963 celebramos a un persoeiro da esfera cultural e literaria galega. Para coñecer os anteriores homenaxeados consultade a páxina da RAG sobre “Todas as letras do Día das Letras”.

J.F._Filgueira,_a_los_17_años.

Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde escritor, intelectual, investigador, erudito e crítico en lingua galega e castelá. Coñéceselle no ámbito intelectual galego co alcume de “O vello profesor”.

A súa creación literaria iníciase con “Os nenos” (1925). Son relatos directos feitos cunha artificiosidade non aparente. Outra narración é “O vigairo” (1927), na que fai a descrición dun personaxe popular da Pontevedra antiga. De 1936 é a súa famosa peza teatral para nen@s “Agromar”. Como poeta pódese adscribir ao neotrovadorismo polas súas “Seis cancións do mar in modo antico” (1941). Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias.


Na biblioteca poderedes desfrutar das obras máis representativas de moitos dos homenaxeados polo Día das Letras: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, María Mariño ou Uxío Novoneyra, entre outros moitos. Podedes consultar a dispoñibilidade das obras premendo no enlace sobre o nome dos autores ou buscando no noso catálogo en liña.

2015-05-17 09.34.002015-05-17 09.35.36

Para os que queirades coñecer algo máis que as súas obras, poderedes atopar biografías de Rosalía, Castelao, María Mariño ou Xosé María Álvarez Blazquez na sección de Biografías na zona de adultos.

2015-05-17 09.34.46

Pero a lingua non só se pode ler, tamén se pode sentir e escoitar.

2015-05-17 09.34.25

No recuncho de materiais bibliográficos dedicado ao Día das Letras 2015 atoparedes tamén a Najla Shami cantando a Rosalía de Castro no audiolibro “Na lingua que eu falo” da editorial Galaxia. Recomendámosvos unha verdadeira actualización lírica da poeta ao século XXI, una verdadeira xoia musical a escoitar.

1375256235Na_lingua_que_eu_falo_peq

Tamén podedes desfrutar da “Fotografía sonora” dedicada a Manuel María, un marabilloso percorrido pola vida e obra do gran autor chairego.

2220

Ou podedes ademáis deleitarvos co son da fermosa música tradicional renovada do “Meu canto” de Uxía, ou co fantástico rock mesturado con blues e con influencias hispanoamericanas de Sés en “Co xenio destrozado”.

2013-08-29 - Uxía - Meu Canto_fronthqdefault


Recordade tamén que ademáis dos novos recunchos bibliográficos e audivisuais que atoparedes na biblioteca polo Día das Letras Galegas 2015  poderedes seguir desfrutando dos contacontos e da lectura en voz alta que diariamente @s nen@s xa están a desfrutar na Ludoteca.

?

Lecturas e contacontos diarios na Ludoteca

IMG-20150516-WA0033 IMG-20150516-WA0036


Na biblioteca @s meniñ@s atoparán as mellores obras da literatura galega adaptadas coas mellores edicións, entre as que destacamos as ofrecidas por editoriais como Kalandraka, Galaxia ou OQO, entre outras moitas.

2015-05-17 09.35.59

E para rematar, lembrade que poderedes atopar na biblioteca, no xornal La Voz de Galicia de hoxe, unhas colectáneas de artigos de Filgueira Valverde reunidos e editados por Xesús Ferro Ruibal.

Deixámosvos cun dos seus artigos máis representativos, Na festa dos maios“, recollido na páxina web da Real Academia Galega.

2015-05-17 09.35.11

Bo Día e ano das #LetrasGalegas2015! 😉

Advertisements

One thought on “De Rosalía a Filgueira Valverde ou o son da lingua “Na festa dos maios”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s