Benvido ao tempo dos Booktubers

13 a 17 anos,Blog

Xa a mediados de agosto… como pasa o tempo, verdade? Este verán está pasando máis á présa ca os anteriores ou soamente é cousa nosa?

Pois xa achegándonos á fin da tempada estival, propoñémosvos unha idea para poñer en práctica no vindeiro curso: convertirvos en booktubers!

Pode que moit@s de vós xa conozades o mundo do Booktube, pero nós o que queremos é que vos animedes e amosedes ao mundo o voso amor pola lectura e os libros!

E para @s que non sabedes de que diaños estamos falando… tranquil@s, que volo explicamos 🙂

Os Booktubers son rapaces e rapazas amantes da lectura que comparten na súa canle de Youtube opinións, recensións, reflexións ou expectativas sobre libros que teñen previsto ler ou xa leron.

O seu estilo é coma o de calquera youtuber: empregan un estilo directo, informal e cunha estética moi moderna, e contan as súas impresións como llo contarían a un amigo.

O fenómeno d@s booktubers está creando tendencia por todo o mundo, sendo Latinoamérica un dos puntos neurálxicos de todo este boom sociolóxico, que achega á lectura a cada vez  máis xente, centrándose principalmente nun público xuvenil.

Pode que polo momento non se lles poida considerar verdadeir@s crític@s literari@s, pero non cabe dúbida que lles encanta ler e contalo, aprenden rápido e atraen tanto á industria editorial coma a miles de seguidores que recorrren a el@s para elixir a súa próxima lectura, reflexionar en comunidades sobre libros e, en definitiva, divertirse gracias á súa afección lectora.

En España tamén están repuntando, e para vós elaboramos unha lista cos TOP 10  Booktubers, que non vos defraudarán. Hai para tódolos gustos!

  1. Javier Ruescas
  2. Fly like a butterfly
  3. Nube de Palabras
  4. May R Ayamonte
  5. Never be Hopeless
  6. LuaLunera
  7. Letras Claras
  8. LittleRedRead
  9. Pink Hummingbird
  10. The Grey Lady

Queremos destacar só unha pequena parte da grandísima comunidade booktubeira que hai no noso país, pero se vos achegades á nosa canle de Youtube, poderedes ver na sección “subscripcións” do noso prefil un montón de booktubers que vos poden interesar.

Pero nese TOP 10 falta alguén. Un booktuber ao que lle deixamos un posto especial: Sebastián García Mouret. E por que é tan especial este booktuber? Pois por dous motivos:

  1. Por ser o booktuber español con máis seguidores na actualidade na súa canle El coleccionista de mundos.
  2. Tras o éxito da súa canle en castelán, Sebas decidiu abrir unha canle en galego, O Rocho das ideas, do cal vos deixamos o seu vídeo de presentación.

Como vedes, ao longo e ancho do mundo hai centos e centos de youtubers, pero temos moi poucos en galego. Coa variedade de estilos e talento literario que hai na nosa terra! Por que non vos animades a crear vós un e sumar Galicia á revolución Booktube?

Pode que vos pareza algo complicado, pero o booktubing é coma o rañar… todo é empezar!

E para axudarvos e empezar, pensamos en darvos unha lección rápida de terminoloxía booktuber, xa que a miúdo vos ides atopar con conceptos que se repiten constantemente e que vos serán moi útiles para subir os vosos propios vídeos, pero investigando un pouquiño pola rede atopamos unha canle moi recomendable por divertida e friki que vos vai encantar, MartitaraBookVlogs, e que comparte un vídeo que nos fai de forma moi ilustrativa un pequeno diccionario básico de xerga booktuber e seriéfila. Non ten desperdicio! Deixemos @s profesionais facer o seu traballo.

Pois agora que xa coñecedes as interioridades, segredos e claves do Booktube, só falta que vos animedes a subir os vosos propios vídeos.

Quen sabe, ao mellor podedes saír no próximo TOP 10!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s