Estrea na Praza dos Libros!

#ABiblioPréstame,Blog

Esta vez a #prazadoslibros contou cunha nova caseta, a da nosa Biblioteca Rego da Balsa, que se encheu de cores, xogos e libros para animar a tod@s @s nen@s que pasaban por onde a mesma.

Foi unha edición cargada de contacontos, concertos, animación infantil, presentacións de obras literarias e arte en tódolos sentidos, dende a venta e creación de fanzines, ata obradoiros levados a cabo na ludoteca, sen esquecer a venta de camisolas canto menos curiosas a cargo de OZOCO.gz

Praza-dos-libros

Programa-Praza-dos-Libros-Carballo-2015

Para aquel@s que non puidestes asistir a algún evento ou durante toda a xornada, farémosvos un pequeno resumo a continuación do que vivimos!

O xoves 20 de agosto, Milagros Cotelo foi a encargada de presentar a #prazadoslibros, acompañada da Banda de Gaitas de Carballo, que puxo o broche musical ao evento dando unha pequena pista de todo o que nos quedaba por ver neses vindeiros días.

IMG_20150820_130808

Dende o primeiro día, o equipo da Biblioteca Rego da Balsa estivemos á vosa disposición na caseta de turismo, para informarvos de calquera dúbida que podiades ter referente á biblioteca ou ludoteca. Tamén decidimos @s gañadores do noso I Concurso Literario Infantil e Xuvenil, o cal estivo moi disputado, pero finalmente decantámonos polo relato “Pulpo á Feira” de “Sioux”; e “De maxia e recordos” de “Páprika”. El@s mesm@s pasaron a recoller o seu agasallo, un vale de 30 € para mercar libros ou material nas casetas da praza! Deixámosvos aquí as súas obras para que poidades gozar delas coma nós.


v3
pulpo

v1maxia

Pola tarde, Raquel Galavís sorprendeu @s máis pequen@s cun cantacontos e, máis tarde, os fans do fútbol puideron gozar cunha peza na que se recolleron os casos máis anecdóticos e interesantes dos 50 anos anteriores do fútbol na Costa da Morte. Finalmente, Suso Lista presentounos a súa obra Xeixos, a cal asinou para a Biblioteca Rego da Balsa, e tamén se portou moi ben cos seus lectores e lectoras, @s que lle dedicou un autógrafo orixinal.

O venres 21, o equipo do grilo Míllelo fixo cantar @s máis pequen@s cunha chea de animais imaxinarios, como podedes ver na pequena mostra a continuación:

Pero este non foi o único que fixo bailar @s cativ@s, pois Paco Nogueiras chegou co seu Brinca Vai! para facelos gozar coma nunca! Os dous concertos encheron a carpa da praza para disfrute de grandes e maiores!

Por outro lado, durante toda a tarde, estivo presente a mostra de fanzines, grazas á que ilustradores dos arredores se deron a coñecer coas súas creacións e puideron vendernos xoias coma as seguintes, de Rubén Rial ou de Paula Esteban, por poñer algún exemplo.

tumblr_ntotoac5J51r3ypouo1_1280    11902555_440577312791039_8239603045169133320_n

 Miguel Mato foi o primeiro en marcar o ton literario do serán, co recital do seu poemario Terra Fría, e, posteriormente, o equipo de Rosalía Fernández Rial, Mon Lendoiro, Paco Souto e Chiña, sorprendéronnos coa presentación da súa obra Catálago, posto que fundiron pintura, poesía e música para dar lugar a unha obra conxunta que finalmente acabaron sorteando entre tod@s aquel@s que mercaron o seu libro.

v

O sábado 22 xa puidestes atoparnos na caseta dispoñible para a biblioteca e ludoteca, a cal nos permitiu prestarvos na praza xogos, libros, debuxos… para o voso entretemento.

v2

v5 v4

Pero non era esa a nosa única función, a parte de informarvos no que precisastes, inscribimos nov@s usuari@s e proporcionamos préstamos sorpresa @s pequen@s da casa!

s4 s3 s1

Mentras tanto, na carpa da praza, o equipo de Seisdedos mostrounos un espectáculo infantil con marionetas. Pola tarde, @s nen@s puideron seguir gozando con máis obradoiros organizados por Creaformas na ludoteca, e, ás 18:30 h comezou o concerto infantil de rock que nos trouxo a Gramola Gominola.

Xa á tardiña, chegou o turno de disfrutar @s adult@s e o público xuvenil, pois Farruco Graña presentounos a súa novela “O soño de Xoán” e Manuel Rivas a súa obra poética “A boca da terra”; as cales asinaron posteriormente a tod@s @s seguidor@s!

O domingo foi o broche da nosa praza, posto que tod@s aquel@s que optaron por mercar un libro ese día, levaron como agasallo un pan de Carballo! Tamén é importante lembrar que por cada compra, se regalaban rifas para os sorteos diarios de lotes de libros, que algúns/as afortunad@s puideron levar para a casa.

pan

Durante todo o día, Anxo Moure estivo animando @s nen@s co seu nubinete e ciclobicicleta, e os pequerrech@s encantados! Pasárono pipa dando paseos no carro da bicicleta, cantando, abrazando árbores…

20150823_174939

Pero @s maiores tamén puideron gozar pola mañá dun concerto en galego, a cago do grupo Chicharrón, e, posteriormente dunha rica sesión vermú de albariño Petroni!

Para a tarde, programouse unha saída polos murais de Carballo, pero tivo que cancelarse pola choiva e o mal tempo. Pero xa sabedes, a mal tempo… boa cara! E iso fixemos con axuda do grupo Chuches Amil, que nos brindou o concerto do seu audiolibro “Un conto ao revés”, na carpa da praza e fixo brincar @s nen@s que se achegaron! Mirade!!


Posteriormente, entrou Modesto Fraga, para gozo do público adulto, coa presentación da súa peza poética Atlántica Luz.

d1

Para finalizar esta edición da #prazadoslibros, o grupo Poetarras levou a cabo unha actuación de peche moi participativa, repartindo pans ao público máis valente que se lanzou a denunciar coa música problemas actuais da nosa sociedade.

Qué máis se pode pedir? Agardamos que vos gustase a #prazadoslibros deste ano e que o noso equipo resolvese todas as vosas dúbidas e necesidades! Vémonos na próxima!

s2 IMG_20150823_113832

20150821_203100

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s