As lecturas da Balsa (Moz@s e Adultos)

Blog,Recomendamos

Aínda que haxa días que non o pareza todavía é verán. Podemos todavía disfrutar das fermosas postas de sol, cada vez máis cedo, é verdade. E por momentos parece que a calor loita co frío para quedarse por máis tempo. Algúns xa remataron as vacacións estivais e outros aproveitan os últimos días para descansar. Este é o momento perfecto para seleccionar para vós os materiais máis destacados desta tempada.

As lecturas (6)

Coa primeira parte de “As Lecturas da Balsa (infantil)” adicábamos a anterior entrada do blog ás lecturas favoritas d@s meniñ@s de 0 a 12 anos, atendendo as distintas seccións que corresponden a estas idades na biblioteca: 0 a 3 anos, de 4 a 7 anos e de 7 a 12 anos. Pois ben agora tocaralles saber @s moz@s e @s adult@s cales son os materiais máis recomendados para eles ou aqueles que máis lle gustan aos nosos usuarios…

Que ves a biblio e non sabes que escoller, pois esta é a túa!

As lecturas

XUVENIL

Na sección de literatura en Xuvenil tedes todos os xéneros literarios, pero ademáis tedes os mellores clásicos da literatura de todos os tempos reunidos nunha mesma sección en “Clásicos” e as coleccións máis divertidas e curiosas na sección da “Coleccións”.

As lecturas

Se o que queredes é vir a biblioteca para facer una traballo ou simplemente vos interesa afondar nunha temática concreta tedes na sección de “Saberes” todo o que vos interesa: diccionarios, enciclipedias, pero tamén todo sobre as ciencias, a arte, biografías, natureza e un longo etcétera.

Pero sen dúbida a sección que máis vos vai a gustar e a sección de “Banda deseñada” na que podedes desfrutar das historietas gráficas máis famosas e divertidas con títulos “Zits” ou coas fantásticas historias dos famosos superheroes como “Spiderman”.

As lecturas (5)
Aproveitade que todavía moitos de vós aínda estades de vacacións e vide a escoller o voso material favorito!

As lecturas (1)

ADULTOS

Os adultos teñen moita variedade de recursos nos que escoller. A longa lista de fantásticos títulos da literatura hai que sumarlle tamén a lista de libros máis curiosos da historieta gráfica: “Engurras”, “Corto Maltés” e moitos máis.

As lecturas (4)

Ademáis se o que queredes e aprender a cociñar, comezar a facer exercicio, ou poñervos a estudar aquela asignatura que vos quedara pendente, como comezar a estudar inglés ou mellorar en informática, podedes comezar neste periodo postvocacional acercándovos a sección de “Saberes” de adultos, tedes diccionarios, manuais, e seccións verdadeiramente suxerentes. Algunhas das sección que máis lle gustan aos usuarios “Belas Artes”,  “Filosofía”, “Psicoloxía”, ou tamén “Astronomía”.  Pero podedes elexir entre moitas outras:

  • Obras de referencia.
  • Xeneralidades e informática.
  • Filosofía, psicoloxía e culturas.
  • Ciencias Sociais.
  • Matemáticas e Ciencias Naturais.
  • Ciencias aplicadas, Mediciña e tecnoloxías.
  • Belas Artes, Xogos, Espectáculos e Deportes.
  • Linguaxe e Linguística.
  • Xeográfica, biografía e historia.
  • Sección local.

Pero se o que queredes é escoitar boa música ou ver unha boa peli, esta é a vosa sección, a de “Audivisuais” en adultos: audiolibros, música e películas e documentais para dar e tomar.

As lecturas (3)

A que esperades? Cal é a vosa lectura da balsa? Consultade a dispoñibilidade das obras no noso catálogo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s