Celebra na Bibliocarballo o #DíadasLinguas e #DíadaTradución!

Blog,Recomendamos

O día 26 de setembro é o Día Europeo das Linguas, e o día 30 celébrase o Día Internacional da Tradución, datas que se aproveitan para fomentar a aprendizaxe de idiomas, promover a rica diversidade lingüística e cultural e difundir conciencia acerca dunha profesión fundamental, tanto por razóns da globalización como para a comunicación entre as culturas.

E con motivo da celebración destas dúas datas tan sinaladas, nós decidimos dedicar un espazo do blog a amosarvos a cantidade de fondos bibliográficos e audiovisuais dos que dispoñemos para que melloredes os vosos coñecementos lingüísticos, ou gocedes das vosas lecturas preferidas noutros idiomas. porque, como di o antigo proverbio chinés,  “Aprender un idioma é ter una fiestra máis dende a que observar o mundo”

Para @s que vos estades iniciando na aprendizaxe dun novo idioma temos cursos en CD-ROM, DVDs, CDs, gramáticas básicas ou diccionarios con vocabulario para dar os primeiros pasos e establecer as bases dos vosos coñecementos. Hainos de galego, castelán, inglés, francés, portugués, ruso, italiano, alemán, chino, árabe, e ata de linguas mortas, coma o latín ou o grego!

PicsArt_1443185904799PicsArt_1443185941073  IMG_20150925_120247

Ao mellor ti precisas perfeccionar a pronunciación e coller axilidade coa dicción, e para iso que mellor cousa hai que escoitar música noutros idiomas e practicar de forma lúdica para coller oído e mellorar? Pois na biblioteca atoparás discos en diferentes idiomas, coma portugués, inglés ou incluso catalán, cos que poderás familiarizarte cos sons da lingua e deleitarte de paso coa música de grandes artistas. Moitos destes discos teñen ademais as letras nos libretos para que as poidas revisar!

PicsArt_1443185805428 PicsArt_1443185875922 IMG_20150925_163201

E por suposto, temos libros que combinan lectura e audio con exercicios, para poder aprender de forma global. Estas coleccións de libros máis CD están adaptados por niveis, polo que tés a ferramenta perfecta para poder aprender de forma efectiva e divertida!

IMG_20150925_171606 IMG_20150925_171346

Verás como practicando e indo pouquiño a pouco chegará o momento de poder atreverte coas túas obras literarias preferidas, os clásicos da Literatura Universal nas súas versións orixinais, ou en versión bilingüe, coas traducións deses grandes profesionais que son os tradutores, dos que tantas veces nos esquecemos e sen os cales non poderiamos acceder ás obras de autores estranxeiros que tanto enriquecen a nosa cultura.

PicsArt_1443185619843PicsArt_1443185547445

Poderás ver as nosas películas en versión orixinal, con subtítulos ou sen eles, dependendo do teu nivel, e verás as interpretacións dos teus actores e actrices preferid@s dunha novo xeito, escoitando as súas voces e captando os matices da entoación da súa fala.

20141024_114022 PicsArt_1437646462808

E cando o teu nivel sexa avanzado soamente che quedará enriquecer os teus coñecementos, profundar no funcionamento do idioma, aprender refráns e expresións coloquiais, comprender os trazos únicos e de carácter de cada lingua, coma a tan característica retranca galega… Para iso tamén tes libros de consulta, que che axudarán para cando queiras saber novas cousas sobre segundas linguas, pero tamén para cando precises ampliar e mellorar na propia lingua. Porque sempre estamos aprendendo, non si?IMG_20150925_120646

Tod@s sabemos que aprender un idioma non é cousa sinxela, e que canto máis vell@s somos, máis traballo nos vai custar, polo que sempre recomendamos comezar a coñecer outras linguas dende os primeiros anos de vida. Para iso, dispoñemos na zona infantil de múltiples materiais que farán d@s vos@s nen@s experto@s en idiomas sen ningún traballo nin esforzo, porque aprenderán de forma divertida e natural!

IMG-20150925-WA0005 IMG-20150925-WA0006 IMG-20150925-WA0007 IMG-20150925-WA0008 IMG-20150925-WA0009 IMG-20150925-WA0004

Xa ves que opcións tes a milleiros, así que non o dubides e ven buscar a que máis se adapte a ti.

Celebremos o Día das Linguas como se merece! Sintámonos orgullosos da nosa, aprendamos a utilizala mellor e procuremos respectala e honrala, e non esquezamos que as linguas defínennos como persoas, modelan a nosa personalidade e pensamento e nos unen como comunidade falante, serven para comunicarnos, achegarnos e convivir. Non teñades medo a usala, ententer e facervos entender! Porque, segundo a escritora americana Rita Mae Brown, “O idioma é o mapa de carreteras dunha cultura. Diche de onde ven a súa xente e a onde se dirixe”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s