Carballo “Ábrenos o Telón” para gozar de 37 días de teatro para tod@s!

#ABiblioPréstame,Blog,Recomendamos

O Outono xa está aquí, e con el chega a vixésimo cuarta edición do Festival Internacional de Outono de Teatro que converterá Carballo nun lugar de referencia para todos os afeccionados ás artes escénicas de Galiza e tamén do resto de España. 37 días de actividades que permitirán que todos gocemos dun total de 34 espectáculos teatrais de compañías  de Galicia, Portugal, Arxentina e diversos puntos da xeografía española.

0banner_fiot15_cas

A xornada Inaugural do Festival Internacional de Outono arrancou o pasado venres 25 de Setembro, coas actuacións da compañía Vaivén Circo y Danza, un espectáculo, que coverteu a rúa Colón nun circo plagado de acrobacias, piruetas, carreiras e divertidas coreografías. Tamén, Mariñán Bañobre, da compañía Ibuprofeno, demostrounos que o deporte é san pero que tamén pode ser cousa de risa.

Este evento terá lugar en diferentes espazos da vila, como o auditorio, o mercado municipal, rúas, prazas e locais hostaleiros de Carballo e reunirá a artistas da talla de Branca Portillo, que interpretará “ El Testamento de María”, ou Charo López, que levará a escena  a obra “Ojos de agua”, e compañías de teatro como DRAFT.INN, Producciones Meridional, Teatro do Morcego, entre outras.

Entre os moitos actos paralelos do festival que terán ao teatro como protagonista indiscutible, destaca o CICLO OTNI, destinado ás novas propostas escénicas; unha nova edición da Rúa dos Contos; o Teatro de Rúa, que encherá as rúas e prazas da localidade de espectáculos para público de todas as idades; o concurso Escola de Teatro Lido ” Xosé Manuel Eirís”, concurso no cal pequenos grupos de escolares enchen as ondas de Radio Voz Bergantiños con teatro, realizando unha interpretación lida dun fragmento dun texto teatral; a iniciativa noctámbula infantil “O Fiotiño”; as charlas e coloquios cos elencos das compañías no espazo denominado “Café con…” ; a “Escola do Espectador” e o encontro con fotógrafos no espazo Zoom FIOT. Estes próximos meses agárdavos o FIOT en Carballo.IMG_5337

O teatro tal e como o entendemos hoxe en día foi unha ocurrencia dos antigos gregos e ten a súa orixe nas festas que estes adicaban aos seus deuses. Este leva séculos abraiando e entretendo a multitude de espectador@s. Capaz de producir bágoas e risas por igual, as obras de teatro foron un dos entretementos máis populares da Antigüidade dos que desfrutaban tanto ricos coma pobres.

O teatro adoptou xa dende as súas orixes dúas formas diferenciadas: a Traxedia e a Comedia. Na traxedia, os personaxes soen ser reis, heroes, semideuses que se ven enfrontados a un destino adverso contra o que se revelan, ás veces con orgullo e desmesura e outras de forma heroica e exemplar, mentres que nas comedias os protagonistas soen ser homes e mulleres comúns, a miúdo ridiculizados ou caricaturizados, que son postos en situacións absurdas ou irrisorias para divertimento d@s espectador@s.

A estes dous xéneros teatrais maiores chegaría no seculo XIX o Drama.  No Drama os personaxes son un reflexo da vida, de situacións e conflictos vividos pol@s protagonistas. Como xéneros teatrais menores destacamos o Paso, Entremés, Sainete, Farsa, Monólogo, vodevil…E como xéneros teatrais músicais a Ópera, Zarzuela, Opereta, Músical, etc.

Hai grandes mestres do teatro como Lope de Vega, Moliére, Gaston Leroux, Cervantes…., homes que crearon escola e sentaron as bases do que é o teatro actual. Na Biblioteca atoparedes moitas das magníficas obras teatrais de todos os tempos:

“Romeo y Julieta”, Shakespeare, 1595.

Dramática historia de amor prohibido entre dous mozos de familias rivais, Romeo Montesco e Julieta Capuleto. Julieta é unha moza de catorce anos, a nena da casa, educada para converterse nunha dama da época. Sen embargo, Romeo crúzase na súa vida e Julieta transfórmase completamente cando se enamora del. Desafortunadamente, o idealismo xuvenil enfrontase ao mundo real, e o plan trazado acaba en traxedia: Romeo cree que a súa amada está realmente morta, e quítase a vida xusto antes de que desperte Xulieta, a cal prefire morrer antes que vivir sen Romeo.

 IMG_5351

“La Celestina”, Fernando  de Rojas, 1499.

Unha das obras máis recoñecidas do teatro, donde se retrata un violento amor entre Calisto e Melibea. Amor ofuscado polas sinistras tramas da Celestina, personaxe oposto aos personaxes idealizados da época medieval frente a muller anxelical e pasiva. Celestina é unha sabia e avariciosa muller, con iniciativa e simboloxías demoníacas (como a barba e a cicatriz que cubre o seu rostro). Capaz de manipular a cantos a rodean, Celestina é coñecida e necesitada na cidade, xa que representa o pracer que todos queren, pero que non sempre poden conseguir abertamente. Este clásico sentou as bases da novela e o teatro que hoxe coñecemos.

IMG_5469[1]

“Don Juan Tenorio, Jose Zorilla, 1844.

Un drama romántico onde o potagonista logra o perdón divino e se salva do inferno grazas ao amor que profesa por Doña Inés. É unha obra especialmente popular durante a primeira noite do mes de Novembro.

IMG_5531[1]

“La Vida Es Sueño”, Calderón de la Barca.

A obra xira entorno a liberdade e as decisións que cada un toma. Incorpóranse conceptos relixiosos de diferentes credos e a influencia da lenxendaria Alegoria de la Caverna de Platón é bastante amplia e explícita. O Protagonista Segismundo, vive en completa escuridade no cárcere da súa mente e descoñecemento persoal e alcanza a iluminación solo ao descubrirse a si mesmo.

IMG_5357

“El Sueño de una noche de Verano”, Shakespeare, 1595.

Ninguén executaba os enredos amorosos e xogaba co real e o onírico de forma tan admirable como Shakespeare. “El Sueño de una noche de verano””, comedia romántica e clásica da literatura teatral mundial que narra a historia de dúas parellas de amantes sumidos nun mundo de fantasía, maxia, soños e comicidade.

IMG_5533[1]

“ Hamlet”, Shakepeare, 1599-1601.

Outra brillante obra do dramaturgo Inglés. Hamlet retrata a tolemia que devén da venganza, con unha pouca de dor, ira, traizón, incesto e corrupción moral. Unha das obras que máis críticas xerou desde que foi creada.

IMG_5352

“Fuente Ovejuna”, Lope de Vega, 1612-1614.

Lope de Vega é un dos autores máis exitosos do mundo e poida que esta sexa quizais a súa obra máis recoñecida e influinte. Esta obra é un canto a vinganza pura contra a inxustiza dos gobernantes malvados.

IMG_5467

“La Casa de Bernarda Alba, de Ferderico García Lorca, 1936.

Esta obra de teatro é unha das creacións máis famosas de Lorca.  Esta traxedia retrata a vida da viúva sexaxenaria Bernarda Alba que decide permanecer de loito, obrigando as súas fillas a permanecelo con ela e asfixiándoas  nun espazo hermético e claustrofóbico rexido polo silencio (palabra coa que comeza e acaba esta obra). Bernarda considera que a sua verdade é a única e trata de impoñer orden as súas cinco fillas. Por debaixo da súa preocupación polo que dirán os demáis está latente un instinto de poder que pretende ser absoluto. De feito, Bernarda Alba identifícase comúnmente cos movementos fascistas que estaban ocorrendo en Europa cando García Lorca escribiu a obra. O seu autoritarismo acabará volvéndoa cega ante a realidade. Ainda que se dea conta do erro que cometeu cando Adela, a súa filla menor, se suicida, non é capaz de admitilo e volve a ordenar silencio. Unha obra colmada de fanatismo relixioso, conservadurismo, castidade e o temor a intimidade.

IMG_5358

“La Divina Comedia”, Dante Alighieri.

Trátase de unha das obras literarias máis significativas e ilustrativas da historia da humanidade, e a súa prosa é unha das máis lidas do mundo. Dante retrata nesta obra o seu paso polo purgatorio, o inferno e o paraíso para  atoparse co amor da súa vida, Beatriz. Pese as miles de adversidades e traxedias que experimenta, Dante denomina a esta historia comedia porque o seu final é feliz.

 IMG_5353

Estas son algunhas das máis grandes obras de teatro da historia da humanidade. Son os clásicos que inspiraron a miles e forman parte da cultura popular, moitas delas son as máis representadas do mundo.

Na biblioteca poderedes vir desfrutar desta arte non só @s maiores senón tamén, os máis pequen@s da casa, que teñen o seu espazo de obras teatrais infantís e xuvenis eperando a que a vosa imaxinación comeze a voar e vos transformedes en actores e expresedes os vosos sentimentos.

IMG_5529[1]

En Carballo agárdanvos historias incribles e moitas risas. Vide a Carballo a contemplar esta gran ARTE. I Love FIOT.

IMG_5350

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s