En outono e navidades, mil actividades!

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog

Despois da volta ao cole, na biblioteca Rego da Balsa tamén nos puxemos as pilas! Por iso preparamos para vós un plan cargado de novas actividades interesantes para todos os públicos: presentacións de libros, contacontos familiares, faladoiros moi diversos… Seguide lendo e descubride o que ven…

Cartel-BiblioCarballo-outubro-novembro-decembro-2015

Fuco e Lilí Gruyére, un rato e unha ratiña, chegarán dende moi lonxe, concretamente dende Lonxedetodo, ás nosas instalacións durante a primeira quincena de outubro, para dinamizar as visitas escolares que se achegarán dos diferentes CEIP do noso concello.

fucolili

Pero iso non é todo, pois @s amig@s de Trinke Trinke farán posible que estes roedores nos sorprendan e fagan voar a imaxinación e fantasía d@s máis cativ@s con contos moi interesantes unha vez ao mes. Dende outubro ata abril poderedes recoller as invitacións por nen@ para estas historias con aforo limitado, que empezaremos a repartir cada mércores anterior a cada contacontos.

content actividades fucolili

programa Apego tamén nos deixa actividades para @s meniñ@s, como por exemplo a do contacontos “Palma repalma”, levado a cabo polo equipo de Pavís Pavós o pasado mércores 7 ás 18:00 h.

Foto de La Voz de Galicia

Foto de La Voz de Galicia

Por outra banda, non esquecemos o xa famoso “Pais e Nais Contan”, no que @s voluntari@s que o desexen (pais, nais, avos e avoas, nen@s, educador@s, persoas con afán de contar historias en xeral…), nos traerán aventuras moi diversas para facer gozar @s nen@s que se atopen na biblioteca un mércores de cada mes (21 de outubro; 18 de novembro e 23 de decembro, respectivamente). Queredes animarvos a ser voluntari@s desta actividade? Andamos en busca e captura!

BÚSCANSE

Pero non soamente @s rapaciñ@s desfrutarán estes meses, pois para @s maiores, moz@s, familias e demais tamén temos preparadas unhas cantas novidades 🙂

O sábado 10 de outubro inaugurarase a exposición dos traballos do obradoiro impartido por Laura Tova, Sentidos e Simplicidades, unha oportunidade para visualizar a arte plástica e inspirarnos coas obras saídas dos proxectos do colectivo CreaFormas.

tova

Pero se credes que a vosa verdadeira afección pode estar relacionada cos medios de comunicación, non vos perdades o obradoiro de Locutores/as de Radio que se organiza dende o FIOT e terá lugar nas nosas instalacións. Para poder participar nel é preciso que vos inscribades na páxina web http://www.fiot.org. Este taller terá lugar os sábados 17, 24 e 31 de 11:00 á 13:00 h.

microphone-626032_640

E se outubro se vos queda curto, aínda lle queda moito máis. O martes 20 ás 19:00 h teremos ao polifacético Suso Lista con nós, nun faladoiro a mar de interesante, e nunca mellor dito, pois falaranos da súa época como percebeiro, das aventuras que viviu ao longo da súa vida cos perigos da mar, da súa carreira como actor e escritor, dos seus libros… vamos, que hora e media de faladoiro seguramente nos quedará pequena… Pero sairemos, iso si, cun bo sabor de boca 🙂

Foto de La Voz de Galicia

Foto de La Voz de Galicia

E seguindo con máis escritores, outra nova artista, Ángela Triana, despedirá o mes presentando a súa obra poética “Celebra la Tormenta, a cal podedes levar xa en préstamo na nosa biblioteca. Animámosvos a que descubrades o mundo dos microrrelatos feitos poesía e asistades a esta peculiar presentación, pois agardaravos algunha que outra sorpresa… ídesvos resistir? O xoves 22 ás 18:00 h!

tumblr_nmk0ybppXd1sme9p3o1_1280 1560391_1523231354615796_3120806933039079709_n

Se nestes meses o que queredes é deixar fluír o voso lado máis natural, os nos@s amig@s do Horto Ecolóxico ofrecerannos un Faladoiro o 17 de novembro ás 18:00 h para aprender, sexa cal sexa a nosa idade. Darannos consellos para levar a cabo as nosas plantacións, comentarán cousiñas que viven coa súa actividade, e ata nos axudarán a levarnos para a casa unha pequena mostriña plantada para recordar o momento vivido na biblioteca e facelo medrar, para que nos inspire día a día a crear un mundo máis san e sostible, dende as raíces 🙂

collage

E seguindo a esencia da nosa terriña, Miriam Beizana tamén presentará o seu libro “Marafariña”, unha novela autobiográfica e fantástica á vez, ambientada nunha aldea imaxinaria de Galicia, sobre un amor imposible que rompe todo tipo de barreiras, como a relixión ou a familia, con tal de lograr a felicidade das súas protagonistas, xerando ao mesmo tempo controversia polos temas que recolle. Unha obra moi recomendada para todo tipo de público, unha novela que fai referencia ao colectivo LGTB. Ídesvos perder esta presentación? Espéravos o xoves 19 de novembro ás 19:30 h.

11694152_582599471880815_2730737244969539075_n

Para o mes de decembro, tamén reservamos actividades orientadoras e motivadoras á vez. Por unha banda, o martes 15 ás 19:00h, @s compañeir@s da “Asociación Amigos de los Perros de Carballo” falarannos sobre a súa labor na protectora, darannos consellos para manter ben coidadas as nosas mascotas e informarannos sobre a adopción dun novo amigo. Neste Faladoiro “Un amigo, un fogar”, farán fincapé nas historias que viven día a día e na responsabilidade que conleva adoptar un animal, máis aínda nestas datas tan sinaladas. Dirixido a todos os públicos, animámosvos a participar e informarvos de todos estes aspectos, aínda que soamente sexa por coñecer a labor social que desenvolve este colectivo sen ánimo de lucro. 

 10628579_946129718747214_2131939565109217359_nprotectoracarballo

E por último, Mario López Guerrero inspiraranos o xoves 17 ás 19:00h coa charla “Mamá, quiero ser escritor”, na que vos orientará a todos aqueles que teñades dúbidas á hora de lanzarvos ao mundo da literatura ou simplemente queirades saber un pouco máis do tema. Finalizará o coloquio cunha sorprendente presentación da súa obra “El increíble caso de por qué los demás no me entienden si yo lo tengo claro”. Un libro que nos guía á hora de cambiar ou establecer hábitos de comunicación para entendernos mellor coas persoas que nos rodean. List@s para cambiar as malas prácticas? Deixade atrás a vosa zona de confort e achegádevos! Paga a pena 😉

image

Como vedes, queremos finalizar este 2015 cunha chea de actividades diversas e para tod@s! Lembrade que todas son de balde e que existen algunhas con aforo limitado (contacontos, obradoiros…), polo que é preciso que permanezades atent@s aos prazos de inscrición! Pero sexan cales sexan as que elixades, aquí vos estaremos agardando! Non faltedes!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s