#ABiblionundía: 24 de outubro, unha data para celebrar

Comparte con nós o teu “Spain in a day” no primeiro aniversario da Biblioteca Rego da Balsa

Sábado 24-10 de 10.00 a 13.00 Celebremos xuntos o primeiro aniversario da Biblioteca Rego da Balsa e o Día das Bibliotecas!

O día 24 de outubro tedes moito que celebrar.  Xa todos saben que o día 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, pero ademais este ano para todos pode ser un día moi especial. Este próximo 24 de outubro a vosa biblioteca fai un ano. Un ano cheo de emocións e vivencias únicas no que compartimos moito máis ca libros, música e cine, compartimos historias, sentimentos e ilusións!

cupcakes-690040_640

Queremos poñerlle cara a toda esa xente que fixo que este ano fose para nós un ano único e irrepetible e por iso queremos convidarvos a festexar con nós o noso primeiro aniversario!

bubble-83758_640

Queremos dicirlle ao mundo a sorte que temos de tervos como usuari@s, de poder compartir tantas experiencias e aprender a aprender todos xuntos en convivencia. Traballar nunha biblioteca é un festexo diario para nós…, pero que é para vós? Que vos fai sentir esta biblioteca? Como é un día para vós na biblioteca?

photo-1444005233317-7fb24f0da789

Para @s que non coñezades a iniciativa, a directora e produtora de cine Isabel Coixet, organizou un proxecto colaborativo que ten como fin retratar nun filme o día a día de xente anónima, chamado “Spain in a Day”. O proxecto pretende retratar as alegrías e as tristezas, os seus gustos e afeccións, as súas emocións e as súas vivencias… E nós queremos que a vosa filmación sexa aquí mesmo, na biblioteca no seu primeiro aniversario! A rodaxe podédela realizar co propio teléfono móbil, ou coa tablet, pero se non tedes con que, nin tedes ideas de como facelo, non vos preocupedes! Podedes saír no noso vídeo, si, porque nós tamén faremos o noso Biblio nun día! Gravaremos o noso especial “Spain in a day”, para amosarvos como o equipo da Biblioteca Rego da Balsa vos ve, como nos sentimos nós no noso día a día de traballo e como é a nosa xornada. Así vós tamén poderedes coñecer un pouco mellor o noso traballo e ver como transcorre un día na vida dun bibliotecario, ou neste caso das vosas bibliotecarias!

film-38241_640

Esta iniciativa xa  parte da idea orixinal da película “Life in a day” (a historia dun día na Terra), producida por Ridley Scott e dirixida por Kevin MacDonalds, que retrataba o día a día de centos de  persoas en todo o mundo.  Desta idea inicial fixéronse noutros países novas versións deste proxecto mundial, como en Xapón, Italia ou Reino Unido.

photographer-301533_1920

Se queredes participar no proxecto de Isabel Coixet, podedes enviar a vosa gravación a través da web de RTVE do proxecto www.rtve.es/spaininaday. Tedes tempo para participar ata o 15 de novembro! Os vídeos teñen que ser en formato horizontal e cunha duración máxima de 15 minutos. E recorda:

Que amas? En que crees? Que temes? Cal é o teu soño?

photo-1419090960390-4969330366ab  photo-1431037242647-4c2c27cb5bb1 (2)

photo-1418832178871-693e3ab5cdaf

Con todo o material recibido, Isabel Coixet e o seu equipo montarán unha película que se estreará no Festival de San Sebastián 2016.

photo-1422558044352-896cd9799885

Compartide con nós esa experiencia, vide a biblioteca o 24 de outubro e gravade o voso día a día, pero na biblioteca! Que mellor maneira de celebrar o noso primeiro aniversario!

birthday-cake-843921_1920

Deixámosvos co resultado final da película que se realizou coas gravacións enviadas por centos de miles de persoas  anónimas:

2 opiniones sobre “#ABiblionundía: 24 de outubro, unha data para celebrar”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: