GaliciaLe

A plataforma GaliciaLe é a plataforma de préstamo de materiais electrónicos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato electrónico compatible con todos os dispositivos móbiles e en diferentes temáticas, e respondendo a diferentes idades e intereses, facendo posible a lectura de libros electrónicos a través de internet.

Para comezar, visita a web galiciale.gal. Ao entrar verás dúas opcións: o acceso ao catálogo en galego e o acceso ao catálogo en galego eBiblio.

collage_galiciale

Uha vez selecciones o catálogo que desexas empregar, debes iniciar sesión como usuari@ so servizo.

Para poder ter acceso á plataforma debes ser soci@ dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Ao darte de alta, recibirás unhas claves no teu correo electrónico, e con elas poderás acceder á túa sesión persoal e comezar a facer uso do servizo.

kindle-785686_1920

O teu usuario sempre será o teu número de lector e a contrasinal será a que se che envíe por correo electrónico unha vez dad@ de alta.

Se cando te deches de alta non recibiches as túas claves, ou non te lembras das mesmas, contáctanos e chas reenviaremos.

Poderás modificar a túa contrasinal sempre que ti queiras.

Unha vez iniciada a túa sesión, poderás atopar as obras máis destacadas ou favoritas así como as máis emprestadas. Poderedes facer pesquisas dos teus materiais ou acceder aos diferentes contidos a través das diferentes categorías: arte, biografías, ciencias da saúde, ciencias naturais e matemáticas, ciencias sociais, computación e informática, filosofía, historia, infantil e xuvenil (ficción), libros interactivos, literatura e lingua, tecnoloxía, enxeñaría e industria.

maispres

Ademais dentro de cada categoría podemos filtrar a pesquisa por autor, idioma, xénero, ano de publicación ou editorial. Tamén poderemos gardar as nosas buscas en favoritos ou envialas por correo electrónico.

filtrado

Unha vez se accede a unha das obras dispoñibles podemos visualizar os diferentes formatos de descarga e tamén nos ofertará a opción de ler en liña os documentos.

formatos

Para coller en préstamo un libro debemos premer no botón de emprestar. Na seguinte pantalla poderemos ver a nosa data de devolución e as distintas opcións de lectura. A duración do préstamo é de 21 días. A plataforma tamén nos permite reservar os materiais.

emprestar
prestamo

Xa sabedes, xa podes comezar a utilizar a plataforma Galiciale: as túas lecturas electrónicas a tan só un clic!

E se aínda che queda algunha dúbida, aquí tés un breve vídeo explicativo no que podes utilizar a plataforma:

3 opiniones sobre “GaliciaLe”

  1. Si.Todo moi ben pero alumnado do Alfredo Brañas esperou meses e meses polo seu contrasinal e nada.Non destes resposta axeitada e rápida desde esa biblioteca e iso é unha mágoa.Mesmo pasei eu por alí para intentar solucionalo El 20/11/2015 20:24, “bibliocarballo” escribió:

    > Biblioteca Rego da Balsa de Carballo posted: “A plataforma GaliciaLe é a > plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas. GaliciaLe > proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato electrónico > compatible con todos os dispositivos móviles e en diferentes temáticas, e > re”

    Gústame

    1. Ola, María Xesús
      Sentimos a espera, pero a publicación desta entrada de blog débese precisamente a que ata agora non tivemos por parte da Xunta, que é quen debía darnos instruccións ao respecto, unha resposta que poder darvos.
      As contrasinais para acceder á plataforma por parte da nosa biblioteca non as recibimos ata hai ben pouquiño, polo que non podiamos darvos de alta no sistema.
      Afortunadamente, xa é posible facelo sen problemas, e de novo sentimos a espera.
      Xa podedes comunicar ao voso alumnado que o servizo está en funcionamento e que se pode achegar á biblioteca cando prefira para darse de alta.
      Grazas polo voso interese.
      Un saúdo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: