Contacontos para soñar

Actividades,Blog,Infantil

Este outono as actividades propostas chegaron cargadas de contacontos para @s pequen@s da casa. En outubro, novembro e decembro puidemos atopar historias de ratos, grazas á compañía de teatro “Trinke Trinke”, que fixo posible a chegada de Fuco e Lily Gruyére dende Lonxedetodo; pero tamén outras moitas diferentes que chegaron á Biblioteca Rego da Balsa a través da voz de voluntari@s cargados de imaxinación e ilusión para o gozo d@s cativ@s… queredes ver un resume do que vivimos ata o momento? Pois seguide lendo…

Dende comezo de curso, Fuco e Lily Gruyére coñeceron a moit@s nen@s de Carballo grazas ás visitas escolares que se organizaron, e, a maiores, ofrecéronnos uns cantos espectáculos ata o momento cheos de fantasía nos que 60 cativ@s puideron participar de cada vez.

fucolili

Así, por exemplo, na sesión do mércores 28 de outubro, estes ratos hipnotízaronnos baixo un manto azul escuro con contos como “Onde está o meu zapato” ou “La hija del sol y la luna”.

cartel poderes

Pero vaia se nos hipnotizaron! Gustáronnos tanto que as prazas dispoñibles se agotaron antes de acabar a mañá do mércores anterior á sesión de “Riciños de ouro e os tres osos”. Como nos divertimos ese mércores! Ata Tamara, a compañeira da biblio, xogou con tod@s @s nen@s e con Fuco con globos máxicos! Para proba deixámosvos o tweet de Turismo Carballo! E falando de globos… Vistes os tres osiños de globo que nos fixo Fuco e estiveron colgados unha semana no noso mostrador de información? Que chulos eran!

E o pasado 25 de novembro estivo Lily Gruyére, para contarnos o conto dos “Sete cabritos e o lobo”, iso si, moi ben acompañada de pais e nais que lle axudaron coas historias! Dende logo, non hai día que veñan que o pasemos mal!

IMG_6465IMG_6456

Agora queda esperar o próximo, o 9 de decembro, que lle toca ao conto de “O coelliño branco”, e para o que será preciso recoller os convites o mércores 2 de decembro ás 1o:30 h! Como xa sabedes, as prazas voan, pois están demandadísimas e son limitadas polas características que require o espectáculo, por iso esperamos que teñades sorte e poidades levar as vosas! Lembrade que non é preciso que se acheguen os pais e nais d@s meniñ@s, posto que pode vir calquera coñecid@ que teñades por elas e levar ata un máximo de 2. Os convites soamente son para nen@s de entre 3 e 8 anos, xa que estes contos están adaptados para estas idades e non para menores (que poden optar ao programa Apego), nin para maiores por non estar pensadas para esas idades.

Pero se non puidestes conseguir convites, non vos preocupedes, porque un mércores ao mes tamén temos a actividade “Pais e Nais contan”, na que divers@s voluntari@s nos achegan contos moi diferentes para o gozo d@s pequen@s! Estas sesións non teñen entrada, e calquera nen@ que se atope na biblioteca neses intres pode participar nelas. Sempre andamos en busca e captura de persoas que se atrevan a sorprendernos: nen@s, avoas e avós, pais e nais, tí@s, mestres, etc. Se coñecedes alguen ou sodes vós mesm@s @s que queredes participar, é tan doado como poñervos en contacto coa Biblioteca Rego da Balsa no noso correo biblioteca@carballo.gal ou no teléfono 981758580 para asignarvos unha data e, se o precisades, asesorarvos con diferentes contos ou ideas que vos poidan axudar. Animádevos!

BÚSCANSE

E para mostra do bonito que pode saír deixámosvos dous resumes da sesión de outubro, no que participaron Isabel Álvarez co conto “O grilo Míllelo”, e Soraya Antelo con “Bola de Manteiga”. Fixérono moi ben, entoando e xesticulando o conto para o desfrute d@s cativ@s!

collage (1)Untitled design

E non nos esquecemos das voluntarias de novembro: Antía Varela, Noa Mato e Inés López. As primeras son dúas nenas de 7 anos que leron fabulosamente, facendo as pausas cando tocaba e entoando o mellor posible para que o resto de rapaces escoitaran ben os contos de “Tío Lobo” e unha adaptación de “Mi burrito Platero”… e a última é unha mestra que se animou a regalarlles aos oídos d@s pequen@s o conto de “O segredo do rei Curro”, sabedes cal é? Nós non podemos contárvolo porque é un segredo… pero animámosvos a que o levedes emprestado para a casa e o descubrades! 😉

inesAntíaNoa

Lembrade que para o mes de decembro queda outra sesión de “Pais e Nais contan”. Con que nos sorprenderán esta vez? Poida que contos de Nadal? Quen sabe… Achegádevos e descubrídeos connosco! 🙂

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s