#ABiblioNunDía: a curtametraxe

Blog

10750465_568110516656035_3821263289441100849_o

O pasado día 24 de outubro facía a biblioteca o seu primeiro aniversario, e non se nos ocorría unha mellor maneira de amosar todo o noso agradecemento polo apoio incondicional que durante este ano os usuari@s e demais carballes@s nos demostraron que realizando unha orixinal curtametraxe. Esta idea ademais partiu da nosa vontade de participar no publicitado proxecto cinematográfico dirixido por Isabel Coixet #SpainInADay, un proxecto colaborativo anónimo no que milleiros de persoas de todo o territorio nacional compartían gravacións do seu día a día para conformar unha película única e orixinal.

fair-882144_1920.jpg

Este proxecto xa se levara a cabo noutros países, como Italia ou Xapón, dando lugar a filmes únicos e tremendamente emotivos, aínda que a idea orixinal partía do existoso proxecto de “Life in a day” de Ridley Scott. A proposta da directora na versión española é a de ver como a xente se retrataría a si mesma nun día. Nós quixemos facer o mesmo pero cunha dualidade añadida, gravaríamos o noso propio vídeo sobre un día calquera na biblioteca, #ABiblioNunDía, e a maiores, gravaríamos a xente que o 24 de outubro estaba a pasar o día na biblioteca para o proxecto de #SpainInADay.

A maior parte do material que se gravou ese día, o 24 de outubro, enviouse ao proxecto de Isabel Coixet, ese material retrataba, en directo, o que estaba a pasar en diversos recunchos da biblioteca. De ser elixidos para aparecer no filme, o resultado deste cine colectivo estrearíase no Festival de Cine de San Sebastián en 2016.

reserva_de_espacios

A maiores, tiñamos unha motivación engadida para poder facer a nosa curtometraxe, que era a de amosar a orixinal dinámica que está vencellada ao día a día en bibliotecas como a Biblioteca Rego da Balsa: organización de actividades dinámicas de diversa índole e grupos de idade, interacción e presenza activa nas redes sociais, atención ao usuario personalizada na rede, aprendizaxe interxeneracional, creación artística, promoción da innovación social, facilitación de espazos e información para o coñecemento ao longo da vida, alfabetización informacional, integración social e cultural …

camera-463672_1920.jpg

Para que nun só vídeo puidesen aparecer todos os diferentes perfís de usuarios que diariamente recibimos e puidésemos rexistrar toda a actividade que na biblioteca se dá contamos coa colaboración de voluntarios profesionais do ámbito audiovisual de Carballo, que moi amablemente se puxeron a nosa disposición. Falamos, entre outr@s, da fotógrafa Cristina Becerra Lorenzo que se encargou de rexistrar a maior parte das secuencias.

hand-977641_1280

Pero tamén contamos con marabillosos profesionais de diferentes ámbitos e voluntarios que quixeron formar parte deste proxecto para axudarnos a amosar todo o que da de si unha biblioteca, e o dinámica e orixinal que pode ser a súa oferta educativa, cultural e de actividades. E por suposto, tamén contamos con usuarios, que por un día nos deixaron formar parte das súas vidas dun xeito único e especial. Queremos destacar tamén a colaboración do grupo musical Larkhill que nos cedeu o seu tema Liminoid para a elaboración do vídeo de “Como se fixo”.


OS PROTAGONISTAS: AS PERSOAS

Witericus e Caminando por las Estrellas

A Biblioteca é un lugar idóneo para establecer relacións colaborativas e tomar contacto con persoas cos teus mesmos obxectivos ou con traballos paralelos aos dun. Ese foi o caso de dúas empresas: Witericus, unha empresa dedicada ao hospedaxe rural no Camiño de Santiago en Parga (Lugo) e ao senderismo, e Caminando por las Estrellas, unha proxección feita escultura de ferro do que significa e simboliza o Camiño de Santiago e todo o mundo que o rodea.

As protagonistas e representantes de Witericus e Caminando por las estrellas, María Lema Santabaya e Carmen Pais Lojo deixáronnos ser testemuñas das relacións e vínculos que se poden establecer nunha biblioteca, pensando incluso en esta como unha extensión dos espazos de co-working ou de colaboración do traballo.

ArteCartónPepe

20151024_113700

José Gómez Rey deleitounos cunha pequena exposición das magníficas obras de arte que realiza en cartón. Desde pequenos obxetos decorativos ata mobles ou útiles. A súa oferta é tan ampla como incrible. A arte do cartón non ten límites e eso é algo que José sabe moi ben. Sabiades que un sofá tan moderno como útil pode estar feito de cartón? O abano de opcións é infinito e altamente artístico.

Obradoiro de gaitas e percusión en Carballo, Musical JR

Este obradoiro de gaitas de Carballo revolucionou o ámbito traspasando fronteiras coa creación da súa peza a bordón multitono, que permitía lograr unha ampla variedade de tonalidades cunha mesma gaita, únicamente cambiando de punteiro. Contamos coa súa presenza o día 24, xa que nos agasallou cunha muiñeira coa que alegrarnos o día e os nosos oídos.

a.m.a

20151023_132401

Contamos ademais cunha convidada de excepción, falamos de a.m.a., unha artista, que ademáis de ilustradora e pintora de Carballo fíxonos unha demostración de como unha biblioteca pode ser un lugar perfecto para crear roupa con materiais reciclados. Ataviada coa súa máquina de coser e as súas teas demostrounos como con moi pouco podemos facer moda, moda urbana, cómoda e sustentable. Facendo da biblioteca un lugar ideal para compartir novas formas de crear, deseñar ou pensar a arte ou a moda.

A Vella Escola

cabecerasomoscolor

Vella Escola é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx,  slackline, capoeira… Ademáis esta organización é unha entidade orientada á promoción de conductas saludables na ocupación do tempo libre da xuventude, levando a cabo a súa misión a través da xestión de proxectos sociais, culturais e de lecer activo, relacionados coa cultura urbana.

A Vella Escola colaborou con nós na gravación de pequenas demostracións de parkour e breakdance, traendo consigo a verdadeiros mestres do ámbito. A orixinalidade da súa colaboración radica en amosarnos o preto que poden estar as bibliotecas e outros centros culturais da cultura urbana, sendo estes espazos perfectos para aprender máis sobre estas artes.

Usuari@s

@s usuari@s que nos axudaron e deleitaron coa súa presenza o día 24 de outubro para celebrar con nós o Día das Bibliotecas, e que nos acompañaron ao longo de todo o ano, foron para nós unha incesante fonte de motivación para mellorar e ofertar cada vez máis servizos máis completos e adaptados a tod@s os gustos e coa mellor calidade posible. As persoas fan a biblioteca, non os materiais, nin os contidos. As súas historias así como o saber de todos os homes e mulleres constrúen a cultura e a historia do futuro cada día.

Nen@s, persoas maiores, traballador@s, estudantes, rapaces e rapazas, que acudiron o día 24 de outubro para axudarnos a levar a cabo este proxecto. Destacamos a especial colaboración de Laia Nión Fernández, unha gran lectora que nos axudou a gravar divertidas secuencias na biblioteca coa axuda das nosas bibliotecarias. Tamén destacar a axuda de David Suárez, un usuario moi querido e que ademais deixou que fósemos espectadores da súas dotes de ilustrador sobre pedra. Un fantástico xeito ademais de ilustrar historias.

Sen máis dilación, deixámosvos a nosa cortametraxe de #ABiblioNunDía e o vídeo de “Como se fixo”.

Curtametraxe #ABiblioNunDía

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s