Plataforma de libro electrónico eBook Dicoruña

Es afeccionad@ á lectura en formato dixital, onde podes ter un cento de libros na palma da man, ou eres máis tradicional e prefires o tacto e o cheiro do papel?

Sexa como sexa, sabes que as bibliotecas che ofrecemos ambas opcións, xa que ademais do préstamo de libros en papel, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Deputación da Coruña prepararon dúas plataformas de préstamo de libros electrónicos.

A primeira é GaliciaLe, desenvolvida pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e xa no seu día che explicamos como funciona.

Galicica-Le

A outra opción de préstamo de libro electrónico da que dispoñes é a chamada eBook Dicoruña, a plataforma de préstamo de libros electrónicos que a Deputación da Coruña pon en servizo, para tod@s @s usuari@s das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS da provincia e @s propi@s da Biblioteca Provincial. Posibilita o préstamo temporal e gratuíto das principais novidades editoriais en formato dixital. Queres saber que tés que facer para poder descargar libros e desfrutar da mellor literatura no teu dispositivo electrónico? Pois é moi doado!

Para rexistrarte debes cumplir os seguintes requisitos:

  • Ser usuari@ rexistrad@ da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña ou de calquera outra das bibliotecas públicas da provincia da Coruña.
  • Ter polo menos quince anos de idade.
  • Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
  • Solicitar a inscrición en eBook Dicoruna acudindo á biblioteca na que esteas inscrit@ e facilitando o teu nome e apelidos e o teu enderezo de correo electrónico.
  • Unha vez inscrit@ recibirás unha mensaxe de correo electrónico para establecer o teu contrasinal e, a partir dese instante, poderás gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBook Dicoruña.

Para tomar libros en préstamo, debes visitar a páxina http://ebook.dicoruna.es, onde poderás consultar o catálogo completo de eBook Dicoruña, e a continuación iniciar sesión. Unha vez dentro podes procurar no catálogo por título, autor ou materia, e ao pulsar o botón “Tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do teu interese, estes quedarán automaticamente emprestados ao teu nome e estarán á túa disposición durante un total de 21 días. Se o ebook do teu interese xa está emprestado a outro lector, poderás reservalo. Cando o libro estea dispoñible para ti, recibirás unha mensaxe de correo electrónico de eBook Dicoruna cun enlace para activar o préstamo.

1

 

2

 

3

Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks simultaneamente e reservar outros dous.

Se queres saber máis sobre as normas de préstamo, fai clic aquí.

Para ler os ebooks, soamente precisas un smartphone ou tablet dos sistemas Apple ou Android. Poderás descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na túa biblioteca, sen necesidade de transferilos.

4

 

Tamén é posible ler os teus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do teu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos. Para iso, só é necesario iniciar sesión en http://ebook.dicoruna.es e na pestaña “Meus libros” do espazo “A miña conta” pulsar sobre o botón “Ler” que aparece xunto a cada un dos ebooks en préstamo.

5

Se o prefires, poderás descargar os ebooks ao teu ordenador persoal (PC ou Mac) e lelos nel a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, ou ben transferilos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM (tablets, smartphones, eReaders, etc.) tamén a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID. Poderás acceder, descargar ou transferir os teus ebooks ata en seis dispositivos distintos usando a mesma conta Adobe ID.

Non obstante, ocasionalmente, e en función das condicións establecidas polos editores, poderán encontrarse ebooks dispoñibles exclusivamente para aplicacións de lectura (Apple ou Android) e libros dispoñibles para descarga sen protección DRM.

Pois despois deste pequeno tutorial xa sabes como poder desfrutar dos mellores libros no teu dispositivo electrónico grazas ás plataformas públicas e gratuítas GaliciaLe e eBook diCoruña! Desfrútaas ao máximo, pero non deixes de visitarnos, que temos moito que ofrecerche 🙂

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: