“A viaxe de Gagarin”, primeiro título do noso 1º Club de Lectura

Actividades,Blog

Este ano demos comenzo  a unha nova actividade, o club de lectura, cuxa primeira edición rematamos hai uns días. A lectura en grupo nun club é máis reflexiva e atenta, e a interpretación é distinta nuns membros e noutros. Cada un aporta datos das súas propias vivencias e ideas, que son diferentes en cada caso e todas igualmente válidas.

A elección dun bo libro é probablemente o ingrediente crucial para que o encontro teña éxito, podendo  medir a calidade deste cando dá lugar a controversias e permite desenvolver un bo debate. Partindo disto, a elección do libro nesta primeira sesión non puido ser mellor. “A viaxe de Gagarin” de Agustín Fernández Paz deu lugar a apaixoantes debates e se a variedade é o que dá sabor ó club de lectura, esta viaxe aportounos moitísimos temas: amor, memoria, censura, libros prohibidos na ditadura, represión e tamén eses lazos de solidariedade que se tecían entre esa xente que militaba na clandestinidade, fieis ás súas ideas.

9788499146683.jpg

Este libro axudounos a comprender a historia recente do noso país e reflexa un debate social aínda de actualidade. Exercicio memorístico que toma como fío condutor a carreira espacial e na que non faltan abondosas homenaxes que fai o autor á literatura, ao cine, á loita clandestina, á solidariedade neses anos represivos… É tamén unha novela de aprendizaxe na que atopamos ese proceso apaixoante do paso da nenez á xuventude e á madurez, con todas as súas dúbidas, os seus erros… É un libro que propicia conversacións moi interesantes e no que é doado empatizar cos seus personaxes, o que axudou a dar maior harmonía ao grupo.

12677637_515305258641063_1756072167_n

O noso club reunido

“A viaxe de Gagarin” logra conxugar as marcas narrativas do autor vilalbés: a claridade narrativa e a naturalidade lingüística. Agustín Fernández Paz é hoxe un dos autores máis importantes das nosas letras. Con máis de 50 títulos publicados, é un dos escritores máis valorados na literatura infantil e xuvenil para a que reivindica constantemente un status digno. Moi aficionado á lectura desde neno, descríbea como inseparable da escritura. Pensa, igual que Borges, que a lectura é unha forma de felicidade e o libro, unha extensión da memoria e da imaxinación.

Para consultar os títulos deste autor no catálogo da nosa biblioteca preme aquí.

Para tod@s aquel@s que desexedes participar na vindeira edición do noso club de lectura, poñédevos en contacto con nós para anotarvos e dicídenos cales son as vosas preferencias, para que poidamos elixir un título que guste á maioría das persoas 🙂

052816 (1)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s