Exposición Scripta Manent

#ABiblioPréstame,Blog

SCRIPTA MANENT

A exposición sobre a escritura e o libro do IES Alfredo Brañas

collagescripta

A idea da exposición xurdiu dunhas imaxes que aparecen no material da mostra: unha figura dunha ánfora grega, una inscrición xeroglífica antiga (o cartucho co nome do faraón Tutankhamon) e una curiosa imaxe na que un monxe está escribindo nun ordenador. Deixando voar un pouco a imaxinación, a figura que aparece na ánfora parece manexar un artefacto similar aos ordenadores personais de hoxe en día, como fai o monxe da outra figura, e o cartucho do faraón non deixa de ser suxestivo, xa que se una persoa se detén a observalo crea una pequena intriga.
O progreso tecnolóxico da actualidade fai que se deixen de lado ou simplemente se descoñezan obxectos e técnicas que ata hai poucos anos eran habituais para conservar a palabra escrita: una máquina de escribir portátil resulta xa tan extrano coma un floppy disk, por non falar dunha pizarra escolar ou dunha pluma cun tinteiro.

A idea orixinal da exposición partiu do IES Alfredo Brañas , que para celebrar a Semana das Artes, as Letras e a Música, a elaborou  entre profesorado e alumnado. Albergámola na Biblioteca Rego da Balsa desde o Día do Libro, 23 de abril, ata o próximo 21 de maio.

IMG_20160514_124541

Ata aparición da escritura o ser humán non contaba cun medio de atesourar a palabra. A expresión latina “Verba volant, scripta manent” sintetiza esta idea, e a segunda parte do enunciado foi elexida como título da exposición. A escritura foi no seu día un descubremento trascendente, e a historia da escritura e a súa xénese non teñen nada que envexar a una boa novela de aventuras ou de intriga. O que se pretendeu foi espertar a curiosidade amosando una recreación de diversos soportes e carteis ilustrativos sobre a escritura en soportes diferentes e a sua diversidade.
O material que compón e exposición é variado: carteis e ilustracións, obxectos confecionados a propósito polo alumnado do centro, libros e outros impresos prestados por profesores, una pequena maqueta dunha prensa tipográfica, una imprenta infantil, etc.

As seccións nas que están distrubuidos os obxectos expostos son as seguintes:

A ESCRITURA

IMG_20160514_124410

Partindo das escrituras cuneiforme e xeroglífica antiga chegamos ao libro electrónico de hoxe en día. Unha subsección está dedicada á caligrafía, alfabetos e outros materiais tipográficos, e outra a notacións musicais, con mostras de diferentes métodos de notación.

O LIBRO MANUSCRITO

IMG_20160514_124333

Amósanse diversos exemplares de libros que recollen ilustracións de libros medievais ata chegar a mediados do século XV.

O LIBRO IMPRESO

IMG_20160514_124317

Partindo dunha pequena mostra de libros xilográficos, preséntanse algunas impresións facsimilares de impresos do séculos XV-XVIII.

MISCELÁNEA

IMG_20160514_124125

Acolle material heteroxéneo que pode resultar atractivo: libros escritos en diversos alfabetos, e cómics en diversos idiomas, una edición facsimilar dun códice maia (O códice de Dresde) e libros sobre o Quixote.

O LIBRO SAGRADO

IMG_20160514_124451

Esta sección agrupa dezaoito exemplares da Biblia en diversos idiomas e dúas edicións do
Corán.

IMG_20160514_124431

Desfrutade da guía da exposición, e consultade todos os materiais expostos:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s