Día das Letras 2016: Homenaxe a Manuel María

Como sabedes, cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua co Día das Letras Galegas.

O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega.

Este ano o homenaxeado é o poeta Manuel María, destacado polo seu carácter combativo e o seu compromiso político. que reflectiu en todas e cada unha das súas obras, de forma explícita ou implícita.

274954-907-1400

Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 6 de octubre de 1929- A Coruña, 8 de setembro de 2004) era fillo de dous labradores acomodados. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato, e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de vinte anos, no ciclo de conferencias “Novas valores lucenses”, co que entrou en contacto cos integrantes do faladoiro do café Méndez Núñez (Luís Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina…), que lle puxeron en contacto co galeguismo. En 1950 publicou o seu primeiro poemario, “Muiñeiro de brétemas”, co que se inaugurou a denominada Escola da Tebra. En 1958 instalouse en Monforte de Lemos (Lugo), cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como procurador dos tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas galegos, á vez que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación da cultura galega impartindo conferencias e recitando poemas.En 1979 foi elixido concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonou o seu cargo público e, sen deixar nunca a militancia política, dedicouse por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña.

Sendo a poesía o seu xénero preferido, fixo incursión tamén no ensaio, a narrativa, o artigo xornalístico e o teatro, e escribiu para adultos e para nen@s. A súa obra evolucionou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social e político, sempre representando a conciencia de Galicia, na súa dimensión cultural, popular, de apego á terra, ás súas xentes e ás súas cousas.

Manuel María foi calificado como “representante da conciencia e o compromiso inquebrantable co idioma de Galicia”, “o gran poeta da nación galega”, “o autor da obra máis inxente, desde o punto de vista cualitativo e cuantitativo, da posguerra en Galicia” ou “a alma da poesía galega dos últimos 50 anos”.

Por este e outros moitos motivos convidámosvos a que coñezades a figura deste insigne autor ao que tanto lle debe Galicia e os galegos, porque según as propias palabras del mesmo, “Galiza somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala!”.

Destes versos de “Galiza”, de Os soños na gaiola, nace o lema “G en ti”, a iniciativa do Concello de Carballo para a difusión e a visibiblización da nosa lingua. Por iso, porque Galiza e o galego están en ti, queremos convidarte a que busques, e atopes. A que estea en todas e todos. E en todo. Nas tendas, nas mensaxes de móbil, nos restaurantes, nas redes sociais, nos letreiros, nos parques, no amor, na música, no día a día… Na vida. E por iso ofrecemos tamén unha chea de actividades, desde o Concello, desde diversas asociacións e, por suposto, desde a biblioteca, durante todo o mes para a visibilización e a posta en valor do galego. Ti tamén podes facer que se vexa o galego. Usándoo, por suposto. Elixíndoo. Pedíndoo. Propóndoo. E tamén visibilizándoo! Para iso, convidámoste a que publiques esas fotos nas que se ve o galego en Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego, para dalas a coñecer, para visibilizar a lingua, para difundila e para, ademais, participar nun concurso da CTNL (+Info: www.ctnl.gal)

CilEWKlWsAALW1v

Na biblioteca levamos todo o mes celebrando este día, con faladoiros, presentacións, recitais ou contacontos , pero aínda queda moito máis! Por exemplo, o vindeiro día 26 visitaranos a cineasta, catedrática e académica Margarita Ledo Andión presentando a edición en formato libro-DVD da película “Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra”. A película bebe de múltiples fontes audiovisuais, arquivos privados e institucionais que corresponden a diferentes épocas da vida do poeta, combinándose as imaxes coa voz do propio Manuel María.

Podedes visitar a biblioteca e ver a mostra bibliográfica que temos dedicada a Manuel María, e podedes levar en préstamo as súas obras, desfrutalas nos sillóns ou na vosa casa, non hai mal lugar para ler unha boa poesía de Manuel María!

Non perdades ademais a Guía de Lectura dedicada a Manuel María.

 

Feliz Día das Letras Galegas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: