Este mes de febreiro queremos difundir unha mensaxe importantísima e desexamos que colaboredes con nós na iniciativa para que todo o mundo vexa que desde Carballo reivindicamos a cultura, a autenticidade e a loita contra as inxustizas.
Por iso, queremos que nos amosedes o voso Punto B. Non, non dicimos o G, dicimos o B!
Non sabedes o que é o #puntob? Pois o punto b non é senón esa cousa que te fai únic@ e especial, ese gusto, afección, libro, canción, frase ou pensamento… que outorga un matiz diferente á túa personalidade.
Co #puntob tamén queremos facer ver que o coñecemento nos fai sexys, deixando atrás a obxetivización coa que nos bombardean os medios de comunicación e as campañas de publicidade, e aproveitar incluso para denunciar aquilo da sociedade que non nos gusta ou vemos inxusto.
Así, a idea crave ou a mensaxe que queremos transmitir é que ler, pensar, cultivarnos é sexy. Outro dos obxectivos é fomentar o desenvolvemento da mente e o saber en contra do fomento do trivial, mundano e aparente, como podemos ver de forma cotiá nas redes sociais, internet e medios de comunicación.
Nós pola nosa parte xa temos o noso #puntob, e queremos compartilo con vós:



Como vedes, as nosas fotos están inspiradas na filosofía dos “Tres monos sabios” de «Non ver o Mal, non escoitar o Mal e non dicir o Mal». Con ela, renegamos da ignorancia, da censura. da superficialidade, do odio, das palabras ferintes, e apostamos polo respecto, a liberdade de expresión, a igualdade, as orixes, a vida sinxela, a fortaleza e a loita polas causas xustas. Estades dacordo cos nosos puntos B?
Queremos que vos sintades inspirad@s polas nosas aportacións e colaboredes compartindo o voso #puntob. Como facelo? Pois moi sinxelo:
Subide unha foto en branco e negro cunha frase que a acompañe ás vosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, Pinterest), etiquetádenos e non esquezades poñer o hashtag #puntob.
**Lembrade que para que todo o mundo a poida ver deberedes facela pública na configuración de privacidade da rede social que empreguedes.
Ademais, para as mellores fotos temos preparados agasallos sorpresa. Non dubidedes e participade!
Porque o lado B das cousas non é sempre o raro, o negativo, o ilegal, o oculto, senón que pode ser o xusto, o especial, o que nos dá ledicia… Amosádenos o teu #puntob!
Unha idea moi fermosa. Parabéns.
Apertas luminosas.
Beatriz Maceda Abeleira.
GústameGústame
Moitas grazas, Beatriz, encántanos coñecer máis de vós e sabemos que tedes moito que amosarnos e ensinarnos! Unha aperta.
GústameGústame