Conéctat -e coa biblioteca

Actividades,Blog

Contacontos, concertos, obradoiros, presentacións literarias, exposicións, faladoiros e actividades de carácter social agárdanvos na biblioteca estes vindeiros meses.

PRESENTACIÓNS LITERARIAS

O martes 18 de abril comeza o ciclo de presentacións literarias da Semana do Libro e a Lectura coa última obra do autor malpicán Xelucho Abella “Fuxiron por mar. O autor recupera neste libro as historias de “Ciudad de Montevideo” , “San Adrián” e “Rocío”, tres motoras que fuxiron para Francia durante a Guerra Civil.

O mércores 19 de abril terá lugar a presentación da obra de Manuel Núñez Singala “Sacar a lingua é de mala educación”, libro no cal se expoñen dunha forma sinxela ideas e argumentos para transmitir e aprender o galego, de xeito que, tanto nen@s como adultos sexamos competentes nas dúas linguas oficiais.

O venres 21 de abril o carballés Fernando Cabeza presentarános o seu libro “Proyecto Exitium Z”. O autor cóntanos neste libro a historia de Juan, un mozo que descubre como a liberación dun virus desencadea unha pandemia mundial e supón unha seria ameaza para o planeta. Ademais, falarános do proceso que seguiu para autoeditar a súa obra e nos dará consellos e trucos para tomar nós esa iniciativa. É máis sinxelo do que semella!

Pecharemos a Semana do Libro con outra autora carballesa, Rosalía Fernández Rial, que nos visitará o sábado 22 de abril para presentar “Aulas sen paredes”, un estudio teórico-práctico derivado da súa tese doutoral sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas.

O mércores 10 de maio, Xose Henrique Monteagudo visitáranos para falarnos da súa experiencia como biógrafo e autor da obra “Carlos Casares. Un contador de historias”,  un percorrido biográfico dese gran xenio da palabra como foi Carlos Casares e que presta especial atención entre as vivencias e a creación literaria do autor ao que homenaxeamos este ano coas Letras Galegas.

VISITAS ESCOLARES
Do 19 ao 21 de abril faremos visitas aos institutos de Carballo para falarlle a nosa mocidade de todos os recursos existentes na rede para os seus traballos e dos servizos que nos proporciona Internet á hora de traballar con diversa información, facilitando así a lectura e interactividade a través da rede.

CONTACONTOS
O mércores 19 de abril a compañía de teatro Trinke Trinke preséntanos o espectáculo “Os ratiños da caixa”, última sesión da temporada cos ratiños bibliotecarios máis listos do mundo. A actividade vai dirixida a nen@s de 3 a 8 anos. Imprescincible recoller convite, de balde, na biblioteca dende unha semana antes.

O vindeiro venres 21 de abril, o mago Antón visitarános na biblioteca para ofrecernos diferentes historias coas que desfrutar no seu autobús máxico! Espectáculo do programa Apego, para nen@s de 3 a 8 anos. É necesario recoller convite, de balde, na biblioteca.

O Xoves 11 de maio a compañía Bandullo Azul composta por Fran Ameixeiras e Fran Campos e dirixida por Evaristo Calvo presentarános o espectáculo “Filipa cos contos”, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares, amenizados con música e canción en directo.

O Martes 16 de maio, Luis Vallecillo presentarános “O mundo de Carliños”, contacontos musical para contarnos as historias e máxicos personaxes cos que soñaba Carlos Casares cando era neno e que facían voar a súa imaxinación: unha galiña azul, as laranxas máis laranxas de todas as laranxas ou un can chamado Rin…

OBRADOIROS
O vindeiro sábado 22 de abril, terá lugar o obradoiro creativo “Caderno de lectura con Zentangle” impartido por Elisabet Hillerud. Neste obradoiro utilizarase o método Zentangle para decorar un caderno de lectura. Unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos creando velas imaxes e fomentando a tranquilidade, creatividade e a concentración. Será necesario inscripción previa na biblioteca.

O sábado 6 de maio, comeza a primeira sesión do obradoiro “Cómics, teoría e práctica”. Se es fan da banda deseñada, agora tes a oportunidade de aprender a realizala ti mesm@ coa axuda de Mon Lendoiro. A partir de 8 anos. Será necesario inscripción previa na biblioteca.

O Luns 22 de maio, Giovanna Pose, guía Montessori en Aura Carballo impartirá o “Obradoiro de Método educativo Montessori“. Obradoiro teórico -práctico dirixido a nais e pais no que se explicará o método educativo Montessori, os períodos sensibles e a mente absorbente, o adulto como guía e a preparación do ambiente na casa para a crianza.

EXPOSICIÓNS
Dende o 17 de abril ata o 4 de maio contaremos coa exposición “En familia, por dereito”, unha iniciativa da Cruz Vermella e Servicios Sociais de Carballo que amosa, a través de 8 paneis informativos, as experiencias de familias acolledoras. O obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a importancia de preservar os dereitos dos nen@s, en especial o dereito a vivir nunha familia e todo o que iso leva aparellado, como o dereito a medrar nun ambiente de afecto e seguridade moral e material.

O xoves 1 de xuño, teremos unha cita co alumnado do IES Parga Pondal que realizará unha pequena exposición así como un concerto en colaboración cunha ONG.

FALADOIROS
O sábado 29 de abril, terá lugar o faladoiro “Familias acolledoras”. O acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que desenvolve Cruz Vermella, e representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidariedade da cidadanía, e que permite que os nenos e as nenas que están separados dos seus proxenitores poidan medrar nun ambiente familiar estable durante un tempo determinado.

O xoves 8 de xuño teremos unha cita coa youtubeira e blogueira, Iria González Cabaleiro, artista local.

CONCERTOS
Aínda nos agardan dúas novas citas nesta segunda edicción do Curruncho pop. Para maio reservamos a Os amigos dos músicos, unha banda de Ourense formada por experimentados músicos que proveñen de grupos e tradicións diversas, de grupos como Niño y Pistola, Blood Filloas ou O Sonoro Maxín. E, como peche do Curruncho Pop, o 10 de xuño visitaranos Joserra Rodríguez, unha das persoas que máis sabe de Bob Dylan en Galicia, contarános todo sobre o universal músico, e por suposto cancións en directo.
As entradas son de balde, pero por limitacións de espazo requírese a reserva previa a través de biblioteca@carballo.gal ou no número de teléfono 981 758 580 (máximo catro entradas por persoa).

Conéctat -e coa biblioteca!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s