Concurso Conéctat-e!

Hoxe en día, as tecnoloxías permítennos comunicarnos a tempo real con persoas da outra punta do mundo, coñecer en todo momento o que están a facer os nosos ídolos a través das redes sociais, descargar música e levar con nós centos de cancións nun dispositivo de pequenas dimensións e tamén acceder a información e tutoriais sobre calquera tema, en calquera idioma e en calquera formato, gracias ás telecomunicacións e a conexión a Internet, tanto desde teléfonos móbiles como desde ordenadores, tablets e demais instrumentos deseñados para manternos ao día na nos vida cotiá.

Tamén os hábitos de lectura experimentaron un cambio sustancial, xa que, anque aínda moitos prefiren o cheiro da follas de papel, cada vez son máis os que caemos rendidos ante as vantaxes dos ebooks, xa que nos proporcionan comodidade, espazo de almacenaxe case ilimitado e utilidades engadidas á experiencia da lectura. Ademais, unha cousa non exclúe á outra, e segundo as circunstancias podemos alternar entre formato tradicional e electrónico!

Cada vez máis, as tecnoloxías vanse abrindo oco nas nosas vidas, e desde a Biblioteca Rego da Balsa queremos aproveitar este tipo de recursos ao noso alcance para o desenvolvemento persoal e profesional das persoas que gozan dos servizos que lles ofertamos.

Por este motivo, e para que vos vaiades familiarizando con todas as oportunidades que vos ofrecemos, queremos poñer en marcha o concurso Conéctat-e, un concurso no que, ademais de participar e poder levar agasallos ben interesantes, coñeceredes outra forma de utilizar a información e novas plataformas onde abastecervos de lecer ou coñecemento.

Concurso.png

Así, desde o 24 de abril ata o 3 de xuño, todas as persoas que sexades socias da nosa biblioteca (ou vos deades de alta durante este período de tempo) e solicitedes a alta nas plataformas de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe e en eBook DiCoruña nas nosas instalacións, entraredes no sorteo de diversos premios relacionados coa lectura dixital e dispositivos electrónicos.

Por outra banda, se compartides nas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram…) as vosas recomendacións de ebooks citando algunha das súas pasaxes , se nos contades cales son os dispositivos electrónicos que máis utilizades para ler, escoitar música…  ou mesmo nos dicides que é o que máis vos gusta do uso da tecnoloxía para consumir contidos informacionais e culturais (música, materiais con fins académicos, cine…), tamén participaredes no concurso, xa que as aportacións máis orixinais terán premio. Para iso, soamente tedes que subir o contido que queirades ás vosas redes sociais, etiquetarnos (en Facebook @Bibliotecas de Carballo, e nas demais rr.ss. @bibliocarballo), e utilizar o cancelo ou hashtag #ABiblioConéctate. Lembrade poñer en aberto a configuración de privacidade das vosas publicacións para que as poidamos ver!

Atrévete a Conectart-e coa Biblioteca Rego da Balsa, coñece novas formas de autoabastecerte de novos coñecementos e sorpréndenos cos teus aportes online! Participar pode ter premio!

ACTUALIZACIÓN: O prazo para participar no concurso será prorrogado ata o día 20 de xuño. Non perdas a oportunidade!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: