Libros en versión orixinal: Idioma Inglés.

#ABiblioPréstame,Blog,Recomendamos

Estas aprendendo algún idioma? Gustaríache ver películas en versión orixinal? Na biblioteca dispoñemos dunha sección, chamada Idiomas, na cal podedes atopar libros en inglés, francés, italiano e portugués, cos cais desfrutarás leendo e ao mesmo tempo che axudarán a mellorar o idioma.

A continuación recomendámosvos algúns libros moi interesantes en idioma inglés e que podedes levar en préstamo na biblio.

Romeo And Juliet, William Shakespeare.

“The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet” é o título orixinal desta obra que sen dúbida é un clásico da literatura universal e a obra de teatro máis representada na historia. Se por algo se distinguiu Shakespeare no seu momento, foi pola elegancia da súa pluma, non había poeta que puidese compararse con él. Esta obra pode motivarche a perfeccionar o teu inglés e así recitar os diálogos dunhas das mellores historias de amor de todos os tempos. Con esta obra podedes lograr unha maior aprendizaxe e unha mellor comprensión en inglés. Na biblio podedes levar en préstamo o filme Romeo&Julieta na versión máis moderna,  do director Baz Luhrmann.


Alicia in wonderland, Lewis Carrol.

Lewis Carrol, cuxo nome verdadeiro era Charles Lutwidge Dodgson, escribiu esta obra pensando principalmente en pequenos lectores, pero o certo é que desde un obxectivo punto de vista literario, a historia é complexa e sofisticada. A linguaxe fantástica e os xogos de palabra que inventou Carrol son díficiles de traducir, así que o mellor é lela no seu idioma orixinal para que teñas unha nova perspectiva sobre os escenarios e personaxes. Na biblio tamén podedes levar en préstamo a película Alicia en el país de las maravillas,  a cal podedes ver en version orixinal.

 

The Secret Garden, Frances Hogdson Burnett.

O xardín secreto é un deses libros clásicos que sempre apetece ler. Como podería ser doutra forma? A pesar de ser un libro infantil a literatura de Hogdson Burnett non ten idade. Case todos coñecemos esta obra. Lémolo ou vimos as adaptacións para o cinema. Atopamos neste libro un amor infinito á natureza, esa capacidade innata en cada un de nós para superar os malos momentos e atopar unha paixón coa que crecer. Porque diso trata este libro, do amor, da amizade, da superación persoal, de reencontrarnos. The secret garden


The boy in the streped pyjamas, John Boyle. 

Un libro con grandes valores, non só por contar o que conta senón, por como o conta. Berlín. 1942. Bruno ten oito anos e descoñece o significado da Solución Final e do Holocausto. Non é consciente das crueldades que o seu país, en plena guerra mundial, está a facer aos pobos de Europa. Todo o que sabe é que o seu pai -recentemente nomeado comandante dun campo de concentración- ascendeu no escalafón, e que pasou de vivir nunha confortable casa de Berlín a unha zona illada. Todo cambia cando coñece a Shmuel, un neno xudeu que vive nunha estraña existencia paralela alén da alambrada. Na biblio podedes levar en préstamo a película, a cal podedes desfrutar en versión orixinal subtitulada ou noutros idiomas, selecionando previamente o idioma antes de reproducila. Aquí vos deixamos un adelanto para aqueles que aínda non tivestes a oportunidade de ver esta gran película! The boy in a streped pyjamas

 

Colección Inglés: Cambridge Reading Club

Historias orixinais clasificadas en cinco niveis, de Satarted a Advanced. Con tramas interesantes e unha variedade de xéneros que satisfará todos os gustos, os Cambridge English Club ofrecen ficción orixinal moi ben escrita. Inclúen audio CD, de modo que gozaredes dunha proveitosa experiencia didáctica, e estaredes desexosos de acabar un libro para empezar co seguinte.

Colección versión galego e inglés, Enric Lluch.

Fantástica coleción para que os máis pequenos da casa vaian familiarizándose co idioma inglés.

Parécenvos interesantes os libros que vos recomendamos? Cales son os vosos favoritos para ler en inglés? Non vos perdades ésta sección da biblio!


“Cuanto más leas, más cosas sabrás. Cuanto más aprendas, a más lugares irás.” – doctor Seuss.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s