#Novidades de #Verán

Nestes derradeiros días de xuño, e antes de dar comezo ás festas de San Xoán dámoslle a benvida á nova estación estival con novidades literarias fresquiñas para todos os públicos.

Este mes incorporamos aos nosos fondos múltiples opcións que farán que as vindeiras xornadas de praia, festas e descanso adquiran un valor engadido grazas á lecturas que vos acompañarán.

Entre os novos títulos podemos contar con libros de temática feminista, que engrosan o noso recuncho “Debuxando a Igualdade”, o punto máis reivindicativo de guerrilleiro da biblioteca, no que atoparedes historias de grandes mulleres que loitaron e continúan loitando por acadar a igualdade de dereitos para todos e todas e adaptacións de contos clásicos nas que por vez primeira veremos ás princesas máis independientes, aos príncipes máis libres para expresar os seus sentimentos e ás madrastras máis humanas e boas que nunca.

Teremos tamén adaptacións de grandes obras de literatura universal para público infantil traducidas ao galego, da man da colección Mini Clásicos, publicada por Embora. O Quixote, O Chepudo de Notre Dame, ata A Odisea de Homero son algún dos títulos que @s máis pequen@s poderán coñecer de primeira man!

NOVIDADES VERÁN INFANTIL

A rapazada adolescente verá reflectido o seu espírito rebelde en novelas como “”Marxinados” ou “Nunca seré tu héroe”, e poderán comprobar que a historia está chea de inconformistas como el@s que chegaron ben lonxe e cambiaron o mundo para mellor na “Enciclopedia de rebeldes, insumisos e demás revolucionarios” ou “Enciclopedia de malos alumnos y rebeldes que llegaron a genios”.

NOVIDADES VERÁN XUVENIL

Os adultos poderán atopar nas baldas de “Novidades” as novelas de Elena Ferrante, a enigmática autora de identidade descoñecida tan alabada pola crítica como polo público, cuxa saga “La amiga estupenda” (tamén dispoñible na biblioteca) será levada á pantalla pola prestixiosa canle HBO. Non podemos agardar! O título recentemente  incorporado á nosa colección é “Crónicas del desamor”, unha recopilación das tres primeiras novelas da autora.

NOVIDADES VERÁN ADULTOS

Temos tamén para vós o fantástico “El libro de Gloria fuertes”, de Blackie Books, que conta a vida e a obra dunha poeta xenial que viu a súa literatura ensombrecida primeiro por ser muller, despois pola súa clase social e finalmente pola súa fama, e á que lembramos no ano do centenario do seu nacemento.

Como podedes ver, a temos moitas cousas interesantes que ofrecervos, pero lembrade sempre que na biblioteca tedes moito máis, e que descubriredes máis sorpresas botándolle un ollo ás nosas baldas de novidades.

Porque non é o mesmo que cho conten que velo por ti mesm@!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: