Novas condicións de préstamo

Blog

O día 6 de outubro as Bibliotecas de Carballo pasamos a formar parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiciaun conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia para o desenvolvemento e a planificación da oferta bibliotecaria pública. A nosa incorporación á rede está chea de novidades en canto ao funcionamento dos servizos bibliotecarios, que serán de gran interese para tod@s @s usuari@s de calquera das bibliotecas membros.

En primeiro lugar, o servizo de préstamo veráse modificado, tanto no número de exemplares como nos prazos de préstamo, que como norma xeral se verán aumentados e poderedes ter un servizo máis completo.

Tamén poderedes facer trámites como reservas ou renovacións de materiais desde a vosa casa, iniciando sesión no portal da Rede, no que tamén poderedes acceder ao catálogo e mirar os fondos que temos aquí e tamén os das outras bibliotecas membros. Acedede á páxina e veredes todo o partido que podedes sacar dela!

Ademais, teremos para vós un novo carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que servirá para as Bibliotecas de Carballo e tamén para todas as demais dentro do territorio galego que formen parte dela. Informarémosvos na biblioteca cando estean dispoñibles.

Así, preparamos para vós un documento explicativo para vexades cales son as novidades:

Xa vedes que hai moitos cambios, verdade? Pois xa sabedes, a partir de agora somos parte dunha Rede, e por iso funcionaremos de forma conxunta coas demais.

Non dubidedes en facernos todas as preguntas que teñades con respecto a estas novas condicións, estaremos felices de poder contestalas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s