Recital interactivo en conmemoración do Día de Rosalía de Castro co alumnado do IES Monte Neme

Imagen relacionada

Non sempre un ten unha sorte de ler e escoitar poesía á vez. Por iso quixemos que escoitárades o recital de poesía que realizou o IES Monte Neme na Biblioteca Rego da Balsa en conmemoración do Día do Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o vindeiro día 24 de febreiro.

Vos deixamos os versos elixidos polo instituto para recitar cos audios incluídos. Por iso falamos dun recital interactivo. Só tedes que premer no fragmento que está destacado en  negriña para escoitar o audio pertinente.

“Nasín cando as prantas nasen” de Cantares Gallegos.

https://www.ivoox.com/player_ek_32784535_2_1.html?data=lJekmpmZd5ahhpywj5WUaZS1lZWah5yncZOhhpywj5WRaZi3jpWah5ynca_V1IqwlYqliM-fxMbbxtSPpdSf0dfO0NnFt4ziwtjS0JKJe6Sho87Pzs7TuMbXwtiYxsqPh8Lmw8bZztSRaZi3jpk.&

Nasin cand’ as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh’ alborada mainíña,
Nunh’ alborada d’ abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod’ acabou para min,
Qu’ eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro crabo me encrabaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corason che mando
C’ unha chave par’ ó abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nin ti mais que me pedir.

“Tecín soia a miña tea” de Follas Novas.

https://www.ivoox.com/player_ek_32785162_2_1.html?data=lJekmpqVepOhhpywj5WUaZS1lJuah5yncZOhhpywj5WRaZi3jpWah5yncbXZxIqwlYqliM-f1NTWw5DFb87dhqigh6eVpYzoxsaah5yncaPdw9HW0dnJp8LnjMnSjajFtsPVzdHcj4qbh46o&

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm’a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás…
Ferve o pote… mais, meu caldo,
soíña t’hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai…
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond’está.

“Unha vez tiven un cravo”
https://www.ivoox.com/player_ek_32826583_2_1.html?data=lJellJuZfJShhpywj5WUaZS1lJ6ah5yncZOhhpywj5WRaZi3jpWah5yncbbiycaY2Mreb9Xd18rbjdrSb8Tmwtvcj4qbh462ysfZy9TYqcTV1JDRx5CnpdPWwtHZ0ZKJe6ShlQ..&

Unha vez tiven un cravo

cravado no corazón,

i eu non me acordo xa si era aquel cravo

de ouro, de ferro ou de amor.

Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,

que tanto me atormentóu,

que eu día e noite sin cesar choraba

cal choróu Madanela na Pasión.

«Señor, que todo o podedes

-pedínlle unha vez a Dios-,

daime valor para arrincar dun golpe

cravo de tal condición».

E doumo Dios, e arrinquéimo;

mais… ¿quén pensara…? Despóis

xa non sentín máis tormentos

nin soupen qué era delor;

soupen só que non sei qué me faltaba

en donde o cravo faltóu,

e seica, seica tiven soidades

daquela pena… ¡Bon Dios!

Este barro mortal que envolve o esprito

¡quén o entenderá, Señor…!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: