Na zona infantil podedes atopar unha selección dos mellores audiovisuais para que @s cativ@s comecen a apreciar a música e o cine desde ben pequeniñ@s.
audiovisuais INFANTIL
Que podemos atopar nesta sección?
Na sección de audiovisuais tedes películas e series para todas as idades. Desde Harry Potter ata Bob Esponja, pasando por Transformers, Caillou ou Frozen…
Ademais, a mellor selección de música para estimular os sentidos de pequen@s e grandes.

Tampouco poden faltar os discos interactivos ou documentais que nos axudarán a aprender os segredos da natureza, da ciencia e mesmo das artes!
Tamén temos para vós unha sección especial de Librodiscos, compostos de libros+discos de música, que poden incluír cancións, rimas, contos para complementar a lectura.
