A Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa é o novo espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o lecer en Carballo. Un lugar libre, aberto ás novas tecnoloxías, onde tod@s serán benvidos, facilitando e promovendo a accesibilidade, a inclusión social, a convivencia, a alfabetización dixital  da poboación e o acceso á información.

img_0483

A biblioteca ten como obxectivo fomentar a creación e a promoción de hábitos de lectura: acercando á poboación o coñecemento; ofertando un espazo flexible, dinámico e organizado; dispoñendo dunha colección viva, actualizada e adaptada á comunidade de Carballo e os seus arredores; poñendo en valor e difundindo a creatividade galega.

Os servizos e produtos que deseñamos están ligados á evolución tecnolóxica, cultural e social que experimenta a sociedade, apoiándose nuns programas de formación e de comunicación axeitados a tódolos públicos, peticións, e formatos (físicos e virtuais) para dar a coñecer e informar sobre todo o que a biblioteca oferta en cada momento.

img_0502

Advertisements

It seems we can’t find what you’re looking for. Perhaps searching can help.