A biblioteca pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de materiais en diversos soportes: novelas, manuais, guías, obras de referencia, cómics, xornais, revistas, música, películas, xogos educativos, libros infantís, etc., que se ofertan para a consulta e o préstamo.
Podes consultar o materiais dispoñibles na biblioteca a través do Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia
O catálogo ofrece diferentes opcións de busca (simple e avanzada) e permite localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta acoutando a procura a través de diversos datos (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua,…). Ademais, unha vez realizada a procura, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias,…
Ademais de facer buscas no catálogo, desde a mesma páxina poderás ingresar á túa conta e facer xestións, como modificacións nos teus datos persoais, renovacións dos teus préstamos, reservas de materiais á túa biblioteca ou facer unha desiderata (suxestión de compra)….
Como ingreso á miña conta?
Introducindo as claves que recibiches no teu correo electrónico no momento no que te deches de alta como soci@ a rede.
OLLO! Se non indicaches o teu enderezo de correo electrónico na alta de soci@ non as puideches recibir.
Non recibín as miñas claves.
Primeiro comproba que o correo non está no cartafol de correo lixo, xa que en ocasións se envía automaticamente alí. Se non é así, contacta coa biblioteca e volveremos a mandarchas.
Non lembro as miñas claves.
Debaixo da zona de acceso pon “Esqueceu o seu contrasinal? Prema aquí“. Aí deberás introducir o teu número de usuario (é o número que figura na túa tarxeta) e poderás establecer un novo contrasinal.
Gustariame saber si teñen ou van a ter algun libro relacionado coas adopcions de nenos como por exemplo ” adopcion y vinculo familiar” . Gracias
GústameGústame
Ola, Lucía.
Si temos algún libro sobre adopción. Recomendámosche que consultes o noso catálogo na ligazón https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/. Podes facer a procura por palabra clave e aí che aparecerá o que temos. Tamén podes buscar nas demais bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se tes algunha dúbida non dubides en chamarnos ao teléfono 981758580.
Un saúdo.
GústameGústame