img_0329

Entre nais

#ABiblioPréstame,#Blog,Infantil

Cada mes visítanos na biblioteca o grupo de “Nais e Lactancia” de Carballo. Este grupo de nais está a realizar un curso sobre lactancia e postparto no Centro de Saúde de Carballo. 

O grupo de “Nais e Lactancia” reúnese regularmente na zona de infantil da biblioteca. Un espazo onde os bebés e as nais que optan pola lactación materna ou que estan embarazadas e que pensan decantarse por esa opción reúnense para compartir experiencias, vivencias e resolver todas as dúbidas que van  xurdindo no amplo e ás veces difícil camiño da maternidade nun ambiente cálido e próximo.

Tamén é un espazo de intercambio onde as nais con máis experiencia aconsellan ás menos expertas para tentar resolver as súas dúbidas e servir de apoio nos bos e nos malos momentos. 

E, por suposto, os papás tamén son benvidos a acudir ás reunións!

foto1

No último encontro acompañounas Yoli, profesora de Pilates, a cal lle impartiu unha charla explicativa da importancia que ten facer determinados exercicios antes e despois do parto. 

img_0329

A realización de exercicios de Pilates antes do parto ten múltiples beneficios. Unha das grandes vantaxes da práctica de Pilates é que contribúe a mellorar a postura corporal, que vai cambiando en cada trimestre, ademáis fortalécese a musculatura necesaria para soportar o aumento de peso a medida que o bebé vai desenvolvéndose. 

Tamén a práctica de Pilates resulta enormemente eficaz na prevención de dores de costas, tonifica e reforza as zonas de interese para a muller embarazada, como o abdome (os primeiros meses), as mamas (pectorales), os brazos, a zona da pelvis e as cadeiras. Ademais, exercítanse as pernas, o que favorece a activación da circulación sanguínea, aliviando a incómoda pesadez nas pernas, tan habitual nas últimas semanas.

fullsizerender

Outro aspecto moi interesante é o traballo de concienciación, activación e fortalecemento dos músculos do chan pélvico mediante exercicios de contracción e relaxación. Nestes exercicios trabállase específicamente esa zona pélvica, preparándoa para o parto e facilitando unha mellor recuperación post-parto. Calquera embarazada pode facer Pilates, salvo contraindicación médica. 

Na biblioteca dispoñedes dunha sección na zona de infantil chamada “Medrar”. Aquí atoparedes libros sobre maternidade, lactancia e crianza.

A continuación presentámosvos 10 libros sobre esta temática que poden resultar de moita axuda e resolver moitas dúbidas. Elixe o teu e desfruta desta etapa lendo e aprendendo á vez.

  1. Guía esencial del embarazo” –  Shaoni Hattacharya.

img_0351

Unha guía imprescindible para os futuros pais que será o seu acompañante durante a asombrosa viaxe que vai dende a concepción ao parto, e mesmo máis aló. Detalla os progresos da nai e o bebé mes a mes, e ofrece listas, datos e consellos útiles sobre o mundo do embarazo e a maternidade. Inclúe unha guía básica para axudar aos pais para orientarse polo camiño descoñecido que teñen ante si. Información práctica, asesoramento específico e coñecementos de primeira man para os pais primeirizos.

 2. “Un regalo para toda la vida: guía de la lactancia materna” – Carlos González.

img_0350

Existe algo máis propio dunha nai que dar o peito? Dende hai tempo sábese que a lactación é a mellor garantía de evitar enfermidades futuras, tanto para a nai como para o fillo, pero é que ademais o momento da toma constitúe un momento de absoluta comuñón entre nai e fillo que fai que se cren uns lazos que proporcionan ao neno unha gran seguridade. Carlos González, o creador do exitoso “Bícame moito”, fálanos neste novo libro das bondades de dar o peito ao teu fillo, tantas veces como el queira, a demanda e todo o tempo que ambos poidades.

3. “Vamos a ser padres” – Carlota Basil e Elisenda Roca.

51cn0oxyq-l-_sx327_bo1204203200_

“Vamos a ser padres” abarca desde a planificación do embarazo e os meses de xestación ata o posparto, pero trátase dunha guía diferente das que atoparás no mercado. Porque a escribiron dúas nais: unha xornalista que, á parte da súa, coñeceu moitas historias de embarazo, e unha xinecóloga que achega máis de trinta anos de experiencia á profesión. Porque che propoñen un encontro entre amigas: fálanche de ti a ti, responden a todas as túas preguntas de forma clara e rigorosa pero tamén con humor, fanche confidencias e, sobre todo, entenden como sente unha futura nai.

4. “Qué se puede esperar cuando se está esperando” – Ed. Medici.

img_0341

Este libro converteuse na Biblia das embarazadas con millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. Con todo, non é tan recomendado polos xinecólogos ao carecer dunha perspectiva máis médica. Preséntase o embarazo mes a mes, todo o relacionado coa xestación, desde o momento en que se decide ter un bebé, ata o parto. Máis que un libro pódese considerar unha guía ou manual de consulta. É unha obra publicada en Estados Unidos e traducida ao español. Por tanto, hai que ter en conta as diferenzas no sistema sanitario e a cultura, entre outras cousas.

5. “Bésame mucho” – Carlos González.

img_0345

Este autor defende que a educación dos fillos ten que estar baseada no amor, o respecto e a liberdade. Unha postura totalmente oposta ás teorías conductistas e ríxidas que se seguen nos últimos anos. Neste libro, o pediatra Carlos González explica o por qué de moitos comportamentos infantís e aconsella ás nais que esquezan os tabús e consellos ou recomendacións de amigos e familiares. De maneira que, se o neno chora cólleo en brazos; se ten sono, dúrmeo no teu colo ou na túa cama. Aos nenos failles falta o contacto físico cos seus proxenitores e nos últimos anos, estáselles privando diso con frases como: Si o colles cando chora, está a manipularche?, Se ten sono, dórmese só?, non o collas en brazos, non ten fame, o que ten é vicio de estar pegado ao peito?. Nesta obra, o seu autor non dá consellos, nin che di como tes que facer as cousas. Só aconsella que sigas o teu instinto e que eduques con amor aos teus fillos.

6. “Dietas para embarazadas” Marta Anguera.

img_0342

Marta Anguera é dietista e nutricionista e neste libro expón con fórmulas simples que convén comer e que debe evitarse en cada período da xestación. No libro pódense atopar menús equilibrados e que dieta seguir para combater algunhas molestias normais no embarazo como a acidez de estómago, o estreñimiento, a diabetes gestacional ou a anemia. Unha das cousas que máis preocupa ás embarazadas é a súa alimentación. Este libro é perfecto para aquelas mulleres que teñan dúbidas sobre o que deben e o que non deben comer durante a xestación.

7. “Mamá a los 40” – Margarita Puig.

img_0343

Margarita Puig é unha coñecida xornalista española. Este libro mostra como un embarazo aos 40 xa non é un problema e prepara á muller para os cambios que terá o seu corpo e os coidados en canto a alimentación, sexo, cosmética e consellos para recuperar a figura despois do parto. É unha lectura amena e divertida na que conta anécdotas. Pero tamén, podes atopar información detallada sobre os teus dereitos no traballo, baixas laborais, prestacións sociais, etc.

 8. “Se me hace bola” –  Julio Basulto.

img_0354

Un enfoque diferente da alimentación infantil para que a hora da comida sexa un momento feliz para nenos e adultos. Que facer cando o noso fillo come menos do que quereríamos? Debemos demorar a incorporación de alimentos potencialmente alerxénicos? Como lidar coa atractiva e omnipresente oferta de alimentos superfluos e procesados? Que facer para previr a cada vez máis frecuente obesidade infantil?

9. “La biblia del embarazo” – Dra. Anne Dean.

img_0359

A biblia do embarazo é o resultado dunha investigación exhaustiva levada a cabo por expertos de distintos ámbitos e que trata todos os aspectos e etapas do embarazo, o alumeamento e a nova paternidade, con consideración aos aspectos máis prácticos e sen esquecer os sentimentos e as emocións.

10. “Crío a mi hijo“- Laurence Pernoud.

img_0355

As respostas de hoxe ás preguntas de cada día. O bebe acaba de nacer. Enternecidos e impresionados, os pais fanse miles de preguntas. Despois, a medida que o neno vai crecendo, xorden novos interrogantes. “Crío a mi hijo” é o compañeiro ideal durante os primeiros anos da infancia, desde o nacemento ata o final da educacion infantil. Todos os temas da vida diaria estan contemplados neste libro para os pais de hoxe.

Estes son algúns dos libros que che recomendamos. Non é necesario que os leas todos, o exceso de información adoita acabar en novas dúbidas e o embarazo é unha etapa na que hay que evitar a tensión e as preocupacións. 

grafico_datos_bibliotecas_2016_800x460

As bibliotecas de Carballo en 2016

#ABiblioPréstame,#Blog,Blog

Xa hai case 2 anos da posta en marcha desta biblioteca, que xunto coa oferta que o Concello de Carballo xa viña ofrecendo coa Biblioteca Municipal e a Ludoteca,  supuxo un importante cambio que segue a manterse no tempo. Así o demostran os datos correspondentes ao ano pasado, que reflexan como continuamos gañando usuarios e cada vez nos aproximamos máis en número total á Biblioteca Municipal. Esta última conta con 4.294 visitantes rexistrados, cifra moi similar á de finais do 2015, mentres que os 3.616 cos que pechou o 2016 a biblioteca Rego da Balsa supoñen un incremento do 25 % con respecto aos 2.877 do ano anterior. O número total de usuarios entre os dous centros ronda os 8.000, unha cifra máis que destacada para unha poboación de pouco máis de 30.000 habitantes.

grafico_datos_bibliotecas_2016_800x460Un total de 1.350 persoas utilizan cada semana as tres bibliotecas municipais

Trátase, ademais, de usuarios activos posto que ao redor de mil persoas pasan cada semana pola biblioteca Rego da Balsa, mentres que outras 250 fano pola municipal, e 100 máis pola ludoteca. A esta elevada afluencia de persoas contribúe o programa de actividades que desenvolvemos principalmente nas instalacións de Rego da Balsa, que foron escenario o ano pasado dun total de 129 citas e que se beneficiaron tamén dun importante incremento do espazo útil. A apertura, meses atrás, da planta superior permitiunos duplicar o número de postos de lectura (de 58 a 128) e dotar de novas salas para a realización de actividades moi diversas.

O Concello tamén reforzou as instalacións aumentando os fondos dispoñibles. Á fronte deste ranking segue a Biblioteca Municipal, cun total de 32.588 exemplares, mentres que Rego da Balsa suma 15.422 (1.500 máis que hai un ano) e a Ludoteca, 1.862. Un fondo suficientemente amplo para que calquera carballés atope un bo motivo para deixarse conquistar polo san pracer da lectura.

Moitas grazas por acompañarnos neste último ano! Seguide visitándonos, nós seguiremos traballando arreo para que teñades nas Bibliotecas de Carballo os mellores servizos para todos os carballeses e carballesas.

 

bag

Actividades fresquiñas para este verán!

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog

Chega o verán e con el o sol e as terraciñas, a praia e as lecturas sobre a area… Pero tamén chegan os festivais, os campamentos, as feiras medievais, os eventos ao aire libre… e na Biblioteca Rego da Balsa centos de ocasións para refrescarvos mañás e tardes deste trimestre caloroso (e se chove que chova)! Seguide lendo:

biblioOK

O verán comeza forte. Nas nosas instalacións continuamos cos contacontos para @s máis pequerrech@s da casa e para as súas familias, con historias para bebés de 0 a 3 anos, seredes quen de imaxinar un mundo diferente, cheo de cores e texturas… que máis se pode pedir que voltar á infancia con contos e cancións tan amenos coma os dos nosos contacontos #ABiblioConta? Atoparédelos o primeirosábado de xullo e agosto ás 11:30 h, e lembrade reservar praza chamando á biblioteca ou enviando un e-mail a biblioteca@carballo.org, pois esgótanse con facilidade!

13533240_864637887003295_8660142919695487495_n

O público adulto poderá gozar con actividades tan variadas como a proxección da curtametraxe “El último aliento”, que terá lugar o mércores 6 de xullo ás 19:00 h, onde se nos presentará a problemática na que pode derivar a contaminación e as dificultades económicas cun protagonista que vive illado na súa casa; pero tamén coa presentación literaria da obra de Geli Romero: “Otra oportunidad”, unha historia de amor e novos sendeiros que xorden durante o camiño de Santiago. Esta última cita terá lugar o venres 8, ás 20:00 h no noso auditorio.

Pero se o voso amor reside na literatura, a seguinte cita é imprescindible. Dende o 21 ao 24 de xullo (inclusives), na praza do Concello, estarán varios postos celebrando a “Praza dos Libros”, e a nosa Biblioteca Rego da Balsa non pode faltar! Poderedes atoparnos no noso posto e teremosvos preparadas varias sorpresas: préstamos e altas de usuari@s alí mesmo, e ata unha actividade-concurso para público infantil, para a que será preciso inscribirse dende o día anterior, dispoñible para nen@s a partir de 4 anos. Achegádevos, pois haberá moito que ver 🙂

IMG_20150822_113050

Moit@s de vós fostes @s que nos pediron obradoiros de diversas materias, por iso temos preparados dous moi distintos pero súper creativos!

Despois da gran acollida que presentou a reserva de prazas para o “Obradoiro de iniciación á ilustración”, organizado pola Asociación Artística Creaformas e impartido por Mon Lendoiro, optouse por ampliar o espazo a dous grupos diferentes. Un deles é o dos venres 15, 22 e 29 de xullo, de 10:30 a 13:30 h; outro os sábados 16, 23 e 30 do mesmo mes, de 10:00 a 13:00 h. Comprácenos dicir que case están todos os ocos cubertos, pero aínda queda algún dispoñible. Apurade a anotarvos chamando ou enviando un e-mail á Biblioteca Rego da Balsa.

Por outra banda, en todos os martes e xoves de agosto (excepto o 16) e o 1 e 6 de setembro de 11:00 a 13:00 h, @s usuari@s que reserven praza chamando ou enviando un e-mail á Biblioteca Rego da Balsa, poderán gozar con “Hibridar o imaxinario”, un obradoiro de creación literaria impartido pola escritora local Rosalía Fernández Rial, contando ademáis cunha sesión maxistral levada a cabo polo poeta coruñés Paco Souto. Que máis se pode pedir? Todo isto é posible grazas á Asociación Escritoras-es Lingua Galega, co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e a Consellería de Cultura, e coa colaboración do Concello de Carballo. Correde a anotarvos, pois nunha actividade tan interesante as prazas non duran moito tempo baldeiras!

Se o voso é a séptima arte, en agosto traemosvos un filme ben interesante, “O club da calceta”, baseado na novela homónima de María Reimóndez. Unha historia onde seis mulleres comparten experiencias e frustracións das súas vidas e toman conciencia das súas situacións para superalas. Un filme que non podedes deixar de ver. Tremendamente recomendado, proxectarémolo o vindeiro 25 de agosto, ás 19:00 h! Para tódolos públicos e con entrada libre, non faltedes!

el-club-de-la-calceta

Con setembro chega o inicio do curso, e con el un faladoiro da Cruz Vermella o xoves 22 ás 20:00 h, no que @s voluntari@s desta asociación solidaria nos falarán de todo o traballo que realizan e nos informarán sobre aquelas dúbidas que teñamos sobre a mesma asociación. Coñecede os proxectos que a Cruz Vermella ten preparados para Carballo e animádevos a compartir solidariedade!

Neste mes tamén contaremos con outra presentación literaria, esta vez cun toque musical, pois Carlos Rego falaranos dun libro que recolle a historia dunha das bandas musicais máis innovadoras dos anos oitenta: “Derribos Arias. Licencia para aberrar”. Para moit@s seguramente será unha volta aos tempos mozos e para outr@s será todo un descubrimento. Venres 23 ás 19:30 h no noso auditorio!

E como non, este mes tamén contará coa súa proxección. O xoves 29 ás 19:00 h proxectaremos unha curtametraxe chamada “Boteime a andar”, de Pablo Lomba, a cal recibiu o premio á mellor realización na II Edición do Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas, vide a descubrir o porqué deste galardón!

Por último, restanos comunicarvos que, coma en meses anteriores, @s amig@s da Asociación de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain continuarán levando a cabo o seu ciclo de “Sábados de literatura francófona”, uns clubs de lectura en francés para público adulto e os cales recomendamos enormemente!

fondopantalla3

Xa sabedes a que citas ides asistir? Costa decidirse… Por qué non a todas! Agardámosvos!

Letras Galegas 2016

Día das Letras 2016: Homenaxe a Manuel María

#ABiblioPréstame,#Blog,Actividades,Blog,Recomendamos

Como sabedes, cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua co Día das Letras Galegas.

O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega.

Este ano o homenaxeado é o poeta Manuel María, destacado polo seu carácter combativo e o seu compromiso político. que reflectiu en todas e cada unha das súas obras, de forma explícita ou implícita.

274954-907-1400

Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 6 de octubre de 1929- A Coruña, 8 de setembro de 2004) era fillo de dous labradores acomodados. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato, e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de vinte anos, no ciclo de conferencias “Novas valores lucenses”, co que entrou en contacto cos integrantes do faladoiro do café Méndez Núñez (Luís Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina…), que lle puxeron en contacto co galeguismo. En 1950 publicou o seu primeiro poemario, “Muiñeiro de brétemas”, co que se inaugurou a denominada Escola da Tebra. En 1958 instalouse en Monforte de Lemos (Lugo), cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como procurador dos tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas galegos, á vez que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación da cultura galega impartindo conferencias e recitando poemas.En 1979 foi elixido concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonou o seu cargo público e, sen deixar nunca a militancia política, dedicouse por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña.

Sendo a poesía o seu xénero preferido, fixo incursión tamén no ensaio, a narrativa, o artigo xornalístico e o teatro, e escribiu para adultos e para nen@s. A súa obra evolucionou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social e político, sempre representando a conciencia de Galicia, na súa dimensión cultural, popular, de apego á terra, ás súas xentes e ás súas cousas.

Manuel María foi calificado como “representante da conciencia e o compromiso inquebrantable co idioma de Galicia”, “o gran poeta da nación galega”, “o autor da obra máis inxente, desde o punto de vista cualitativo e cuantitativo, da posguerra en Galicia” ou “a alma da poesía galega dos últimos 50 anos”.

Por este e outros moitos motivos convidámosvos a que coñezades a figura deste insigne autor ao que tanto lle debe Galicia e os galegos, porque según as propias palabras del mesmo, “Galiza somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala!”.

Destes versos de “Galiza”, de Os soños na gaiola, nace o lema “G en ti”, a iniciativa do Concello de Carballo para a difusión e a visibiblización da nosa lingua. Por iso, porque Galiza e o galego están en ti, queremos convidarte a que busques, e atopes. A que estea en todas e todos. E en todo. Nas tendas, nas mensaxes de móbil, nos restaurantes, nas redes sociais, nos letreiros, nos parques, no amor, na música, no día a día… Na vida. E por iso ofrecemos tamén unha chea de actividades, desde o Concello, desde diversas asociacións e, por suposto, desde a biblioteca, durante todo o mes para a visibilización e a posta en valor do galego. Ti tamén podes facer que se vexa o galego. Usándoo, por suposto. Elixíndoo. Pedíndoo. Propóndoo. E tamén visibilizándoo! Para iso, convidámoste a que publiques esas fotos nas que se ve o galego en Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego, para dalas a coñecer, para visibilizar a lingua, para difundila e para, ademais, participar nun concurso da CTNL (+Info: www.ctnl.gal)

CilEWKlWsAALW1v

Na biblioteca levamos todo o mes celebrando este día, con faladoiros, presentacións, recitais ou contacontos , pero aínda queda moito máis! Por exemplo, o vindeiro día 26 visitaranos a cineasta, catedrática e académica Margarita Ledo Andión presentando a edición en formato libro-DVD da película “Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra”. A película bebe de múltiples fontes audiovisuais, arquivos privados e institucionais que corresponden a diferentes épocas da vida do poeta, combinándose as imaxes coa voz do propio Manuel María.

Podedes visitar a biblioteca e ver a mostra bibliográfica que temos dedicada a Manuel María, e podedes levar en préstamo as súas obras, desfrutalas nos sillóns ou na vosa casa, non hai mal lugar para ler unha boa poesía de Manuel María!

Non perdades ademais a Guía de Lectura dedicada a Manuel María.

 

Feliz Día das Letras Galegas!

Exposición Scripta Manent

#ABiblioPréstame,Blog

SCRIPTA MANENT

A exposición sobre a escritura e o libro do IES Alfredo Brañas

collagescripta

A idea da exposición xurdiu dunhas imaxes que aparecen no material da mostra: unha figura dunha ánfora grega, una inscrición xeroglífica antiga (o cartucho co nome do faraón Tutankhamon) e una curiosa imaxe na que un monxe está escribindo nun ordenador. Deixando voar un pouco a imaxinación, a figura que aparece na ánfora parece manexar un artefacto similar aos ordenadores personais de hoxe en día, como fai o monxe da outra figura, e o cartucho do faraón non deixa de ser suxestivo, xa que se una persoa se detén a observalo crea una pequena intriga.
O progreso tecnolóxico da actualidade fai que se deixen de lado ou simplemente se descoñezan obxectos e técnicas que ata hai poucos anos eran habituais para conservar a palabra escrita: una máquina de escribir portátil resulta xa tan extrano coma un floppy disk, por non falar dunha pizarra escolar ou dunha pluma cun tinteiro.

A idea orixinal da exposición partiu do IES Alfredo Brañas , que para celebrar a Semana das Artes, as Letras e a Música, a elaborou  entre profesorado e alumnado. Albergámola na Biblioteca Rego da Balsa desde o Día do Libro, 23 de abril, ata o próximo 21 de maio.

IMG_20160514_124541

Ata aparición da escritura o ser humán non contaba cun medio de atesourar a palabra. A expresión latina “Verba volant, scripta manent” sintetiza esta idea, e a segunda parte do enunciado foi elexida como título da exposición. A escritura foi no seu día un descubremento trascendente, e a historia da escritura e a súa xénese non teñen nada que envexar a una boa novela de aventuras ou de intriga. O que se pretendeu foi espertar a curiosidade amosando una recreación de diversos soportes e carteis ilustrativos sobre a escritura en soportes diferentes e a sua diversidade.
O material que compón e exposición é variado: carteis e ilustracións, obxectos confecionados a propósito polo alumnado do centro, libros e outros impresos prestados por profesores, una pequena maqueta dunha prensa tipográfica, una imprenta infantil, etc.

As seccións nas que están distrubuidos os obxectos expostos son as seguintes:

A ESCRITURA

IMG_20160514_124410

Partindo das escrituras cuneiforme e xeroglífica antiga chegamos ao libro electrónico de hoxe en día. Unha subsección está dedicada á caligrafía, alfabetos e outros materiais tipográficos, e outra a notacións musicais, con mostras de diferentes métodos de notación.

O LIBRO MANUSCRITO

IMG_20160514_124333

Amósanse diversos exemplares de libros que recollen ilustracións de libros medievais ata chegar a mediados do século XV.

O LIBRO IMPRESO

IMG_20160514_124317

Partindo dunha pequena mostra de libros xilográficos, preséntanse algunas impresións facsimilares de impresos do séculos XV-XVIII.

MISCELÁNEA

IMG_20160514_124125

Acolle material heteroxéneo que pode resultar atractivo: libros escritos en diversos alfabetos, e cómics en diversos idiomas, una edición facsimilar dun códice maia (O códice de Dresde) e libros sobre o Quixote.

O LIBRO SAGRADO

IMG_20160514_124451

Esta sección agrupa dezaoito exemplares da Biblia en diversos idiomas e dúas edicións do
Corán.

IMG_20160514_124431

Desfrutade da guía da exposición, e consultade todos os materiais expostos:

CABECEIRA WORDPRESS

Semana do Libro: 2º Concurso #ABiblioPréstame

#ABiblioPréstame,Blog

Comezamos a Semana do Libro convocando a 2ª edición do Concurso #ABiblioPréstame!

Como o ano pasado, queremos celebrar a Semana do Libro dun xeito especial, polo que vos propoñemos que participedes no noso concurso #ABibliopréstame. En que consiste? Moi sinxelo!

É un concurso fotográfico a través das redes sociais Twitter, Instagram e Pinterest, no que só tedes que sacarvos unha foto co voso libro preferido, o que mellor vos representa, ou o que polo seu título ou portada reflicte o voso estado de ánimo e personalidade… Pode ser un selfie ou autorretrato, ou pode ser unha foto normal, pero sempre ten que ir acompañada do cancelo ou hashtag #ABiblioPréstame.

Deberedes subir as vosas fotos á vosa conta de Twitter, Instagram ou Pinterest, anque se non tedes, non vos preocupedes, podédesnolo dicir e subirémolo ao voso nome ás contas da biblioteca 🙂 Poderedes participar tantas veces como desexedes!

untitled-infographic

Á hora de outorgar o premio valoraranse positivamente a orixinalidade das publicacións, que sexan autorretratos fotográficos e o número de publicacións (a máis número máis posibilidades).

O prazo límite para presentar as vosas candidaturas é ata o día 24 deste mes.

A persoa gañadora recibirá un premio sorpresa!

Consultade as bases completas:

Lembramos a anterior edición do concurso coa gañadora, Zaira, que participou na nosa conta de Twitter cunha fotografía, que, a pesar de non ser un selfie, gañou pola súa orixinalidade e polo entrañable da mesma. Zaira recibiu o seu regalo (un paquete de libros de diferente xénero e temática) e posou ben contenta con el.

Sin título20150428_112243

Esperamos que vos animedes a participar e honrar ao Libro, que tantas alegrías nos da diariamente e sen o que non poderiamos vivir. Lembrade que ademais o sábado 23 será o Día do Libro e na biblioteca celebrarémolo cun obradoiro de Bookfolding. Non sabedes o que é o bookfolding? Pois non perdades o noso post dedicado a esta actividade que fixemos hai uns meses no blogue. Anotádevos, xa que as prazas son limitadas!

bookfolding.png

Celebremos xunt@s a Semana do Libro!

PicsArt_1458380502155

Camiñando pola arte e a vida : faladoiro e guía de recursos creativos

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog,Recomendamos

Onte tivo lugar na Biblioteca Rego da Balsa o faladoiro “Camiñando polas estrelas” da man de María Lema. Onte aprendemos que a arte non ten límites. A creativa María Lema emprendeu o seu proxecto “Caminando por las estrellas” de esculturas baseadas no Camiño de Santiago a partir dunha ilusión, dunha idea e dun sentimento.

Desa motivación provén a súa idea de esculturas en ferro como unha forma de levar consigo para sempre un recordo desa experiencia que a todos nos cambia. As súas esculturas recrean dun xeito único e orixinal diferentes conceptos e temas relacionados co Camiño, dándolles a cada unha das pezas un sentido e un motivo diferente.

Ademáis María convidounos a realizar con ela un “experimento” creativo. Realizamos un pequeno obradoiro de escultura e de Design Thinking, para mostrarnos que entre todos podemos crear unha gran obra de arte e tamén para demostrarnos que todos somos capaces de crear.

PicsArt_1458380266489

“A arte non é elitista e non entende de fronteiras nin barreiras, nin físicas, nin mentais, nin psicolóxicas”. Comentaba onte María Lema no Faladoiro.

Para que atopedes esa motivación que vos faltou sempre para emprender ou desenvolver unha idea creativa, un proxecto artístico ou facer daquela afección que tanto vos gustaba, unha profesión ou unha forma de vida.

O equipo da Biblioteca Rego da Balsa ademáis elaborou unha guía de recursos de información sobre artes plásticas que tedes dispoñibles para descargar na nosa conta de Issuu. Todas aquelas persoas interesadas pola arte e o proceso creativo, que queirades atopar axudas para desenvolver proxectos, obradoiros onde aprender ou lugares onde disfrutar da arte, podédesvos descargar esta guía de recursos artísticos locais con tan só un clic.

midsummer

25 Citas coa #ABIBLIOPRÉSTAME

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog

Dende a Biblioteca Rego da Balsa comprácenos moito poder facer oficial o programa de actividades deste primeiro trimestre do ano. Novas funcións de animación a lectura con TrinkeTrinke teatro, faladoiros, proxeccións, presentacións, concursos, obradoiros, contacontos de Pais e Nais… Unha chea de actividades, todas elas de balde e para todos os gustos.

       

 

XANEIRO

  • QUERIDA OVELLA NEGRA. Contacontos teatral de TrinkeTrinke. Sesión dobre: 17:30 e 19:00. Participación: max 60 nen@s de 3-8 anos. Mércores 13.
  • FALADOIRO CON WINTERICUS: XUNTOS NO CAMIÑO! Todos os públicos. Entrada Libre. Martes 19. Arrancamos o ano con novos propósitos: facer o Camiño de Santiago, e emprender novos camiños descoñecidos, como o de realizar o Camiño de Fisterra ou poñer en marcha novas iniciativas empresariais no ámbito rural… Queredes emprender unha nova viaxe na que vós sodes os vosos propios guías? Elena Pais rexente do albergue rural Witericus (Guitiriz, Terra Chá) ven compartir connosco non a súa experiencia persoal e profesional relacionada co Camiño de Santiago. 
  • PROXECIÓN DE “IMAGINE ELEPHANTS” E DEBATE. Todos os públicos. Entrada Libre. Venres 22 ás 17:00. Grazas á asociación “A Beira dos Miúdos”, chega á nosa biblioteca Rego da Balsa o documental do proxecto “Imagine Elephants”, unha proxección moi interesante para educador@s, nais, pais… e aquelas persoas que desexen saber máis sobre educación, motivación e desenvolvemento infantil; que afonda na importancia do xogo espontáneo nas etapas iniciais da vida. Ademáis da proxección, @s asistentes poderán participar nun debate posterior c@s creador@s deste proxecto.
  • O CARACOL NAMORADO. Contacontos teatral de TrinkeTrinke. Sesión dobre: 17:30 e 19:00. Participación : max 60 nen@s de 3-8  anos. Mércores 27.
  • PRESENTACIÓN LITERARIA: MANUEL RIVAS “O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA”. Todos os públicos. Entrada Libre. Xoves 28.

FEBREIRO

  • CONCURSO FOTOGRÁFICO #abiblionamórame: 2ª Edición. +info na web e nas Redes Sociais da Biblioteca. Lunes 1. Nova edición do concurso fotográfico estade atentos que pronto publicaremos nas nosas redes sociais cómo podedes participar nel. Votade unha ollada na edición do ano pasado para os que queirades concursar nesta edición. 
  • OBRADOIRO DE MAQUILLAXE INFANTIL. Ludoteca. Entrada libre. Mércores 3.
  • OBRADOIRO DE MÁSCARAS. Bibioteca, 6-12 anos. Entrada Libre. Mércores 3.
  • FALADOIRO CON SENDA NOVA” UNHA VIAXE AO AMAZONAS” E EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA. Todos os públicos. Entrada libre.  Xoves 4. Dentro do programa III INVERNO ANCESTRAL  e do ciclo de faladoiros HISTORIAS DE INVERNO, o día 4 de febreiro temos previsto ” UNHA VIAXE AO AMAZONAS”, unhas narracións de Roberto Rivas e Helena Samamede. Ademáis do faladoiro está prevista unha pequena exposición de fotografías relacionadas coa viaxe que podería quedar por algúns días exposta no centro. 
  • O ENTROIDO DOS RATOS. Contacontos teatral de TrinkeTrinke. Sesión dobre: 17:30 e 19:00. Participación: max 60 nen@s de 3-8 años. Mércores 10.
  • FALADOIRO CON GEMMA CARBALLEIRA. Todos os públicos. Entrada libre. Martes 16. Bloguera de “My dreams of seams” que nos falará de estilo de vida saudable, moda, como levar un blog, comercio electrónico…
  • OBRADOIRO DE XOGOS E XOGUETES EN GALEGO CON GALILEO NENOS A XOGAR CON GALILEO. Ludoteca. Mércores 17.
  • PAIS E NAIS CONTAN. Contacontos de Pais e Nais para nen@s. Público familiar. Entrada libre. Mércores 17.
  • PRESENTACIÓN LITERARIA DE SAUDADE DE FERNANDO FDEZ REGO. Público familiar. Entrada Libre. Sábado 20.
  • O CORO DO RATO FUCO. Contacontos teatral de TrinkeTrinke. Sesión dobre: 17:30 e 19:00.Participación: max 60 nen@as de 3-8 anos. Mércores 24.

MARZO

  • PROXECIÓN SENDA NOVA “AMAZONIA CARBONIZADA”. Todos os públicos. Entrada libre. Martes 1. Actualmente, a Amazonía colócase no epicentro das negociacións internacionais que buscan un acordo global para atallar o cambio climático. Esta zona enfróntase tamén a outras feridas como a crueldade, o asasinato e a depredación da súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.
  • O GALO ENGANCHA. Contacontos teatral de TrinkeTrinke. Sesión dobre: 17:30 e 19:00. Participación: max 60 nen@s de 3-8 anos. Mércores 9.
  • PRESENTACIÓN LITERARIA DE “COCIÑA II”, DE ANDRÉ ARZUA. Xoves 3.
  • PROXECIÓN SENDA NOVA GREEN. Todos os públicos. Entrada Libre. Xoves 10. Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. Ademais de producir grandes danos ambientais, este problema está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis próxima a nós: o orangután.
  • PROXECIÓN SENDA NOVA “MARCHA ATRÁS “. Todos os públicos. Entrada libre. Martes 15. Cada vez con maior frecuencia vemos vehículos 4×4 nas nosas rúas e estradas. O todoterreo pasou de ser un vehículo para o traballo profesional no campo a un vehículo de uso diario, que se asocia a valores como a liberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou a seguridade. Este documental analiza o noso modelo de transporte a través dos vehículos 4×4 e a cultura do motor.
  • FALADOIRO CON MARÍA LEMA “CAMIÑANDO POLAS ESTRELAS”. Todos os públicos. Entrada libre. Venres 18. Como os nosos soños se poden facer realidade. Como se pode pasar dun soño, unha aspiración a un traballo. María Lema, creativa de Camiñando polas Estrelas nos explicará como foi o seu “camiño, para chegar a crear as súas esculturas relacionadas co Camiño de Santiago. 
  • PAIS E NAIS CONTAN. Contacontos de pais e nais para nen@s. Público familiar. Entrada libre. Mércores 23.
  • CONTACONTOS DE PRIMAVERA. Contacontos teatral de TrinkeTrinke. Sesión dobre: 17:30 e 19:00. Participación: Max 60 nen@s de 3-5 anos. Mércores 30.
  • PRESENTACIÓN LITERARIA “A CELESTE LA COMPRÉ EN EL RASTRILLO E SOBREVIVINDO DE ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ. Todos os públicos. Entrada Libre. Xoves 31.

 

Spooktacular ᐧ Super Sale ᐧ

Recordamosvos que a recollida de convites para as actividades nas que se require, debe facerse na propia biblioteca dende unha semana antes do desenvolvemento da propia actividade. Tamén lembrarvos que existen actividades que precisan de inscripción previa, polo que para poder participar nelas tedes que poñervos en contacto co persoal da biblioteca Rego da Balsa á través do teléfono: 981758580 ou ben, no correo electrónico: biblioteca@carballo.org

Imprimide o folleto na nosa conta de Issu Biblio Carballo

Trick

Un Samaín de medo e libros!

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog,Recomendamos

Estamos nunca época do ano  que nos encanta: o Samaín! Ao contrario do que moitos pensan, esta festividade non é propiedade exclusiva das culturas anglosaxonas, senón que tanto esta coma outras culturas a tomaron emprestada dos celtas. Si, si, os nosos ancestros!

O Samhain é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa ‘fin do verán‘.

Os antigos celtas crían que a liña que une este mundo co Outro Mundo estreitábase coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto benévolos como malévolos) pasar a través. Os devanceiros familiares eran convidados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Crese que o uso de disfraces e máscaras débese á necesidade de escorrentar aos espíritos malignos. O seu propósito era adoptar a aparencia dun espírito maligno para evitar ser danado.

Como ben sabedes, esta festa foi adoptada por diferentes culturas e países, sobre todo anglosaxóns como Canadá, Estados Unidos, Irlanda ou Reino Unido, e, en menor medida, noutros lugares como España e Latinoamérica, renomeándoa como Halloween.

En Samaín as historias de medo e terror están tamén invadindo a biblioteca… En calquera recuncho no que miredes haberá música que ambientará as vosas noites de aquelarres, as películas máis terroríficas para as noites de treboada e sobre todo os grandes clásicos da literatura gótica e de intriga e misterio, tamén as novidades do xénero, e por suposto, banda deseñada coas viñetas máis escuras que vos poidades imaxinar… Hai Samaín para todas as idades e para todos os medos…

20151027_104900 20151027_104400 20151027_104936

20151027_104910(2)  20151027_104050 20151027_104927

E como hai para todas as idades e gustos, elaboramos para vós unhas guías de lectura con recomendacións por idades dos materiais máis terroríficos e misteriosos. Botádelles un ollo!

2 3 4 5

A relación de títulos que recomendamos nas guías son os seguintes:

Ata 7 anos:

  • A casiña de chocolate (AUDIOCONTO). Galaxia.
  • Imagina una noche. Sarah L. Thompson. Juventud.
  • Verlioka. Patacrúa & Magicomora. OQO.
  • Raquel ten medo. Agustín Fernández Paz. Xerais.
  • O gran libro dos medos do rato pequeno. Emily Gravett. Patasdepeixe.
  • Onde viven os monstros. Maurice Sendak. Kalandraka.
  • Corre, corre, cabaciña. Eva Mejuto & André Letria. OQO.
  • Que medo, mamá Raquel! Agustín Fernández Paz. Xerais.
  • La sombra de Laura. Vicente Muñoz Puelles. Algar.

De 7 a 12 anos:

  • Xela volveuse vampira!! (Libro+CD). Fina Casalderrey. Edicións B.
  • A pantasma de Canterville. Oscar Wilde. Embora.
  • A noite de Samaín. Pepe Carreiro. Toxosoutos.
  • Intriga en Luxor. Bjorn Sortland. Edelvives.
  • El ataúd del vampiroThomas Brezina. SM.
  • Ada Goth y el fantasma del ratón. Chris Riddell. Edelvives.
  • Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Xerais.
  • As bruxas. Roald Dahl. Xerais.
  • Donde viven los monstruos. DVD.

Xuvenil:

  • Historias de miedo (1, 2 e 3). Alvin Schwartz. Everest.
  • A capela maldita. Mario Franco. Toxosoutos.
  • La sombra del gato y otros relatos de terror. Concha López Narváez. Alfaguara Obradoiro.
  • Cuentos de terror de los objetos malditos. Chris Priestley. SM.
  • El día de los inocentes. Richie Tankersley Cusick. Gaviota.
  • Donde surgen las sombras. David Lozano Garbala. Gran Angular.
  • En tierra de nadie: El amanecer de Reeker. DVD.

Adultos:

  • O corazón do negror. Joseph Conrad. Faktoría K.
  • Frankenstein. Mary Shelley. Edicións B.
  • No confíes en Peter Pan. John Verdon. Círculo de lectores.
  • La dama de blanco. Wilkie Collins. DeBolsillo.
  • El chico de la casa en llamas. Tim Wynne-Jones. Edelvives.
  • Drácula. Bram Stoker. Círculo de lectores.
  • A la sombra del maestro: cuentos clásicos. Edgar Allan Poe. Mosaico.
  • Halloween 4. DVD.
  • Sweeney Todd. DVD.

Trick

Por suposto, estades invitados a achegarvos a tarde do venres 30 e celebrar Samaín con nós, xa que decoraremos a biblioteca coa vosa axuda, e como non, teremos unha sección dedicada aos disfraces, onde vos poderedes sacar fotos no noso photocall coas máscaras e antifaces que temos preparados para vós. Tamén na Ludoteca haberá sorpresas para @s máis pequen@s de 17:30 a 19:30. Non podedes faltar, entre tod@s faremos deste Samaín unha auténtica diversión terrorífica!

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños. Pantasmas, vampiros, gatos negros, caveiras, casas encantadas, espíritos malignos e non tanto, misterios sen resolver… todo isto e moito máis teredes na vosa biblioteca este Samaín! 🎃👻👹💀 #ABiblioPréstame

sparkler-677774_1280

#ABiblionundía: 24 de outubro, unha data para celebrar

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog

Comparte con nós o teu “Spain in a day” no primeiro aniversario da Biblioteca Rego da Balsa

Sábado 24-10 de 10.00 a 13.00 Celebremos xuntos o primeiro aniversario da Biblioteca Rego da Balsa e o Día das Bibliotecas!

O día 24 de outubro tedes moito que celebrar.  Xa todos saben que o día 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, pero ademais este ano para todos pode ser un día moi especial. Este próximo 24 de outubro a vosa biblioteca fai un ano. Un ano cheo de emocións e vivencias únicas no que compartimos moito máis ca libros, música e cine, compartimos historias, sentimentos e ilusións!

cupcakes-690040_640

Queremos poñerlle cara a toda esa xente que fixo que este ano fose para nós un ano único e irrepetible e por iso queremos convidarvos a festexar con nós o noso primeiro aniversario!

bubble-83758_640

Queremos dicirlle ao mundo a sorte que temos de tervos como usuari@s, de poder compartir tantas experiencias e aprender a aprender todos xuntos en convivencia. Traballar nunha biblioteca é un festexo diario para nós…, pero que é para vós? Que vos fai sentir esta biblioteca? Como é un día para vós na biblioteca?

photo-1444005233317-7fb24f0da789

Para @s que non coñezades a iniciativa, a directora e produtora de cine Isabel Coixet, organizou un proxecto colaborativo que ten como fin retratar nun filme o día a día de xente anónima, chamado “Spain in a Day”. O proxecto pretende retratar as alegrías e as tristezas, os seus gustos e afeccións, as súas emocións e as súas vivencias… E nós queremos que a vosa filmación sexa aquí mesmo, na biblioteca no seu primeiro aniversario! A rodaxe podédela realizar co propio teléfono móbil, ou coa tablet, pero se non tedes con que, nin tedes ideas de como facelo, non vos preocupedes! Podedes saír no noso vídeo, si, porque nós tamén faremos o noso Biblio nun día! Gravaremos o noso especial “Spain in a day”, para amosarvos como o equipo da Biblioteca Rego da Balsa vos ve, como nos sentimos nós no noso día a día de traballo e como é a nosa xornada. Así vós tamén poderedes coñecer un pouco mellor o noso traballo e ver como transcorre un día na vida dun bibliotecario, ou neste caso das vosas bibliotecarias!

film-38241_640

Esta iniciativa xa  parte da idea orixinal da película “Life in a day” (a historia dun día na Terra), producida por Ridley Scott e dirixida por Kevin MacDonalds, que retrataba o día a día de centos de  persoas en todo o mundo.  Desta idea inicial fixéronse noutros países novas versións deste proxecto mundial, como en Xapón, Italia ou Reino Unido.

photographer-301533_1920

Se queredes participar no proxecto de Isabel Coixet, podedes enviar a vosa gravación a través da web de RTVE do proxecto www.rtve.es/spaininaday. Tedes tempo para participar ata o 15 de novembro! Os vídeos teñen que ser en formato horizontal e cunha duración máxima de 15 minutos. E recorda:

Que amas? En que crees? Que temes? Cal é o teu soño?

photo-1419090960390-4969330366ab  photo-1431037242647-4c2c27cb5bb1 (2)

photo-1418832178871-693e3ab5cdaf

Con todo o material recibido, Isabel Coixet e o seu equipo montarán unha película que se estreará no Festival de San Sebastián 2016.

photo-1422558044352-896cd9799885

Compartide con nós esa experiencia, vide a biblioteca o 24 de outubro e gravade o voso día a día, pero na biblioteca! Que mellor maneira de celebrar o noso primeiro aniversario!

birthday-cake-843921_1920

Deixámosvos co resultado final da película que se realizou coas gravacións enviadas por centos de miles de persoas  anónimas: