#ABiblioPréstame máis que nunca!

En maio e abril actividades mil e… de balde! Ofrecémosvos nestes meses outra tanda de opcións para o voso tempo de lecer: proxeccións cinematográficas con fondo (do Fondo Galego de Solidariedade); manualidades e exercicios creativos para liberar a vosa imaxinación; contacontos de Pais e Nais e da Biblioteca… e algunha cousiña máis que podedes ver no cartel primaveral que vos deixamos a continuación.

Cartel-BiblioCarballo-abril-maio-2015

Lembrade que existen actividades que precisan de inscrición previa; polo que para poder participar nelas teredes que poñervos en contacto co persoal da Biblioteca Rego da Balsa a través do teléfono: 981 758 580; ou ben no correo electrónico: biblioteca@carballo.org

Ven e participa! #ABiblioPréstame!

DESCUBRINDO O ENIGMA

Este pasado mércores 18 de marzo, comezou na #biblioteca unha #actividade nova destinada a nen@s de entre 6 e 12 anos aproximadamente na que foron @s encargad@s de resolver varios misterios para poder achar unha solución final que lles proporcionaría a vitoria deste #xogo e, con ela, unha actividade final para o recordo do mesmo.

IMG_20150318_180451

O enigma desta semana relacionámolo co #DíadaPoesía, xa que o 21 de marzo estaba moi preto, e decidimos facer as #pistas desta actividade con #rimas e #poemas, para que @s máis pequen@s fosen máis creativ@s á hora de resolver as devanditas probas. Deste xeito, a primeira cuestión que se lles presentou foi colocar en orde unhas pinguiñas para saber que se lles pedía neste xogo.

IMG_20150318_180500Despois de descubrir entre tod@s que tiñan que encargarse de atopar o resto de #pistas agochadas pola #biblioteca, puxéronse mans á obra e lograron reunilas todas axudándose entre sí. O premio final da proba consistiu en elaborar cada un a súa propia nube de palabras usando, para elo, os seus nomes. Nas fotos seguintes podemos ver algúns dos fantásticos resultados:

Untitled design

Despois de ver as obras de arte que fixeron, a nosa #biblioteca tampouco podía quedar sen a súa propia nube! Gústavos?

biblio

 

A Biblio Conta … moitos contos!

O pasado día 7 de marzo na biblioteca contamos o conto de Carapuchiña Vermella dun xeito moi especial. Como todos sabedes a partir de agora todos os meses, o primeiro sábado de cada mes, as bibliotecarias contaremosvos un conto. Bueno, moitos contos!

20150310_165220

Para realizar o conto utilizamos diferentes ferramentas, pero o ingrediente fundamental foi engadir moito, moito cariño, polos libros e polo público.

20150307_11404620150307_115935

Contamos o conto de Carapuchiña Vermella acompañadas duns queridos compañeiros e un teatrillo de contos feito por nós:

20150310_16505320150310_165024

Encontraredes máis información sobre como fixemos este teatrillo a través da carpeta que encontraredes no Pinterest dedicada ao contacontos:

Sigue o tablero #ABiblioConta de Bibliotecas de Carballo en Pinterest.

Tamén confeccionamos unha capa e unha máscara do lobo. Brrrrr…, que medo!

IMG-20150303-WA0002

Tamén utilizamos dúas versión do conto:

  • “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” de Antonio Rodríguez Almodóvar.

O conto tradicional con pinceladas de humor que gustarán a toda familia. Carapuchiña máis lista e máis divertida que nunca.

  • “Confundindo historias” de Gianni Rodari.

Un avó lle conta a súa neta o conto de Carapuchiña Vermella, ou bueno Carapuchiña Verde como diría él ou Carapuchiña amarela… O avó no se sabe o conto! Pero a nena atopa esto moi divertido porque o final gaña unha moeda para comprar lambetadas.

😉

  • “Xiqui Xoque, Fiú Fiú” de María Fumaça.

Non podemos olvidar a música que utilizamos para ambientar o conto. E coa canción de “Lúa” deste disco encontramos a banda sonoro perfecta para o conto de Carapuchiña!

 20150307_120146

Na biblioteca ademáis podemos encontrar diversos recursos moi útiles como os audiolibros da zona de “Libros+Audio” da zona de 7 a 12 anos. A colección Audiocontos da Editorial Galaxia é unha fantástica idea para comezar. Querdes aprender a contar contos? Votade unha ollada.

20150307_11513220150310_165220

Pais e nais contan

A hora do conto é para moit@s cativ@s o seu momento preferido do día. Tras unha dura xornada de escola e actividade constante tolean por pasar un anaquiño de tempo relaxados escoitando e soñando coas maravillosas historias que lles len seus pais.

Para as mamás e papás tamén é un momento de satisfacción, xa que poden pasar un tempo de calidade e gozo cos seus fillos.

Pero a hora do conto non só ten que ter lugar na casa antes de ir durmir, senón que tamén pode haber momentos de desfrute ao longo de todo o día, e non soamente son os papás e as mamás os que necesariamente participan como narradores, senón que poden ser avós, avoas, amig@s, tí@s ou incluso @s propi@s nen@s.

Por ese motivo, ofrecémosvos a oportunidade de botar a voar a vosa imaxinación e creatividade, invitándovos a participar nun fermoso proxecto que iniciamos a semana pasada, chamado “Pais e nais contan”.

pais_e_nais_contan

En que consiste? É moi sinxelo. Podedes compartir as historias preferidas d@s vos@s fill@s e contárllelas ao resto de nenos e nenas que acoden á Biblioteca, converténdovos en contacontos non só nas vosas casas, senón ante un público agradecido e ávido como o que máis na vosa biblioteca.

Podedes elixir contos populares, dos que figuran no noso fondo bibliográfico, ou dos que teñades vós na casa, e se preferides incluso podedes contar esa historia inventada por vós que fai que os vosos nenos escachen coa risa.

Non vos asustedes, non tedes que ser profesionais. Sacudide a vergoña e atrevédevos, xa veredes como resulta ser unha experiencia preciosa e divertidísima!

O pasado xoves unha mamá e un papá xa se atreveron e o resultado foi todo un éxito, nin un só neno pestanexou! Un dez a Yolanda e Ramón, os aventureiros que leron “Nouky descubre los sabores”, “El Pollo Pepe” e “Cocorico”.

O único que tiveron que facer estes dous valentes foi achegarse á biblioteca e anotarse como voluntarios para o último xoves de mes ás 18:00 h., que é cando se celebrarán as sesións.

Precisamos da vosa axuda!

Pais e Nais Contan, anótate!

Na #biblioteca de Carballo temos unha nova #actividade mensual feita por e para vós. É a chamada “Pais e Nais contan”, na que moit@s voluntari@s da zona (nais, pais, avos, avoas, tí@s, educadores…) se atreven a contarnos unha historia para o desfrute d@s máis pequen@s da casa. Así, os nenos e nenas que se acheguen nesas datas sinaladas á Biblioteca Rego da Balsa poderán desfrutar con tódolos sensos os contos máis orixinais e con máis sentimento da comarca, posto que poden ser #contos que xa coñecemos, pero tamén poden ser inventados pol@ voluntari@.

Se coñecedes algunha cativa ou cativo ó que lle guste escoitar e ver as #historias, sentilas en primeira persoa… Non vos perdades estas oportunidades que nos ofrecen cada mes moit@s afeccionad@s e/ou profesionais dos contacontos. A maxia é para nen@s, pero tamén para maiores, vide e desfrutádea.
pais_e_nais_contan
Por outra banda, se queredes facer vós os #contacontos, animádevos e poñédevos en contacto co persoal da Biblioteca Rego da Balsa. Asesorarémosvos para saber como comezar, se é que o precisades! Ademáis, non tedes por qué seguir un libro concreto, podedes deixar voar a vosa imaxinación a canda a dos nenos. Se vos sentides máis seguros seguindo a pauta das follas é outra opción confiarvos a un libro da nosa biblioteca ou traer algún que queirades da vosa casa. Pero o máis importante é que vós mesmos desfrutedes da experiencia e tamén a vivades, que vos confiedes e expresedes o que vos din as palabras, que vos axudedes do potencial da vosa voz ou incluso, se queredes, de elementos externos (teas, marionetas, disfraces…). O esencial é que sexa unha experiencia de enriquecemento para tod@s.

dream-333815__180

Despois de ler isto seguramente teñades ganas de vivilo, ben como espectadores ou como protagonistas. Anotádesvos á experiencia? Que non vola conten!

ACTIVIDADES PARA FEBREIRO E MARZO

Moit@s de vós pasastes a preguntarnos e suxerirnos actividades para este mes e o vindeiro, e dende a Biblioteca Rego da Balsa comprácenos moito poder facer oficial o programa que imos levar a cabo. Nel atoparedes obradoiros, presentacións, contacontos, proxeccións… para todos os gustos e… son de balde! A que esperades para botarlle un ollo?

Actividades para Febreiro e Marzo

Recordade tamén que hai actividades que precisan de inscripción previa, polo que é interesante que se tedes dúbidas en asistir vos anotedes xa, porque que as prazas voan!

Animádevos a participar e contádenos a experiencia, non vos arrepentiredes!

Febreiro Emocional

Este mes vos ofrecemos o mes máis tenro de todo o ano…, é o febreiro emocional! Os talleres estarán dedicados a mellorar a expresión corporal e emocional dos nen@s a través de música, a danza…, e os masaxes maternais!

Impartidos por Raquel Bello (psicología familiar) e Mª Luz Amigo (psicóloga gestática) de Oikos (Espacio de sensaciones, desarrollo y salud) as actividades se divíden en tres talleres: taller de masaxe maternal para bebés de 0 a 3 anos, taller de mímica de un conto de fantasía e taller de danza emocional e expresión corporal.

Febreiro Emocional

febreiro_2

Os obradoiros teñen un aforo limitado, polo que será necesaria a inscripción previa na biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981758580.

FEBREIRO EMOCIONAL
      • TALLER DE MASAXE MATERNAL. Raquel Bello e Mª Luz Amigo. con inscripción previa. Bebés de 0 a 3 anos | Venres 6 | 17:30h-18:30h. Aforo: 12 bebés (cada bebé pode vir caompañado de dúas persoas).

Masaxe

Máis información neste enlace en Issu.

        • TALLER DE MÍMICA DE UN CONTO DE FANTASÍA. Raquel Bello e Mª Luz Amigo. Con inscripción previa. Nen@s de 3 a 6 anos. | Martes 10 | 18:00h-19:00h. Aforo: 12 nen@s (cada neno pode vir caompañado de dúas persoas).

mimica

Máis información neste enlace en Issu.

  • TALLER DE DANZA EMOCIONAL E EXPRESIÓN CORPORAL. Raquel Bello e Mª Luz Amigo. Con inscripción previa. Nen@s de 3 a 12 anos.  | Martes 17 | 18:00h-19:00h. Aforo: 12 nen@s (cada neno pode vir caompañado de dúas persoas).

danza

Máis información neste enlace en Issu.

XA SABEDES…, NON ESPEREDES MÁIS INSCRIBÍDEVOS!

Dous meses da nova Biblioteca de Carballo: resumo fotográfico das actividades

Dentro duns días a nova Biblioteca de Carballo; a  Biblioteca Rego da Balsa de Carballo fará dous meses aberta a todos os carballes@s.

Dous meses de moitas actividades, visitas, usuarios, préstamos, de unha actividade frenética para que todos vós disfrutedes deste novo espazo de cultura e lecer. Deixámosvos nesta entrada un resumo fotográfico, dende a súa apertura, de algunhas das actividades que se levaron a cabo na #ABiblioPréstame e recordámosvos que esta semana podedes disfrutar do CONCERTO INFANTIL BRINCA VAI!  Paco Nogueiras . + 3 anos | Mércores17 |  18:00 e a MASTERCLASS: COMUNICACIÓN sXXI: BLOGS, PRENSA DIXITAL E YOUTUBE”  Con inscrición previa.+14 anos | Venres19 |  19:00 h

inaguracion8
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
inaguracion11
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
inaguracion4
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas
2014-10-30 13.41.23
Samaín na Biblioteca
2014-10-30 13.31.01
Samaín na Biblioteca
2014-10-30 17.06.26
Decorando as cabazas polo Samaín
Mostras bibliográficas
Mostras bibliográficas
MasterClass de Surf
MasterClass de Surf
Creación e obxetos en 3D con @mosarq
Creación e obxetos en 3D con @mosarq
Creación e obxetos en 3D con @mosarq
Creación e obxetos en 3D con @mosarq
Decorando as cabazas, obradoiro do Samaín
Decorando as cabazas, obradoiro do Samaín
Cartel de actividade
Cartel de actividade
Doazóns particulares
Doazóns particulares
Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís
Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís
Mostra literaria
Mostra literaria
Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís
Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís
Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís
Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís
Animación á lectura con perrosyletras.com
Animación á lectura con perrosyletras.com
Obradoironanas4
Xabier Díaz no obradoiro de nanas
Obradoironanas2
Xabier Díaz no obradoiro de nanas
Encontro-contos da taberna7
Encontro literario dos autores de “Contos na taberna”
2014-11-17 18.59.46
Xose Manuel López Eirís no noso photocall
Encontro literario dos autores de "Contos na taberna"
Encontro literario dos autores de “Contos na taberna”
Obradoiro de Scrapbook
Obradoiro de Scrapbook
Obradoiro de Scrapbook
Obradoiro de Scrapbook
Animación á lectura con perrosyletras.com
Animación á lectura con perrosyletras.com
Animación á lectura con perrosyletras.com
Animación á lectura con perrosyletras.com
Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz
Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz
Obradoiro de impresión 3D con @lupeon3D e @vermislab
Obradoiro de impresión 3D con @lupeon3D e @vermislab
Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz
Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz
Obradoiro de Washi-Tape
Obradoiro de Washi-Tape
Yolanda Castaño presentando "A segunda lingua"
Yolanda Castaño presentando “A segunda lingua”
Yolanda Castaño presentando "A segunda lingua"
Yolanda Castaño presentando “A segunda lingua”
Material que podedes encontrara na biblioteca para axudarvos a contar contos!
Material que podedes encontrara na biblioteca para axudarvos a contar contos!
Pequena mostra bibliográfica adicada ás mascotas
Pequena mostra bibliográfica adicada ás mascotas
Cancións, contos, historias cantadas ou con música son algúns dos materiáis que podedes atopar na biblioteca para os meniñ@s.
Cancións, contos, historias cantadas ou con música son algúns dos materiáis que podedes atopar na biblioteca para os meniñ@s.
María Reimóndez presentando a novela "Dende o conflito"
María Reimóndez presentando a novela “Dende o conflito”
María Reimóndez presentando a novela "Dende o conflito"
María Reimóndez presentando a novela “Dende o conflito”
Obradoiro de Washi-Tape
Obradoiro de Washi-Tape
Obradoiro de Washi-Tape
Obradoiro de Washi-Tape
Visitas escolares
Visitas escolares