Día de Rosalía de Castro

#EuSonRosalía,Blog

Rosalía de Castro é unha das escritoras máis importantes da literatura galega de todos os siglos, e desde logo, a poeta e narradora máis canonizada da nosa literatura…

Encontramos nela diversos perfís, o dunha muller que loita cos conflitos que se atopa por querer dedicarse á escrita profesional; o dunha persoa cunha complicada orixe familiar (filla dun cura e de nai aristócrata); o dunha escritora que foi quen de cultivar xéneros tan diversos como o teatro, a novela, o ensaio, o manifesto, o conto ou o artigo; o dunha creadora que se familiazaba con estilos literarios de carácter internacional como o romanticismo, a literatura fantástica, o naturalismo e o realismo, o simbolismo ou o gótico. Todos eses perfís eran Rosalía e se plasmaban nas súas obras, e en cada verso, e en cada liña.

Aínda que a crítica e estudio da súa obra se centra, fundamentalmente, en “Cantares gallegos” (1863) e en “Follas novas” (1880), é tamén autora dos libros de poemas en castelán “La flor ” (1857), “A mi madre” (1863) e “En las orillas del Sar” (1884).

Pero a súa obra non remata na poesía, continúa na narrativa con  “La hija del mar” (1859), “Flavio” (1861), “Ruinas” (1866), “El caballero de las botas azules” (1867) ou “El primer loco” (1880). E tamén nos deixou pezas breves, artigos e cadros de costumes como o hoxe desaparecido “El Codio” (1864), “El Cadiceño” (1866), “El domingo de Ramos” (1881), “Costumbres gallegas” (1881) e “Conto gallego (1903) e doutras incursións prosísticas, como “Lieders” (1858) ou “Las literatas” (1866).

O seu recoñecemento literario, ou mellor dito, “canonización literaria” veulle a escritora post mortem e continuou ata o presente.

Este mércores, día 25, ás 19 horas, poderes coñecer máis de cerca a Rosalía na súa obra Cantares Gallegos coa estrea e proxección do documental “I ante aquel silencio mudo. Rosalía e Cantares” no auditorio da biblioteca. A entrada é de libre e de balde e para maiores de 14 anos.

rosalia_2

Ademáis ao longo de toda esta semana no recuncho dedicado a Rosalía vos mostraremos unha serie de materiais: documentais, escolma de poemas, recitais en cedé, “Cantares Gallegos” ou “Versos a Compostela”, a vida e obra da autora, música dos seus poemas, Uxía a entre outros están a vosa disposición.

 Seguide as nosas recomendación de lectura e as nosos mostras bibliográficas a través do noso Pinterest: bibliocarballo.

collage_rosalia

 Seguídenos tamén na nosa conta de Spotify e atoparedes a nosa playlist ou lista de música dedicada a Rosalía de Castro:

Se queredes máis información, coñecela mellor, atopar máis recursos ou coñecer todas as súas obras inéditas, consulta a páxina do Consello da Cultura Galega creada en 2013: “Centro de recursos: Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada“.

Tamén podedes encontrar en liña o documento “Cantares para Rosalía: nove poetas galegas dialogan cos seus versos“que é a transcripción de un recital organizado polo Concello da Cultura Galega o 21 de marzo de 2013.

Tamén podedes disfrutar do vídeo gravado o ano pasado “Recitando a Rosalía desde Carballo”, onde varias persoas recitan en Carballo un fragmento de “Prá á Habana”, da nosa poeta nacional Rosalía de Castro.

O vídeo o podedes atopar no canal de Youtube do Concello de Carballo: Concello Carballo.

Ademáis esta semana en Carballo, podemos seguir celebrando a Rosalía o día 27 de febreiro cun concerto de Narf baseado en poemos de Rosalía “A lingua viaxeira” no Pazo de Cultura ás 21 horas.

rosalia


XAN

Xan vai coller leña ó monte,

Xan vai a compoñer cestos,

Xan vai a podá-las viñas,

Xan vai a apañá-lo esterco,

e leva o fol ó muíño,

e trai o estrume ó cortello,

vai á fonte por augua,

vai a misa cos nenos,

fai o leito i o caldo…

Xan, en fin, é un Xan compreto,

desos que a cada muller

Ile conviña un polo menos.

Pero cando un busca un Xan,

casi sempre atopa un Pedro.


Pepa, a fertunada Pepa,

muller do Xan que sabemos,

mentras seu home traballa,

ela lava os pes no rego,

cátalle as pulgas ó gato,

peitea os longos cabelos,

bótalles millo ás galiñas,

marmura co irmán do crego,

mira si hai ovos no niño,

bota un ollo ós mazanceiros,

e lambe a nata do leite,

e si pode bota un neto

ca comadre, que agachado

traillo en baixo do mantelo.

E cando Xan pola noite

chega cansado e famento,

ela xa o espera antre as mantas,

i ó velo entrar dille quedo:


-Por Dios, non barulles moito,

que me estóu mesmo morrendo.

-¿Pois qué tes, ña mulleriña?

-¿Qué hei de ter? Deita eses nenos,

que esta madre roe en min

cal roe un can nun codelo,

i ó cabo ha de dar comigo

nos terrós do simiterio…

-Pois, ña Pepa, toma un trago

de resolio que aquí teño,

e durme, ña mulleriña,

mentras os meniños deito.


De bágoas se enchen os ollos

de Xan ó ver tales feitos;

mas non temás, que antre mil

n’hai máis que un anxo antre os demos;

n’hai máis que un atormentado

antre mil que dan tormentos.

Todos somos Rosalía, 

#EuSonRosalía !

Sin título

Advertisements