Coleccións

Na biblioteca dispoñemos de diferentes mobles dedicados específicamente a sagas e coleccións de libros que pensamos que vos poden interesar ter xuntos e destacados, para facilitarvos a súa procura no mar de opcións que vos ofrecemos.

A continuación indicámosvos cales son as seccións de coleccións que temos distribuidas polos espazos da biblioteca:

  • SECCIÓN INFANTIL:
    • 4 a 7 anos: Selección de libros das diferentes zonas de 4 a 7 anos.
    • Novelas de 7 a 14 anos: Atoparemos as mellores coleccións de novelas nos tres rangos de idades situados na zona de maiores: Vermellos (7 a 9 anos), Verdes (10 a 12 anos) e Amarelos (12 a 14 anos, considerados xa xuvenil pero ubicados na zona infantil de xeito provisional).
    • Saberes de 7 a 14 anos: Clasificados según os mesmos rangos de idade anteriores, temos enciclopedias e coleccións de libros relacionados entre sí, con información sobre diferentes materias. Estes materiais están ordenados según a CDU, ao igual que os Saberes de adultos.
  • SECCIÓN XUVENIL: Sagas e coleccións de novelas para a rapazada de 14 a 17 anos, nos xéneros da zona xuvenil. Lembrade que estes materiais levan unha etiqueta adhesiva en cor verde clara.