Condicións de acceso

O método de acceso a cada unha das actividades estará especificado no boletín de actividades.

Estes son os diferentes métodos de acceso que podedes atopar para as diferentes actividades:

INSCRICIÓN PREVIA

A inscrición será telefónica, chamando ao número 981 75 85 80 e solicitando a túa praza. Debes facilitar os datos persoais das persoas inscritas. Farase lista de agarda e, en caso de vacante, as persoas anotadas nela serán avisadas por orde de inscrición antes do evento. Máximo 2 inscricións por persoa.

ACCESO LIBRE

Este tipo de actividades son de acceso libre ata completar aforo.

RECOLLIDA DE CONVITES

Para estas actividades, terás que achegarte á biblioteca para recoller os teus convites. Estes non se poderán reservar. Máximo 2 convites por persoa.
Para facilitar o acceso a todas as persoas, o día que comece o reparto de convites reservarase o 50% dos mesmos para repartir nunha quenda de mañá (de 10:30 a 16:00 h.) e o outro 50% para repartir das 16:00 en adiante, ata esgotalos.

RESTRINXIDO

Actividades previamente concertadas con grupos específicos, por exemplo, visitas de centros de ensino, asociacións…

PRAZO DE INSCRICIÓN OU RECOLLIDA DE CONVITES

Comezará 7 días antes do evento (se é día inhábil, comezará o día hábil seguinte).

A persoas que non poidan asistir ás actividades comprometidas deben devolver os convites na biblioteca ou avisar da súa ausencia con anterioridade ao evento.
A non asistencia a actividades con aforo limitado sen aviso á biblioteca de xeito reiterado poderá ocasionar a perda do dereito a asistir a futuros eventos.

Estas normas poderán sufrir cambios por razóns organizativas, os cales se informarán oportunamente polas canles habituais.
A %d blogueros les gusta esto: