
A partir dos 7 anos ata os 12 os rapaces e as rapazas teñen un espazo no que estudar, aprender e, sobre todo, ler comodamente.
Nesta sección conviven dúas divisións orientativas de idade que corresponden coas nosas recomendacións de lectura para axudarvos a elixir o material que necesitedes: lecturas para nen@s de 7 a 9 anos e para nen@s de 10 a 12 anos. A dúas divisións diferéncianse nas cores das súas pegatinas (ou texuelos), xa que as recomendacións de 7 a 9 anos van en vermello e as de 10 a 12 en verde.


Nesta zona, de xeito provisional, temos tamén os libros de cor amarelo, que se corresponden en idade coa división de 12 a 14 anos, e que pertencen xa á categoría de libros xuvenís.
A narrativa leva unha división por xéneros que facilita a súa procura: novela fantástica, de aventuras, social, intriga e misterio, da vida cotiá, e outros xéneros como teatro ou poesía.
Ademais da zona de narrativa, temos tamén a zona Saberes, na que se recollen todos os libros necesarios para que rapazada prepare os seus traballos da escola ou busquen calquera tipo de información dos temas que máis lles interesen. Hai de todo: dicionarios, atlas, libros de natureza, de manualidades e mesmo de cociña!