Facerme soci@

Non lembro se son soci@ da biblioteca

Ao pertencer á Rede de Bibliotecas de Galicia, calquera persoa que teña carné dalgunha das bibliotecas integrantes da mesma será automaticamente socia das Bibliotecas de Carballo.
Do mesmo xeito, o feito de ter carné das Bibliotecas de Carballo autorizará o uso das demais bibliotecas da rede.

Como pido o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia?

opción online

Preme aquí e cubre o formulario.
Lembra que terás que recoller o carné persoalmente na biblioteca da túa escolla, onde deberás amosar o DNI ou outro documento identificativo e asinar a solicitude, además de sacar unha fotografía para a túa ficha.

No caso de que sexas menor de idade, o teu pai, nai ou persoa adulta responsable deberá asinar a solicitude presencialmente na biblioteca.

opción presencial

Visita algunha das bibliotecas da Rede e solicita o carné cubrindo o formulario de alta e sacando unha fotografía para a túa ficha. Tanto para a alta como para a recollida do carné debes amosar o teu documento de identidade.

Se eres menor de idade, o formulario de alta debe recoller a sinatura e documento de identidade da persoa adulta responsable.

Que me permite facer o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia?

  • Consultar o catálogo.
  • Xestionar un carriño de documentos seleccionados para gardar as descricións, envialas por correo electrónico, descargalas ou imprimilas.
  • Consultar o historial de buscas.
  • Crear listas privadas con seleccións de documentos do catálogo ou consultar as listas públicas creadas polas bibliotecas.
  • Propoñer a compra de obras para incorporalas á colección.   
  • Solicitar que modifiquen os teus datos persoais.
  • Cambiar o contrasinal de acceso.
  • Colaborar no catálogo enriquecéndoo por medio de comentarios ou etiquetas relativos aos documentos. Estes comentarios ou etiquetas se publican no catálogo unha vez son aprobados por un/-ha bibliotecari@, pero reflicten a opinión d@s lector@s e non a das bibliotecas integrantes do catálogo.
  • Beneficiarte do servizo de préstamo.
  • Consultar os préstamos vixentes e os anteriores realizados.
  • Renovar os préstamos.
  • Reservar documentos prestados.
  • Acceso aos recursos en liña dispoñibles, como GaliciaLe.
  • Recibir información sobre as actividades da túa biblioteca de referencia por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: