
A plataforma GaliciaLe é a plataforma de préstamo de materiais electrónicos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato electrónico compatible con todos os dispositivos móbiles e en diferentes temáticas, e respondendo a diferentes idades e intereses, facendo posible a lectura de libros electrónicos a través de internet.
Para comezar, visita a web galiciale.gal. Ao entrar verás dúas opcións: o acceso ao catálogo en galego e o acceso ao catálogo en galego eBiblio.

Uha vez selecciones o catálogo que desexas empregar, debes iniciar sesión como usuari@ so servizo.
Para poder ter acceso á plataforma debes ser soci@ dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Ao darte de alta, recibirás unhas claves no teu correo electrónico, e con elas poderás acceder á túa sesión persoal e comezar a facer uso do servizo.

O teu usuario sempre será o teu número de lector (número que figura no teu carné) e o contrasinal será a que se che envíe por correo electrónico unha vez dad@ de alta.
Como ingreso á miña conta?
Introducindo as claves que recibiches no teu correo electrónico no momento no que te deches de alta como soci@ a rede.
OLLO! Se non indicaches o teu enderezo de correo electrónico na alta de soci@ non as puideches recibir.
Non recibín as miñas claves.
Primeiro comproba que o correo non está no cartafol de correo lixo, xa que en ocasións se envía automaticamente alí. Se non é así, contacta coa biblioteca e volveremos a mandarchas.
Non lembro as miñas claves.
Debaixo da zona de acceso pon “Esqueceu o seu contrasinal? Prema aquí“. Aí deberás introducir o teu número de usuario (é o número que figura na túa tarxeta) e poderás establecer un novo contrasinal.
Se cando te deches de alta non recibiches as túas claves, ou non te lembras das mesmas, contáctanos e chas reenviaremos.
Poderás modificar a túa contrasinal sempre que ti queiras.
Unha vez iniciada a túa sesión, poderás atopar as obras máis destacadas ou favoritas así como as máis emprestadas. Poderedes facer pesquisas dos teus materiais ou acceder aos diferentes contidos a través das diferentes categorías: arte, biografías, ciencias da saúde, ciencias naturais e matemáticas, ciencias sociais, computación e informática, filosofía, historia, infantil e xuvenil (ficción), libros interactivos, literatura e lingua, tecnoloxía, enxeñaría e industria.

Ademais dentro de cada categoría podemos filtrar a pesquisa por autor, idioma, xénero, ano de publicación ou editorial. Tamén poderemos gardar as nosas buscas en favoritos ou envialas por correo electrónico.

Unha vez se accede a unha das obras dispoñibles podemos visualizar os diferentes formatos de descarga e tamén nos ofertará a opción de ler en liña os documentos.

Para coller en préstamo un libro debemos premer no botón de emprestar. Na seguinte pantalla poderemos ver a nosa data de devolución e as distintas opcións de lectura. A duración do préstamo é de 21 días. A plataforma tamén nos permite reservar os materiais.


Xa sabedes, xa podes comezar a utilizar a plataforma Galiciale: as túas lecturas electrónicas a tan só un clic!
E se aínda che queda algunha dúbida, aquí tés un breve vídeo presentando a plataforma: