Información e préstamo

Nada máis entrar na biblioteca poderás ver o mostrador de información e préstamo.

Alí te atenderemos para calquera dúbida ou consulta que poidas ter e para realizar o préstamo e devolución de materiais, así como renovacións, reservas e outras xestións que teñan que ver cos fondos. Será aquí onde poderás solicitar a alta como soci@ e preguntarnos se dispoñemos do título que andas a buscar no noso catálogo,e nós indicarémosche a súa localización física.

Aquí te agardamos todo o equipo!