Ludoteca

 A LUDOTECA

A Ludoteca Municipal de Carballo é un espazo deseñado para o desfrute d@s máis pequen@s xunto coas súas familias, ao tempo que se procura unha inmersión no idioma da nosa terra, o galego.

Mostrando 20141027_192307.jpg

Sala da Ludoteca

Este edificio conta con varias salas adaptadas ás necesidades d@s meniñ@s. Nada máis entrar podedes atopar unha sala con mesas onde pintar, debuxar ou deixar fluir a creatividade en papel; ademáis tamén dispoñemos de varios estantes ateigados de libros con idades recomendadas para deixar voar a imaginación e sumerxerse no mundo literario: viaxes a illas de fantasía; volta no tempo á era dos dinasauros; visitas guiadas polos Bolechas… e moitas historias máis que se che pasen pola cabeza.

Mostrando 20141027_192251.jpg

Nenos xogando na Ludoteca

Mostrando 20141027_192215.jpg

Libros na Ludoteca

     Se continuas máis adentro, atoparás unha sala chea de xoguetes, puzzles e outr@s compañeir@s de xogo, cos cales inventar diferentes situacións para divertirse e pasar o tempo. Por último, temos á vosa disposición unha sala chea de xogos de mesa, cos cales podes “crebar a cabeza”, competir debuxando, botar unha partida ó catro en raia ou axilizar a memoria con xogos de cartas variados.

Mostrando 20141027_192201.jpg

Xoguetes na Ludoteca

   Con todo isto… aínda dubidas en vir?

   Algúns dos obxectivos que pretendemos acadar convosco son:

  • Servir de lugar para a normalización lingüística do galego.
  • Promover a interacción d@s máis cativos para acadar o desenvolvemento e mellora de diferentes habilidades sociais, educación emocional…
  • Fomentar valores tan importantes como o respecto, a tolerancia e o saber ser e saber estar cos iguais.
  • Aproveitar o espazo para o desfrute de datas sinaladas, como por exemplo aquelas relacionadas coa tradición popular: Samaín; Nadal, etc.
Mostrando 20141027_192059.jpg

Zona de xoguetes e pupitres na Ludoteca

Horario da Ludoteca: 

A actividade semanal da ludoteca será a seguinte:

· Luns, mércores e venres: a ludoteca abrirá no horario habitual, sen límite de idade e cun aforo limitado de 15 nen@s coas súas familias.

· Martes e xoves: a ludoteca abrirá as súas portas para realizar as actividades guiadas programadas cos cativos de 3 a 8 anos preinscritos no horario establecido para as mesmas.

De Luns a Venres

17:00 a 19:00

(En períodos vacacionais o horario pode variar)

Mostrando 20141027_192147.jpg

Zona de mostrador e de manualidades

Nota para os pais, nais e titores legais:

A Ludoteca é un lugar o que acoden menores de idade, así como @s vos@s fill@s, polo que os titores e responsables íntegros d@s máis cativ@s sodes vos. Aínda que un neno ou nena quede por uns intres só na Ludoteca, recordamos e aconsellamos que o ideal e que estén na vosa compañía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s