

Nesta zona da biblioteca atoparedes libros clasificados por materias, onde poderedes recopilar toda a información que precisedes para realizar traballos e investigacións, asesorarvos sobre calquera tema, ou mesmo aprender polo propio pracer de facelo!
Este materiais están indicados para público adulto e xuvenil (a partir dos 14 anos)
Como se organizan os materiais?
Os materiais están organizados seguindo a Clasificación Decimal Universal (tamén coñecida como CDU), que atribúe un número a cada unha das disciplinas e subdisciplinas do saber humano, ordenadas xerárquicamente desde o máis xeral ao máis específico.
En termos básicos, o saber humano queda representado de acordo co sistema numérico decimal en dez grandes grupos, polo que a CDU presenta as seguintes clases principais:

Cada unha destas clases principais está dividida en 10 subclases que, á súa vez, poden subdividirse. Normalmente, a suma dun díxito máis indica un tema subordinado.
Exemplo:

Na táboa 5, correspondente a Matemáticas. Ciencias naturais, podemos ir desglosando subcategorías, de xeito que 52 correspondería a Astronomía. Astrofísica. Investigación espacial. Xeodesia, 524 estaría dentro da anterior e recollería Estrelas. Sistemas estelares. O universo, e concretariamos máis en, por exemplo, 524.7, Sistemas extragalácticos.