bag

Actividades fresquiñas para este verán!

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog

Chega o verán e con el o sol e as terraciñas, a praia e as lecturas sobre a area… Pero tamén chegan os festivais, os campamentos, as feiras medievais, os eventos ao aire libre… e na Biblioteca Rego da Balsa centos de ocasións para refrescarvos mañás e tardes deste trimestre caloroso (e se chove que chova)! Seguide lendo:

biblioOK

O verán comeza forte. Nas nosas instalacións continuamos cos contacontos para @s máis pequerrech@s da casa e para as súas familias, con historias para bebés de 0 a 3 anos, seredes quen de imaxinar un mundo diferente, cheo de cores e texturas… que máis se pode pedir que voltar á infancia con contos e cancións tan amenos coma os dos nosos contacontos #ABiblioConta? Atoparédelos o primeirosábado de xullo e agosto ás 11:30 h, e lembrade reservar praza chamando á biblioteca ou enviando un e-mail a biblioteca@carballo.org, pois esgótanse con facilidade!

13533240_864637887003295_8660142919695487495_n

O público adulto poderá gozar con actividades tan variadas como a proxección da curtametraxe “El último aliento”, que terá lugar o mércores 6 de xullo ás 19:00 h, onde se nos presentará a problemática na que pode derivar a contaminación e as dificultades económicas cun protagonista que vive illado na súa casa; pero tamén coa presentación literaria da obra de Geli Romero: “Otra oportunidad”, unha historia de amor e novos sendeiros que xorden durante o camiño de Santiago. Esta última cita terá lugar o venres 8, ás 20:00 h no noso auditorio.

Pero se o voso amor reside na literatura, a seguinte cita é imprescindible. Dende o 21 ao 24 de xullo (inclusives), na praza do Concello, estarán varios postos celebrando a “Praza dos Libros”, e a nosa Biblioteca Rego da Balsa non pode faltar! Poderedes atoparnos no noso posto e teremosvos preparadas varias sorpresas: préstamos e altas de usuari@s alí mesmo, e ata unha actividade-concurso para público infantil, para a que será preciso inscribirse dende o día anterior, dispoñible para nen@s a partir de 4 anos. Achegádevos, pois haberá moito que ver 🙂

IMG_20150822_113050

Moit@s de vós fostes @s que nos pediron obradoiros de diversas materias, por iso temos preparados dous moi distintos pero súper creativos!

Despois da gran acollida que presentou a reserva de prazas para o “Obradoiro de iniciación á ilustración”, organizado pola Asociación Artística Creaformas e impartido por Mon Lendoiro, optouse por ampliar o espazo a dous grupos diferentes. Un deles é o dos venres 15, 22 e 29 de xullo, de 10:30 a 13:30 h; outro os sábados 16, 23 e 30 do mesmo mes, de 10:00 a 13:00 h. Comprácenos dicir que case están todos os ocos cubertos, pero aínda queda algún dispoñible. Apurade a anotarvos chamando ou enviando un e-mail á Biblioteca Rego da Balsa.

Por outra banda, en todos os martes e xoves de agosto (excepto o 16) e o 1 e 6 de setembro de 11:00 a 13:00 h, @s usuari@s que reserven praza chamando ou enviando un e-mail á Biblioteca Rego da Balsa, poderán gozar con “Hibridar o imaxinario”, un obradoiro de creación literaria impartido pola escritora local Rosalía Fernández Rial, contando ademáis cunha sesión maxistral levada a cabo polo poeta coruñés Paco Souto. Que máis se pode pedir? Todo isto é posible grazas á Asociación Escritoras-es Lingua Galega, co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e a Consellería de Cultura, e coa colaboración do Concello de Carballo. Correde a anotarvos, pois nunha actividade tan interesante as prazas non duran moito tempo baldeiras!

Se o voso é a séptima arte, en agosto traemosvos un filme ben interesante, “O club da calceta”, baseado na novela homónima de María Reimóndez. Unha historia onde seis mulleres comparten experiencias e frustracións das súas vidas e toman conciencia das súas situacións para superalas. Un filme que non podedes deixar de ver. Tremendamente recomendado, proxectarémolo o vindeiro 25 de agosto, ás 19:00 h! Para tódolos públicos e con entrada libre, non faltedes!

el-club-de-la-calceta

Con setembro chega o inicio do curso, e con el un faladoiro da Cruz Vermella o xoves 22 ás 20:00 h, no que @s voluntari@s desta asociación solidaria nos falarán de todo o traballo que realizan e nos informarán sobre aquelas dúbidas que teñamos sobre a mesma asociación. Coñecede os proxectos que a Cruz Vermella ten preparados para Carballo e animádevos a compartir solidariedade!

Neste mes tamén contaremos con outra presentación literaria, esta vez cun toque musical, pois Carlos Rego falaranos dun libro que recolle a historia dunha das bandas musicais máis innovadoras dos anos oitenta: “Derribos Arias. Licencia para aberrar”. Para moit@s seguramente será unha volta aos tempos mozos e para outr@s será todo un descubrimento. Venres 23 ás 19:30 h no noso auditorio!

E como non, este mes tamén contará coa súa proxección. O xoves 29 ás 19:00 h proxectaremos unha curtametraxe chamada “Boteime a andar”, de Pablo Lomba, a cal recibiu o premio á mellor realización na II Edición do Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas, vide a descubrir o porqué deste galardón!

Por último, restanos comunicarvos que, coma en meses anteriores, @s amig@s da Asociación de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain continuarán levando a cabo o seu ciclo de “Sábados de literatura francófona”, uns clubs de lectura en francés para público adulto e os cales recomendamos enormemente!

fondopantalla3

Xa sabedes a que citas ides asistir? Costa decidirse… Por qué non a todas! Agardámosvos!

child-850509_1280

As Lecturas da Balsa (Infantil)

Blog,Novidades

Este verán non esperes a que outros elixan por ti! Xa temos preparadas as novas guías de recursos da biblioteca. Especial verán. Para cada idade eleximos as novidades e os recursos máis recomendados, e case sempre algúns dos materiais máis emprestados ou máis suxeridos polo nosos usuarios. Sabemos que vos van a gustar.

As lecturas

Esta primeira quenda de recursos está dirixido ao público infantil, dividido en nen@s de 0 a 3 anos, de 4 a 7 anos e de 7 a 12 anos.

Para os bebés podedes escoller ante unha gran variedade de materiais que van desde os libroxogo, os libros con son, os libros de tela ou os de marionetas. A nosa seleccion vos fará centrar a vosa atención en cada tipo de material e tamén coñecer o que máis lles gusta os cativos.

child-817371_640

Para @s meniñ@s de 4 a 7 anos pasamos aos despregables, os libros sobre os sentimentos e hábitos, libros de letra minúscula ou maiúscula, caligráfica, contos clásicos, e en definitiva, as colección máis divertidas.

grass-655266_640

Para @s nen@s de 7 a 12 anos, temos para vós libros, banda deseñada, películas, música, audiolibros, xogos de ordenador… E por suposto, as súas coleccións favoritas: Tea Stilton, Gerónimo, Tintín, Kika, Megatoxos, Diario de Greg … Bótalle unha ollada a esta entrada pasada sobre as nosas coleccións.

E non vos olvidedes que aínda tedes dispoñible o noso recuncho dedicado a #CarballoMirandoaoMar no que poderedes escoller materiais cunha temática común máis que veraniega, o mar.

Accedede As Lecturas da Balsa a través da nosa conta de Issu:

E recorda que para coñecer a dispoñibilidade do material só terás que acceder ao noso catálogo.
Boas lecturas! 😉

20150310_165040

A Biblio Conta … moitos contos!

Actividades,Blog

O pasado día 7 de marzo na biblioteca contamos o conto de Carapuchiña Vermella dun xeito moi especial. Como todos sabedes a partir de agora todos os meses, o primeiro sábado de cada mes, as bibliotecarias contaremosvos un conto. Bueno, moitos contos!

20150310_165220

Para realizar o conto utilizamos diferentes ferramentas, pero o ingrediente fundamental foi engadir moito, moito cariño, polos libros e polo público.

20150307_11404620150307_115935

Contamos o conto de Carapuchiña Vermella acompañadas duns queridos compañeiros e un teatrillo de contos feito por nós:

20150310_16505320150310_165024

Encontraredes máis información sobre como fixemos este teatrillo a través da carpeta que encontraredes no Pinterest dedicada ao contacontos:

Sigue o tablero #ABiblioConta de Bibliotecas de Carballo en Pinterest.

Tamén confeccionamos unha capa e unha máscara do lobo. Brrrrr…, que medo!

IMG-20150303-WA0002

Tamén utilizamos dúas versión do conto:

  • “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” de Antonio Rodríguez Almodóvar.

O conto tradicional con pinceladas de humor que gustarán a toda familia. Carapuchiña máis lista e máis divertida que nunca.

  • “Confundindo historias” de Gianni Rodari.

Un avó lle conta a súa neta o conto de Carapuchiña Vermella, ou bueno Carapuchiña Verde como diría él ou Carapuchiña amarela… O avó no se sabe o conto! Pero a nena atopa esto moi divertido porque o final gaña unha moeda para comprar lambetadas.

😉

  • “Xiqui Xoque, Fiú Fiú” de María Fumaça.

Non podemos olvidar a música que utilizamos para ambientar o conto. E coa canción de “Lúa” deste disco encontramos a banda sonoro perfecta para o conto de Carapuchiña!

 20150307_120146

Na biblioteca ademáis podemos encontrar diversos recursos moi útiles como os audiolibros da zona de “Libros+Audio” da zona de 7 a 12 anos. A colección Audiocontos da Editorial Galaxia é unha fantástica idea para comezar. Querdes aprender a contar contos? Votade unha ollada.

20150307_11513220150310_165220

BÚSCANSE

Pais e nais contan

Actividades,Blog,Infantil

A hora do conto é para moit@s cativ@s o seu momento preferido do día. Tras unha dura xornada de escola e actividade constante tolean por pasar un anaquiño de tempo relaxados escoitando e soñando coas maravillosas historias que lles len seus pais.

Para as mamás e papás tamén é un momento de satisfacción, xa que poden pasar un tempo de calidade e gozo cos seus fillos.

Pero a hora do conto non só ten que ter lugar na casa antes de ir durmir, senón que tamén pode haber momentos de desfrute ao longo de todo o día, e non soamente son os papás e as mamás os que necesariamente participan como narradores, senón que poden ser avós, avoas, amig@s, tí@s ou incluso @s propi@s nen@s.

Por ese motivo, ofrecémosvos a oportunidade de botar a voar a vosa imaxinación e creatividade, invitándovos a participar nun fermoso proxecto que iniciamos a semana pasada, chamado “Pais e nais contan”.

pais_e_nais_contan

En que consiste? É moi sinxelo. Podedes compartir as historias preferidas d@s vos@s fill@s e contárllelas ao resto de nenos e nenas que acoden á Biblioteca, converténdovos en contacontos non só nas vosas casas, senón ante un público agradecido e ávido como o que máis na vosa biblioteca.

Podedes elixir contos populares, dos que figuran no noso fondo bibliográfico, ou dos que teñades vós na casa, e se preferides incluso podedes contar esa historia inventada por vós que fai que os vosos nenos escachen coa risa.

Non vos asustedes, non tedes que ser profesionais. Sacudide a vergoña e atrevédevos, xa veredes como resulta ser unha experiencia preciosa e divertidísima!

O pasado xoves unha mamá e un papá xa se atreveron e o resultado foi todo un éxito, nin un só neno pestanexou! Un dez a Yolanda e Ramón, os aventureiros que leron “Nouky descubre los sabores”, “El Pollo Pepe” e “Cocorico”.

O único que tiveron que facer estes dous valentes foi achegarse á biblioteca e anotarse como voluntarios para o último xoves de mes ás 18:00 h., que é cando se celebrarán as sesións.

Precisamos da vosa axuda!

moon-478982__180

Pais e Nais Contan, anótate!

Actividades

Na #biblioteca de Carballo temos unha nova #actividade mensual feita por e para vós. É a chamada “Pais e Nais contan”, na que moit@s voluntari@s da zona (nais, pais, avos, avoas, tí@s, educadores…) se atreven a contarnos unha historia para o desfrute d@s máis pequen@s da casa. Así, os nenos e nenas que se acheguen nesas datas sinaladas á Biblioteca Rego da Balsa poderán desfrutar con tódolos sensos os contos máis orixinais e con máis sentimento da comarca, posto que poden ser #contos que xa coñecemos, pero tamén poden ser inventados pol@ voluntari@.

Se coñecedes algunha cativa ou cativo ó que lle guste escoitar e ver as #historias, sentilas en primeira persoa… Non vos perdades estas oportunidades que nos ofrecen cada mes moit@s afeccionad@s e/ou profesionais dos contacontos. A maxia é para nen@s, pero tamén para maiores, vide e desfrutádea.
pais_e_nais_contan
Por outra banda, se queredes facer vós os #contacontos, animádevos e poñédevos en contacto co persoal da Biblioteca Rego da Balsa. Asesorarémosvos para saber como comezar, se é que o precisades! Ademáis, non tedes por qué seguir un libro concreto, podedes deixar voar a vosa imaxinación a canda a dos nenos. Se vos sentides máis seguros seguindo a pauta das follas é outra opción confiarvos a un libro da nosa biblioteca ou traer algún que queirades da vosa casa. Pero o máis importante é que vós mesmos desfrutedes da experiencia e tamén a vivades, que vos confiedes e expresedes o que vos din as palabras, que vos axudedes do potencial da vosa voz ou incluso, se queredes, de elementos externos (teas, marionetas, disfraces…). O esencial é que sexa unha experiencia de enriquecemento para tod@s.

dream-333815__180

Despois de ler isto seguramente teñades ganas de vivilo, ben como espectadores ou como protagonistas. Anotádesvos á experiencia? Que non vola conten!

Novas lecturas para o 2015

#ABiblioPréstame,Blog
ler para crecer

Novas lecturas para o 2015!

Este 2015 comezamos o ano na Biblioteca Rego da Balsa con novas lecturas para vós. Desde a nosa apertura o día 24 de outubro de 2014, Día das Bibliotecas, recibimos unha gran cantidade de doazóns  de veciñ@s e personalidades de Carballo, polo que aproveitamos para agredecer encarecidamente ese esforzo desde a biblioteca.

Ademáis comezamos o  ano con novidades nos diversos xéneros literarios que non vos podedes perder:

“Tan fuerte, tan cerca” de Jonathan Safran Foer.

Xénero: intriga y misterio.

Oskar Schell é un neno de nove anos moi especial, dotado dunha aguda sensibilidade e dun talento versátil, que, tras perder o seu pai o 11 de setembro de 2001, encontra entre os aparellos do defunto un sobre coa palabra «Black» escrita no dorso e unha chave no seu interior. Inmediatamente o pequeno decide que esa chave resolverá o misterio do último día do seu pai, explicará por que estaba nas torres, cal foi o motivo da súa morte.

“La isla bajo el mar” de Isabel Allende.

Xénero: novela romántica.

“La isla bajo el mar” de Isabel Allende narra a azarosa historia dunha escrava no Santo Domingo do século XVIII que logrará librarse dos estigmas que a sociedade lle impuxo para conseguir a liberdade e, con ela, a felicidade. Esta é a historia de Zarité, unha rapaza mulata, que aos nove anos é vendida com ou escrava ao francésValmorain, dono dunha das máis importantes plantacións de azucre da illa de Santo Domingo. Ao longo da novela viviremos corenta anos da vida de Zarité e o que representou a explotación de escravos na illa no século XVIII, as súas condicións de vida e como loitaron para conseguir a liberdade.


Tamén na liña dos relatos atoparedes as seguintes novidades:

“55” de Xavier Queipo.

Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis.

“Salseiros” de Suso Lista.

Unha recompilación de textos, cheos de sal e ironía, de lembranzas,vén a demostrar a arte déasche polifacécito artista, que xa está a armar a travésrede unha especie de exposición de arte efémera coas formas dás areaspraia do Osmo espectacular.

“Sonámbulos” de Suso de Toro.

Somnámbulos é un libro que inclúe tres historias, ou relatos curtos. Nos tres, os protagonistas sofren claros problemas para durmir (de ahí o título do libro) e as historias narradas transcorren nunha mesma época: un pasado común e moi recente.

“As ilusións estrañas” de Antón Dobao.

A fronteira entre ou real e ou imaxinario, ese territorio non que a realidade parece que perde a súa consistencia, é ou lugar onde aniñan “Ás ilusións estrañas”. Trátase do xogo de ficción, no que o autor introduce a quen lsen que, ata ou momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.

“Instruccións para tomar café” de Manuel Núñez Singala.

Cunha temática diversa que vai do humor e as preocupacións lingüísticas a unha volta dos contos populares, o autor manexa dentro do breve rexistros que abranguen a sorpresa, a reflexión a xeito de microensaio, a fantasía, os contos…

Novidades na biblioteca.

Novidades na biblioteca.


Pero ademáis vos damos máis pistas para que elixades as vosas novas lecturas de 2015, vos presentamos algunhas das obras máis prestadas do último trimestre de 2014:

Sés posando co noso lema

Dous meses da nova Biblioteca de Carballo: resumo fotográfico das actividades

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog

Dentro duns días a nova Biblioteca de Carballo; a  Biblioteca Rego da Balsa de Carballo fará dous meses aberta a todos os carballes@s.

Dous meses de moitas actividades, visitas, usuarios, préstamos, de unha actividade frenética para que todos vós disfrutedes deste novo espazo de cultura e lecer. Deixámosvos nesta entrada un resumo fotográfico, dende a súa apertura, de algunhas das actividades que se levaron a cabo na #ABiblioPréstame e recordámosvos que esta semana podedes disfrutar do CONCERTO INFANTIL BRINCA VAI!  Paco Nogueiras . + 3 anos | Mércores17 |  18:00 e a MASTERCLASS: COMUNICACIÓN sXXI: BLOGS, PRENSA DIXITAL E YOUTUBE”  Con inscrición previa.+14 anos | Venres19 |  19:00 h

inaguracion8

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

inaguracion11

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

inaguracion4

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

Inaguración da Biblioteca no 24 de outubro, Día das Bibliotecas

2014-10-30 13.41.23

Samaín na Biblioteca

2014-10-30 13.31.01

Samaín na Biblioteca

2014-10-30 17.06.26

Decorando as cabazas polo Samaín

Mostras bibliográficas

Mostras bibliográficas

MasterClass de Surf

MasterClass de Surf

Creación e obxetos en 3D con @mosarq

Creación e obxetos en 3D con @mosarq

Creación e obxetos en 3D con @mosarq

Creación e obxetos en 3D con @mosarq

Decorando as cabazas, obradoiro do Samaín

Decorando as cabazas, obradoiro do Samaín

Cartel de actividade

Cartel de actividade

Doazóns particulares

Doazóns particulares

Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís

Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís

Mostra literaria

Mostra literaria

Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís

Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís

Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís

Doazón de máis de 600 obras literarias de Xosé Manuel López Eirís

Animación á lectura con perrosyletras.com

Animación á lectura con perrosyletras.com

Obradoironanas4

Xabier Díaz no obradoiro de nanas

Obradoironanas2

Xabier Díaz no obradoiro de nanas

Encontro-contos da taberna7

Encontro literario dos autores de “Contos na taberna”

2014-11-17 18.59.46

Xose Manuel López Eirís no noso photocall

Encontro literario dos autores de "Contos na taberna"

Encontro literario dos autores de “Contos na taberna”

Obradoiro de Scrapbook

Obradoiro de Scrapbook

Obradoiro de Scrapbook

Obradoiro de Scrapbook

Animación á lectura con perrosyletras.com

Animación á lectura con perrosyletras.com

Animación á lectura con perrosyletras.com

Animación á lectura con perrosyletras.com

Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz

Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz

Obradoiro de impresión 3D con @lupeon3D e @vermislab

Obradoiro de impresión 3D con @lupeon3D e @vermislab

Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz

Obradoiro de Nanas con Xabier Díaz

Obradoiro de Washi-Tape

Obradoiro de Washi-Tape

Yolanda Castaño presentando "A segunda lingua"

Yolanda Castaño presentando “A segunda lingua”

Yolanda Castaño presentando "A segunda lingua"

Yolanda Castaño presentando “A segunda lingua”

Material que podedes encontrara na biblioteca para axudarvos a contar contos!

Material que podedes encontrara na biblioteca para axudarvos a contar contos!

Pequena mostra bibliográfica adicada ás mascotas

Pequena mostra bibliográfica adicada ás mascotas

Cancións, contos, historias cantadas ou con música son algúns dos materiáis que podedes atopar na biblioteca para os meniñ@s.

Cancións, contos, historias cantadas ou con música son algúns dos materiáis que podedes atopar na biblioteca para os meniñ@s.

María Reimóndez presentando a novela "Dende o conflito"

María Reimóndez presentando a novela “Dende o conflito”

María Reimóndez presentando a novela "Dende o conflito"

María Reimóndez presentando a novela “Dende o conflito”

Obradoiro de Washi-Tape

Obradoiro de Washi-Tape

Obradoiro de Washi-Tape

Obradoiro de Washi-Tape

Visitas escolares

Visitas escolares

14 CITAS COA #ABIBLIOPRÉSTAME

#ABiblioPréstame,Blog
Actividades de Novembro e Decembro na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo

Actividades de Novembro e Decembro na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo

ACTIVIDADES INAGURAIS DE NOVEMBRO E DECEMBRO 

Obradoiros, nanas, concertos, masterclass, novas tecnoloxías, manualidades….todo ten cabida na Biblioteca. Presentámosvos este programa de actividades, todas elas de balde, e nas que será preciso inscribirse nalgunhas delas; podédelo facer na Biblioteca, a través do correo electrónico biblioteca@carballo.org ou no teléfono 981758580.

NOVEMBRO
  • OBRADOIRO DE IMPRESIÓN E ESCANEADO 3D. Marcos Saavedra. Vermislab. Con inscrición previa. +14 anos | Venres 7 |  19:00 h
  • A VIAXE DE NANO: CONTACONTOS PARA BEBÉS. Raquel Queizás. Con inscrición previa. Bebés de 0 a 3 anos |Mércores 12| 18:00h
  • PRESENTACIÓN LIBRO: EU ESTABA ALÍ. Afonso Eiré.  +14 anos | Xoves 20 |  19:00 h
  • MASTERCLASS: O SURF E A SÚA IMPLICACIÓN METEREOLÓXICA. ArtSurfCamp. Con inscrición previa. + 14 anos | Venres 21 |  19:00 h
  • ACTIVIDADE “PERROS Y LETRAS”:mellora das actividades lectoras coa cadela Linda.  Con inscrición previa. Entre 6 e 12 anos | Sábado 22 |  11:00 h
  • OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING. personalización de cadernos, diarios e álbums. Patricia García. Con inscrición previa. + 12 anos | Martes 25 |  18:00 h
  • PRESENTACIÓN POEMARIO “A SEGUNDA LINGUA”. Yolanda Castaño. +14 anos | Xoves 27 |  19:00 h
DECEMBRO
  • OBRADOIRO DEMOSTRACIÓN DE BEATBOX. Carlos Gende “Xenderal”.  Con inscrición previa. +12 anos | Mércores 3 |  19:00 h
  • MASTERCLASS: INTRODUCCIÓN Á CREACIÓN DE OBXECTOS EN 3D ( Autocad e google sketchup). Diego Mosquera e Javimos Con inscrición previa. + 14 anos |Venres 5 | 19:00h
  • OBRADOIRO DE WASHI-TAPE. Patricia García. Con inscrición previa. + 12 anos | Martes 9 |  18:00 h
  • PRESENTACIÓN DA NOVELA “DENDE O CONFLITO”. María Reimondez.  +14 anos | Xoves 11 |  19:00 h
  • CONCERTO INFANTIL BRINCA VAI!  Paco Nogueiras . + 3 anos | Xoves 17 |  18:00 h
  • MASTERCLASS: COMUNICACIÓN sXXI: BLOGS, PRENSA DIXITAL E YOUTUBE”  Con inscrición previa.+14 anos | Venres19 |  19:00 h

PROGRAMA COMPLETO: Cartel_actividades_inaugurais_Biblioteca_nov-dec_2014