PicsArt_1443185619843

Celebra na Bibliocarballo o #DíadasLinguas e #DíadaTradución!

Blog,Recomendamos

O día 26 de setembro é o Día Europeo das Linguas, e o día 30 celébrase o Día Internacional da Tradución, datas que se aproveitan para fomentar a aprendizaxe de idiomas, promover a rica diversidade lingüística e cultural e difundir conciencia acerca dunha profesión fundamental, tanto por razóns da globalización como para a comunicación entre as culturas.

E con motivo da celebración destas dúas datas tan sinaladas, nós decidimos dedicar un espazo do blog a amosarvos a cantidade de fondos bibliográficos e audiovisuais dos que dispoñemos para que melloredes os vosos coñecementos lingüísticos, ou gocedes das vosas lecturas preferidas noutros idiomas. porque, como di o antigo proverbio chinés,  “Aprender un idioma é ter una fiestra máis dende a que observar o mundo”

Para @s que vos estades iniciando na aprendizaxe dun novo idioma temos cursos en CD-ROM, DVDs, CDs, gramáticas básicas ou diccionarios con vocabulario para dar os primeiros pasos e establecer as bases dos vosos coñecementos. Hainos de galego, castelán, inglés, francés, portugués, ruso, italiano, alemán, chino, árabe, e ata de linguas mortas, coma o latín ou o grego!

PicsArt_1443185904799PicsArt_1443185941073  IMG_20150925_120247

Ao mellor ti precisas perfeccionar a pronunciación e coller axilidade coa dicción, e para iso que mellor cousa hai que escoitar música noutros idiomas e practicar de forma lúdica para coller oído e mellorar? Pois na biblioteca atoparás discos en diferentes idiomas, coma portugués, inglés ou incluso catalán, cos que poderás familiarizarte cos sons da lingua e deleitarte de paso coa música de grandes artistas. Moitos destes discos teñen ademais as letras nos libretos para que as poidas revisar!

PicsArt_1443185805428 PicsArt_1443185875922 IMG_20150925_163201

E por suposto, temos libros que combinan lectura e audio con exercicios, para poder aprender de forma global. Estas coleccións de libros máis CD están adaptados por niveis, polo que tés a ferramenta perfecta para poder aprender de forma efectiva e divertida!

IMG_20150925_171606 IMG_20150925_171346

Verás como practicando e indo pouquiño a pouco chegará o momento de poder atreverte coas túas obras literarias preferidas, os clásicos da Literatura Universal nas súas versións orixinais, ou en versión bilingüe, coas traducións deses grandes profesionais que son os tradutores, dos que tantas veces nos esquecemos e sen os cales non poderiamos acceder ás obras de autores estranxeiros que tanto enriquecen a nosa cultura.

PicsArt_1443185619843PicsArt_1443185547445

Poderás ver as nosas películas en versión orixinal, con subtítulos ou sen eles, dependendo do teu nivel, e verás as interpretacións dos teus actores e actrices preferid@s dunha novo xeito, escoitando as súas voces e captando os matices da entoación da súa fala.

20141024_114022 PicsArt_1437646462808

E cando o teu nivel sexa avanzado soamente che quedará enriquecer os teus coñecementos, profundar no funcionamento do idioma, aprender refráns e expresións coloquiais, comprender os trazos únicos e de carácter de cada lingua, coma a tan característica retranca galega… Para iso tamén tes libros de consulta, que che axudarán para cando queiras saber novas cousas sobre segundas linguas, pero tamén para cando precises ampliar e mellorar na propia lingua. Porque sempre estamos aprendendo, non si?IMG_20150925_120646

Tod@s sabemos que aprender un idioma non é cousa sinxela, e que canto máis vell@s somos, máis traballo nos vai custar, polo que sempre recomendamos comezar a coñecer outras linguas dende os primeiros anos de vida. Para iso, dispoñemos na zona infantil de múltiples materiais que farán d@s vos@s nen@s experto@s en idiomas sen ningún traballo nin esforzo, porque aprenderán de forma divertida e natural!

IMG-20150925-WA0005 IMG-20150925-WA0006 IMG-20150925-WA0007 IMG-20150925-WA0008 IMG-20150925-WA0009 IMG-20150925-WA0004

Xa ves que opcións tes a milleiros, así que non o dubides e ven buscar a que máis se adapte a ti.

Celebremos o Día das Linguas como se merece! Sintámonos orgullosos da nosa, aprendamos a utilizala mellor e procuremos respectala e honrala, e non esquezamos que as linguas defínennos como persoas, modelan a nosa personalidade e pensamento e nos unen como comunidade falante, serven para comunicarnos, achegarnos e convivir. Non teñades medo a usala, ententer e facervos entender! Porque, segundo a escritora americana Rita Mae Brown, “O idioma é o mapa de carreteras dunha cultura. Diche de onde ven a súa xente e a onde se dirixe”.

PicsArt_1437646462808

Este verán será de Cine!! (1ª Parte)

#ABiblioPréstame,Blog,Recomendamos

Como ben sabedes, xullo e agosto están ateigados de actividades culturais para poder facer e desfrutar do verán sen esquecer todo o que nos pode ofrecer un bo libro, unha boa canción ou unha fantástica película.

Xa no blog vos presentamos a programación do Concello para este Verán Cultural, e, ademais dos concertos, o humor ou a danza, unha das ofertas máis atractivas é a do ciclo Noites de Cine, que durante os meses de xullo e agosto viaxará por diferentes lugares no municipio proxectando filmes para todo tipo de públicos, tanto ao aire libre como en recintos públicos para que tod@s poidades desfrutar do mellor cine de balde!

E falando de cine… na biblioteca contamos cunha amplísima selección de cine, con películas de diferentes xéneros que podedes levar en empréstito se sodes socios!

Esta semana queremos amosarvos o fondo cinematográfico que podemos ofrecer ao público adulto e xuvenil… Preparádevos, que veñen emocións fortes!

  IMG_20150723_111041IMG_20150723_111223IMG_20150723_111434

Comezamos cos clásicos, eses filmes que pasaron á historia do celuloide como obras mestras que permanecen na memoria colectiva e que nunca é mal momento para revisar. Cine de autor, a idade de ouro de Hollywood e moitos máis vos esperan na biblioteca!

IMG_20150723_110436IMG_20150723_111739IMG_20150723_110834

Ademais destes clásicos, dispoñemos dun amplísimo abano de películas dos máis diversos xéneros, épocas e nacionalidades.

Filmes de temática social, que espertarán en nós esa mirada crítica e concienciada sobre o mundo que nos rodea, ou dramáticas, que nos farán escapar algunha que outra bágoa, ou incluso algunha arrepiante e misteriosa … desas temos a varrer!

IMG_20150723_111923IMG_20150723_112048

Tamén poderedes experimentar intensas e emocionantes historias de amor na pel dos personaxes das máis románticas longametraxes, ou vivir momentos memorables da Historia como se estivésedes alí mesmo!

IMG_20150723_112618IMG_20150723_112329IMG_20150723_112829

E para @s que preferides deixar as cousas serias para a vida mesma e non vos queredes complicar, temos acción, aventuras, humor e fantasía, que lograrán que vos evadades da realidade e vexades o mundo cos ollos da imaxinación e a ilusión, sen perder o sorriso nin por un instante!

IMG_20150723_114103

E que pensades, que só temos cine estadounidense? Claro que non, temos cine español e, por suposto, cine galego! Na nosa terra faise moi bo cine e temos verdadeiros mestres do xénero, sen necesidade de ter que ir a outros lares. Por iso, ofrecémosvos varias coleccións e títulos interesantísimos que vos van sorprender, como A lingua das bolboretas, O soño dunha noite de San Xoán, Crebinsky ou o galardoadísimo filme de animación Engurras.

IMG_20150723_112917IMG_20150723_111537IMG_20150723_115004

Ademais do cine, na sección audiovisual para adulto@s e xuvenil, temos tamén un recunchiño para series e coleccións de documentais.

Xa sabedes que vivimos un momento glorioso para as series de televisión, que son todo un fenómeno de masas e que máis ca nunca espertan o noso interese, verdade? Pois tamén temos para vós algunha que outra serie para ofrecervos, como a que xa se pode considerar un clásico no xénero, Sexo en Nueva York. A nivel nacional tod@s coñecemos a Aída e as aventuras que acontecen á veciñanza de Esperanza Sur. Ou quen non viu centos de veces os episodios dos Simpsons ou Padre de Familia?

IMG_20150723_114606IMG_20150723_114832

E para os seareiros da natureza, os viaxes, os enigmas, o motor, a Arte ou a Historia tamén hai documentais para enriquecervos, entretervos e aprendervos. Xa vedes que hai para todos os gustos en Bibliocaraballo!

Pois non agardedes máis e achegádevos a buscar a vosa película para a fin de semana ou para un serán de relaxación estival. Vaivos ser difícil escoller entre tantas marabillas!

Seguide atentos ao blog, porque en breves teremos preparada unha visita virtual á zona audiovisual infantil, e veredes cantas películas temos para @s máis pequenos 😉

Porque o cine é o soño dunha noite de verán!

Arte en estado puro: #Rexenerafest e Arte na Rúa

#ABiblioPréstame,Blog

Esta primeira semana de xuño, Carballo convértese nunha #exposición de #arte para tod@s. Artistas de diferentes nacións fan posible o “Rexenera“, Primeiro Festival Internacional de Arte Público en Carballo, convertindo o noso pobo nun lugar máis colorido e atractivo para o #turismo, unha iniciativa que xa comezara o equipo de “Derrubando muros con pintura” meses atrás. Rexenera-Festival-de-Arte-Urbana-de-Carballo

Dende a Biblioteca Rego da Balsa parécenos unha gran iniciativa, posto que ten máis aspectos positivos: desenvolve unha actitude participativa na #cultura por parte da cidadanía, fomenta a #creatividade dende as idades máis temperás, mellora o estado de ánimo ao romper co feísmo da vila, apóstase pola #modernidade e o progreso…

11412386_455981751238221_2089152571569389082_n         11390191_455969291239467_636150107329619981_n           996156_355778834592506_8359272523409128346_n       dulk_3

Nós tamén quixemos participar, na medida do posible, facilitándovos o acceso a materiais que consideramos interesantes sobre as artes visuais (pintura, arquitectura, escultura, fotografía…) e algúns dos seus movementos. Aínda que nos estantes de “Saberes” podedes atopar máis información, fixemos unha selección de libros que poden ser máis sinxelos, completos, etc. Achegádevos, botádelle un ollo e comentádenos que vos parecen 🙂
20150604_171232  20150604_171239  20150604_171320
Por outra banda, aínda que o primeiro que vemos ao saír a rúa son os #muros pintados tan impresionantes dest@s artistas, queremos recordarvos que o #festival “Rexenera” tamén acolle un #concerto de balde protagonizado por Xenderal and Check Selectah A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, para @s que vos poidades achegar o próximo sábado ás 23:30 h á sala Dublin!

image

E se non podedes asistir, ou tedes ganas de ir meténdovos en ambiente, animámosvos a que levedes en préstamo música de bandas locais como, por exemplo: Apart, Dios ke te Crew, Uxía, Herdeiros da Crus…

scale

xénese  Uxía - Meu Canto_front  1330716680_extras_ladillos_2_0

Por último, non podemos esquecernos de recordarvos que o sábado 4 de xullo poderedes expresarvos libremente nos #obradoiros (con inscripción previa en creartenarua@gmail.com) de “Arte na Rúa”, organizados pola asociación artística CreaFormasEste evento, no que colabora o Concello de Carballo, ademais, reunirá ao longo do día #actuacións, #concertos, #exposicións ao aire libre… e todo de balde! Ídelo deixar pasar? Animádevos e compartide a #experiencia connosco! Xuño e xullo traen mil posibilidades para mergullARTE na #creatividade!

20150511_110038
img253