ÚNETE Á CAMPAÑA #PUNTOB

Blog

Este mes de febreiro queremos difundir unha mensaxe importantísima e desexamos que colaboredes con nós na iniciativa para que todo o mundo vexa que desde Carballo reivindicamos a cultura, a  autenticidade e a loita contra as inxustizas.

Por iso, queremos que nos amosedes o voso Punto B. Non, non dicimos o G, dicimos o B!

Non sabedes o que é o #puntob? Pois o punto b non é senón esa cousa que te fai únic@ e especial, ese gusto, afección, libro, canción, frase ou pensamento… que outorga un matiz diferente á túa personalidade.

Co #puntob tamén queremos facer ver que o coñecemento nos fai sexys, deixando atrás a obxetivización coa que nos bombardean os medios de comunicación e as campañas de publicidade, e aproveitar incluso para denunciar aquilo da sociedade que non nos gusta ou vemos inxusto.

Así, a idea crave ou a mensaxe que queremos transmitir é que ler, pensar, cultivarnos é sexy. Outro dos obxectivos é fomentar o desenvolvemento da mente e o saber en contra do fomento do trivial, mundano e aparente, como podemos ver de forma cotiá nas redes sociais, internet e medios de comunicación.

16388049_1067034486763633_9043725325484535982_n

Nós pola nosa parte xa temos  o noso #puntob, e queremos compartilo con vós:

16387225_1065792090221206_607569693881006570_n

Lucía ten o seu #puntob en Bergantiños, a terra de Brañas, porque enriquece a súa vida e faina suspirar e soñar. Que che produce esa sensación? Comparte con nós o teu #puntob!

16387016_1068051786661903_7507490932489084492_n

Aprender a desfrutar de cada momento é o #puntob de Cristina. Tratar de vivir dunha forma sinxela, gozando coa brisa e o cheiro do mar, ou deleitarse co recendo da herba, escoitar como os ballóns das treboadas rompen no cristal nada máis deitarse a durmir… Cal é o teu #puntob? Compárteo con nós!

16425815_1066958846771197_6044984469758888084_n

O #puntob de Paula é a música, e síntese inspirada polas grandes figuras femininas da Historia que loitaron e seguen a loitar polos dereitos da muller e polas que poñen voz a aquelas que non a poden alzar. Cal é o teu #puntob? Compárteo con nós!

Como vedes, as nosas fotos están inspiradas na filosofía dos “Tres monos sabios” de «Non ver o Mal, non escoitar o Mal e non dicir o Mal». Con ela, renegamos da ignorancia, da censura. da superficialidade, do odio, das palabras ferintes, e apostamos polo respecto, a liberdade de expresión, a igualdade, as orixes, a vida sinxela, a fortaleza e a loita polas causas xustas. Estades dacordo cos nosos puntos B?

three-monkeys-1212621_1920

Queremos que vos sintades inspirad@s polas nosas aportacións e colaboredes compartindo o voso #puntob. Como facelo? Pois moi sinxelo:

Subide unha foto en branco e negro cunha frase que a acompañe ás vosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, Pinterest), etiquetádenos e non esquezades poñer o hashtag #puntob.

**Lembrade que para que todo o mundo a poida ver deberedes facela pública na configuración de privacidade da rede social que empreguedes.

Ademais, para as mellores fotos temos preparados agasallos sorpresa. Non dubidedes e participade!

Porque o lado B das cousas non é sempre o raro, o negativo, o ilegal, o oculto, senón que pode ser o xusto, o especial, o que nos dá ledicia… Amosádenos o teu #puntob!

 

 

Advertisements

Semana do Libro: 2º Concurso #ABiblioPréstame

#ABiblioPréstame,Blog

Comezamos a Semana do Libro convocando a 2ª edición do Concurso #ABiblioPréstame!

Como o ano pasado, queremos celebrar a Semana do Libro dun xeito especial, polo que vos propoñemos que participedes no noso concurso #ABibliopréstame. En que consiste? Moi sinxelo!

É un concurso fotográfico a través das redes sociais Twitter, Instagram e Pinterest, no que só tedes que sacarvos unha foto co voso libro preferido, o que mellor vos representa, ou o que polo seu título ou portada reflicte o voso estado de ánimo e personalidade… Pode ser un selfie ou autorretrato, ou pode ser unha foto normal, pero sempre ten que ir acompañada do cancelo ou hashtag #ABiblioPréstame.

Deberedes subir as vosas fotos á vosa conta de Twitter, Instagram ou Pinterest, anque se non tedes, non vos preocupedes, podédesnolo dicir e subirémolo ao voso nome ás contas da biblioteca 🙂 Poderedes participar tantas veces como desexedes!

untitled-infographic

Á hora de outorgar o premio valoraranse positivamente a orixinalidade das publicacións, que sexan autorretratos fotográficos e o número de publicacións (a máis número máis posibilidades).

O prazo límite para presentar as vosas candidaturas é ata o día 24 deste mes.

A persoa gañadora recibirá un premio sorpresa!

Consultade as bases completas:

Lembramos a anterior edición do concurso coa gañadora, Zaira, que participou na nosa conta de Twitter cunha fotografía, que, a pesar de non ser un selfie, gañou pola súa orixinalidade e polo entrañable da mesma. Zaira recibiu o seu regalo (un paquete de libros de diferente xénero e temática) e posou ben contenta con el.

Sin título20150428_112243

Esperamos que vos animedes a participar e honrar ao Libro, que tantas alegrías nos da diariamente e sen o que non poderiamos vivir. Lembrade que ademais o sábado 23 será o Día do Libro e na biblioteca celebrarémolo cun obradoiro de Bookfolding. Non sabedes o que é o bookfolding? Pois non perdades o noso post dedicado a esta actividade que fixemos hai uns meses no blogue. Anotádevos, xa que as prazas son limitadas!

bookfolding.png

Celebremos xunt@s a Semana do Libro!

Concurso #ABiblioPréstame

#ABiblioPréstame,Blog

Estades listos para participar neste novo concurso?

 Untitled Infographic (2)

Entre o día 20 e o 26 de abril poderedes participar no novo concurso fotográfico da biblioteca chamado #ABiblioPréstame. Queredes saber como podedes participar? Pois lede ben que é moi sinxelo:

Pensade na portada, no libro ou no título que máis vos guste, co que máis vos identifiquedes ou ben o que describa mellor o voso día!

De todos é sabido que ás veces as portadas dos libros son o que máis nos inspira á hora de escollelos:

Outras, os títulos son do máis conmovedor ou atraente:

Pero as máis das veces nós xa sabemos cales son os nosos libros favoritos:

Existen dúas formas de participar no concurso, que o usuario suba as fotografías ou os autorretratos fotográficos a través de calquera das súas contas de Twitter, Instagram ou Pinterest, ou que o usuario sexa fotografíado polo persoal da biblioteca e este último sexa quen suba o material ás contas das redes da biblioteca. Neste último caso o usuario debería dar os seus datos persoais e de contacto básicos para que o persoal rexistre as participacións de cada persoa.

En caso de que teñas conta de Twitter, Instagram ou Pinterest este é o teu concurso. Deberás facer o seguinte:

  1. Seguirnos na nosa conta de Twitter (@bibliocarballo), de Instagram (@bibliocarballo) ou/e de Pinterest (Bibliotecas de Carballo).
  2. Usar o cancelo #ABiblioPréstame acompañado da fotografía ou autorretrato fotográfico da portada, do libro ou do título que máis nos guste.

Por exemplo: No Twitter, con 140 caracteres: Un mundo feliz” (de Aldous Huxley). Ou aparentemente feliz! 😉 #ABiblioPréstame

 Os participantes poden descargar as bases do concurso na nosa conta de Issu Biblio Carballo. Os usuarios poderán ver en todo momento as participacións dos outros concursantes nas nosas redes.

Os usuarios poden participar as veces que queiran en calquera das redes propostas (Twitter, Instagram e Pinterest).

Entre tódolos participantes do concurso sortearase un premio sorpresa que consistirá nun paquete de materiais bibliográficos, libros e outros materiais, cuxo contido se axustará á idade do gañador.

 A idade mínima para participar son os 6 anos. Está permitido que participen persoas de todas as idades.

Folleto, Libro, Digitales, Niña, Mujer, Catálogo

Á hora de otorgar o premio valorarase positivamente: a orixinalidade das publicacións, que sexan autorretratos fotográficos e o número de publicación (a máis número de publicacións máis posibilidades).

O nome do gañador publicarase no blog da biblioteca o día 27 de abril http:/biblioteca/carballo.gal e na conta oficial de @bibliocarballo en Twitter, en @bibliocarballo en Instagram e no Pinterest, Bibliotecas de Carballo. Ao gañador se lle enviará unha mensaxe directa ou se lle contactará a través dos datos facilitados segundo o caso.

A que esperades para participar?