Este verán será de Cine!! (2ª Parte)

#ABiblioPréstame,Blog,Infantil,Recomendamos

Xa sabedes que recentemente seleccionamos uns poucos filmes para que @s amantes do celuloide se animaran a achegarse á biblioteca para levalos en préstamo, pero con tanto material faltáronnos as recomendacións para o público infantil, ou para toda a familia: películas e series que podedes gozar na casa adult@s e pequen@s e botar unhas cantas risas nesa horiña de diversión. Queredes saber que podedes atopar? Facémosvos un resumo!

Para empezar, Ourizo quere mostrarlles @s nen@s máis pequen@s estas fabulosas cintas de “Caillou”, co que viviredes aventuras do día a día e vos dará ideas para levar a cabo c@s amig@s, e “Toopy y Binoo”, unha parella moi peculiar que arrasa por donde pasa, coa que botaredes unhas boas risas.

20150730_19404720150730_194157

Outros filmes que causan furor entre o público infantil son os clásicos de Disney, coma “Pocahontas”, “La Dama y el Vagabundo”, “La Cenicienta”, “Alicia en el país de las maravillas”… e moitos máis, na foto deixamosvos unha proba dos mesmos. Pero tamén existen largometraxes máis actuais que arrasan nos préstamos, como poden ser “Donde viven los monstruos”, “Coraline”, “Rompe Ralph”, “La invención de Hugo”… e que moitas veces precisan de reserva ao estar prestados. “Spiderman” é outro filme que conquista corazóns, pois as aventuras deste superheroe fan que @s nen@s non se poidan resistir. As sagas de “Ice Age” e “Madagascar” tampouco se quedan atrás, pois son películas que deixan marca e que nos fan rir un montón na casa, aínda non as viches? A que agardas?

20150730_193406 20150730_193854 20150730_193642    20150730_193710

Outras cintas que as familias levan moito son as de “Doraemon” e o “Pato Lucas”, xa que son debuxos animados que perduran coas xeracións, que desfrutan tanto @s maiores coma @s pequen@s, posto que nos traen recordos á vez que nos fan gozar das súas aventuras. E se falamos de debuxos recentes, existe un que cada día vai e ven á biblioteca para percorrer as casas d@s nen@s carballeses… adiviñades cal? Pois, si! Bob Esponja e compañía deixan o mar para poder chegar ás vosas casas cada día. Será que está de moda, ou será que esta esponxa, xunto cos seus amigos, fan que @s pequerrech@s da casa escachen coa risa cada día.

20150730_193752  20150730_194348

Os rapaces e rapazas máis maiores soen decantarse por musicais coma a triloxía de “High School Musical”, películas nas que unha pandilla de adolescentes enfrontan problemas do día a día grazas ao valor da amizade, por non falar do ben que cantan! E se o voso son os musicais… temos un clásico indispensable para toda a familia: “Sonrisas y lágrimas”, o clásico musical infantil por excelencia, ídelo deixar pasar?

20150730_192854

Finalmente queremos recomendarvos as series que enchen o noso canto infantil, series para aprender (idiomas, coñecemento do medio, matemáticas, etc.) como os “Hoobs”,“Tommy y Oscar” ou “Crecer con los Lunnis”…

IMG-20150731-WA0000 IMG-20150731-WA0004 IMG-20150731-WA0005 IMG-20150731-WA0006

…series para soñar, como “Los osos amorosos” ou “Kika Superbruja”; series para non parar de rir, como “Mortadelo e Filemón”, as trasnadas de “Zipi y Zape” ou “Que bello es Sobrevivir”

 IMG-20150731-WA0002 20150730_193933IMG-20150731-WA0001

…series para coñecer xogando… como os documentais de “El Maravilloso Mundo de los Animales”, cos que ademais de descubrir mil cousas sobre os animais, nos presentan xogos para interactuar connosco…

IMG-20150731-WA0003

Pero dúas das nosas favoritas son, sen dúbida, “Érase una vez el Hombre” e “Érase una vez los Inventores”… series para desfrutar en familia e lembrar vellos tempos… debuxos que viven ao largo do tempo, xeración tras xeración, e, para despedirnos, deixamosvos a intro dunha delas para crear morriña e, así, animarvos a volvelas a ver de novo 😉

IMG-20150731-WA0007

PicsArt_1437646462808

Este verán será de Cine!! (1ª Parte)

#ABiblioPréstame,Blog,Recomendamos

Como ben sabedes, xullo e agosto están ateigados de actividades culturais para poder facer e desfrutar do verán sen esquecer todo o que nos pode ofrecer un bo libro, unha boa canción ou unha fantástica película.

Xa no blog vos presentamos a programación do Concello para este Verán Cultural, e, ademais dos concertos, o humor ou a danza, unha das ofertas máis atractivas é a do ciclo Noites de Cine, que durante os meses de xullo e agosto viaxará por diferentes lugares no municipio proxectando filmes para todo tipo de públicos, tanto ao aire libre como en recintos públicos para que tod@s poidades desfrutar do mellor cine de balde!

E falando de cine… na biblioteca contamos cunha amplísima selección de cine, con películas de diferentes xéneros que podedes levar en empréstito se sodes socios!

Esta semana queremos amosarvos o fondo cinematográfico que podemos ofrecer ao público adulto e xuvenil… Preparádevos, que veñen emocións fortes!

  IMG_20150723_111041IMG_20150723_111223IMG_20150723_111434

Comezamos cos clásicos, eses filmes que pasaron á historia do celuloide como obras mestras que permanecen na memoria colectiva e que nunca é mal momento para revisar. Cine de autor, a idade de ouro de Hollywood e moitos máis vos esperan na biblioteca!

IMG_20150723_110436IMG_20150723_111739IMG_20150723_110834

Ademais destes clásicos, dispoñemos dun amplísimo abano de películas dos máis diversos xéneros, épocas e nacionalidades.

Filmes de temática social, que espertarán en nós esa mirada crítica e concienciada sobre o mundo que nos rodea, ou dramáticas, que nos farán escapar algunha que outra bágoa, ou incluso algunha arrepiante e misteriosa … desas temos a varrer!

IMG_20150723_111923IMG_20150723_112048

Tamén poderedes experimentar intensas e emocionantes historias de amor na pel dos personaxes das máis románticas longametraxes, ou vivir momentos memorables da Historia como se estivésedes alí mesmo!

IMG_20150723_112618IMG_20150723_112329IMG_20150723_112829

E para @s que preferides deixar as cousas serias para a vida mesma e non vos queredes complicar, temos acción, aventuras, humor e fantasía, que lograrán que vos evadades da realidade e vexades o mundo cos ollos da imaxinación e a ilusión, sen perder o sorriso nin por un instante!

IMG_20150723_114103

E que pensades, que só temos cine estadounidense? Claro que non, temos cine español e, por suposto, cine galego! Na nosa terra faise moi bo cine e temos verdadeiros mestres do xénero, sen necesidade de ter que ir a outros lares. Por iso, ofrecémosvos varias coleccións e títulos interesantísimos que vos van sorprender, como A lingua das bolboretas, O soño dunha noite de San Xoán, Crebinsky ou o galardoadísimo filme de animación Engurras.

IMG_20150723_112917IMG_20150723_111537IMG_20150723_115004

Ademais do cine, na sección audiovisual para adulto@s e xuvenil, temos tamén un recunchiño para series e coleccións de documentais.

Xa sabedes que vivimos un momento glorioso para as series de televisión, que son todo un fenómeno de masas e que máis ca nunca espertan o noso interese, verdade? Pois tamén temos para vós algunha que outra serie para ofrecervos, como a que xa se pode considerar un clásico no xénero, Sexo en Nueva York. A nivel nacional tod@s coñecemos a Aída e as aventuras que acontecen á veciñanza de Esperanza Sur. Ou quen non viu centos de veces os episodios dos Simpsons ou Padre de Familia?

IMG_20150723_114606IMG_20150723_114832

E para os seareiros da natureza, os viaxes, os enigmas, o motor, a Arte ou a Historia tamén hai documentais para enriquecervos, entretervos e aprendervos. Xa vedes que hai para todos os gustos en Bibliocaraballo!

Pois non agardedes máis e achegádevos a buscar a vosa película para a fin de semana ou para un serán de relaxación estival. Vaivos ser difícil escoller entre tantas marabillas!

Seguide atentos ao blog, porque en breves teremos preparada unha visita virtual á zona audiovisual infantil, e veredes cantas películas temos para @s máis pequenos 😉

Porque o cine é o soño dunha noite de verán!