cabeceira-wordpress

En inverno descubrimos a CARA B

Actividades,Blog

Comezamos a semana presentando as actividades que vos imos presentar nos meses de febreiro e marzo na Biboioteca Rego da Balsa.

Este inverno queremos descubrir a cara B da cultura con actividades que destacan e difunden a labor de xéneros, artistas, creador@s, e ademais incentivar o debate sobre certos temas de gran interese e importancia, como o da muller e o concepto de igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade

cartaz-puntob

Por iso, ata finais de marzo prestaremos unha atención especial á figura da muller e a resaltar o seu papel nos ámbitos da cultura a ciencia e no progreso da sociedade en xeral. A muller será a protagonista das Xornadas Guerrilleiras, que se desenvolverán do 6 ao 11 de marzo, e que converterán a Biblio Rego da Balsa nun laboratorio de ideas, propostas e actividades feitas por mulleres pero que queren converterse nun reclamo tanto para mulleres coma para homes. A exposición colectiva “A muller a través da arte”, con obras de Alejandra Matínez, Laura Tova, Lara Pintos e Julia Aguiar; o obradoiro “Debuxando en igualdade”, o Faladoiro coas Guerrilleiras e un obradoiro de mural feminino son algunhas das propostas que desenvolveremos arredor do 8 de marzo, Día da Muller.

Ademais, como buscamos coñecer a cara B en todos os aspectos, non podía faltar a da música, a aposta alternativa, que volverá a encher o noso auditorio cunha nova edición do Curruncho Pop, que arranca no inverno pero se prolongará durante a primavera. Nesta segunda edición contaremos con artistas coma Javier Colis e Psychofonía, o sábado 4 de marzo, e Víctor Coyote, o 18. Os convites estarán dispoñibles ao longo de toda a semana anterior e as reservas poden facerse, de balde, na biblioteca.

Contacontos, obradoiros, presentacións literarias, faladoiros, proxeccións e recitais completan a programación de inverno, na que continúan tamén o club de lectura, o club de lectura en francés en colaboración coa Asociación de Irmandamento con L’Isle Jourdain e a campaña #puntoB, a través das redes sociais, que xa vos presentamos na anterior entrada de blogue, e na que vos continuamos animando a participar.

cabeceira-wordpress

Nadal 2016

Actividades,Blog

Xa estamos en decembro, quentando motores para as festas máis familiares e entrañables do ano: o Nadal!

Achéganse as cenas de traballo, o reencontros coas amizades que viven lonxe, as comidas suculentas ao redor dos nosos seres queridos, as panxoliñas, os agasallos e as caras de sorpresa e ilusión d@s máis pequen@s. As tradicións de toda a vida fan que o Nadal sexa unha época do ano para compartir e desfrutar ao máximo.

Na biblioteca tamén festexamos estas datas, e por iso temos preparado para vós un menú de actividades para Nadal que vai facer que o desfrutades aínda máis!

CARTAZ NADAL.png

Teremos os nosos habituais faladoiros, pero con temáticas propias das datas de Nadal, como o faladoiro a cargo de Galileo Nenos,  unha compañía dedicada á fabricación de xoguetes e xogos tradicionais para público de todas as idades,  que nos contarán todo o que hai que saber sobre a tradición galega no eido dos xogos e xoguetes, farannos unha demostración do que fan e deixarannos probar os seus produtos. Tamén teremos á Fundación Amigos de Galicia, quen nos contarán todo o traballo solidario que fan recopilando tapóns de plástico para recadar fondos en axuda de nenos e nenas que o precisan, e coñeceremos varios casos aos que atenden desinteresadamente.

Tampouco poden faltar as presentacións literarias,  nas que teremos con nós a Mónica Noya, presentando  Ex Vita Vite, un libro ben especial con documental incluído que fai un percorrido polo mundo do viño en Galicia. Abofé que en Nadal non debe faltar o bo viño! Outro convidado para presentar a súa obra literaria é Luís Pirucha, autor de Sanxenxo que nos visitará para darnos a coñecer a súa traxectoria, da que xa contamos con tres libros que mesturan relato, pintura e poesía. Ben interesante para agasallar!

Continuamos por suposto con actividades para a rapazada. Como sabemos que @s nen@s son @s grandes protagonistas deste época do ano, teremos para el@s contacontos, obradoiros de manualidades e música, xa que estarán con nós @s amig@s de Geriatros Carballo tocando coa pandeireta panxoliñas que deleitarán e emocionarán a todo o mundo, sexa cal sexa a súa idade. Non hai lugar para o aburrimento!

E ademais de todo isto, os compañeiros da asociación Senda Nova coa colaboración das escolas de Carballo e Coristanco prepararon unha exposición moi especial dedicada a unha figura máxica indispensable no Nadal galego: o Apalpador. “O Apalpador imaxinado” inclúe unha colección de láminas elaboradas polo alumnado destas escolas, nas que retratan ao Apalpador. O propio homenaxeado aceptou o noso convite para vir inaugarar a exposición, así que nos esquezades, o día 13 de decembro á tarde estreamos exposición co mesmísimo Apalpador, que virá saudar ademais a todos os nenos e nenas que veñan por aquí e queiran pedirlle algún agasallo especial para Noiteboa a tan ilustre convidado!

Pois nada máis que queda felicitarvos as festas e desexarvos un Nadal estupendo e un comezo de ano aínda mellor, pero sempre… na biblioteca!

FELICES FESTAS!

cartaz

Outono NON-STOP

Actividades,Blog

Entramos na recta final de 2016, pero non pensedes que a chuvia, o frío e as nubes van conseguir que na biblioteca paremos o ritmo, moi ao contrario!

Os meses de outubro, novembro e decembro veñen ateigadiños de cousas que facer, aprender e gozar na biblioteca. Voltarán os faladoiros, as presentacións literarias, os obradoiros, exposicións e proxeccións. Voltarán os contacontos, as visitas escolares e a música… en definitiva, volverá todo iso que fai que a vosa biblioteca sexa un referente cultural na comarca e parte do estranxeiro! 😀

Contaremos coas actividades clásicas da biblioteca, que sabemos que son un éxito asegurado:

Faladoiros, que versarán estes meses sobre temas tan diversos como artesanía  e reciclaxe, tradición cultural e musical galega ou literatura erótica.

arume

Presentacións literarias a cargo de diferentes escritor@s da nosa contorna, como Paco Souto, Susana Sánchez ou Jesús Huertas.

presentacion-y-ahora-vendemos

Proxeccións de temas de interese, como o da memoria histórica ou os desfiuzamentos.

Proxección unha muller que pasa e silencio.png

Obradoiros: Artísticos, coa colaboración da Asociación Crea Formas, que estará dirixido a xente nova, e tamén de contacontos para maiores. Tamén celebraremos Samaín e o Día das Bibliotecas cos seus respectivos obradoiros, que farán as delicias d@s máis pequen@s. Ademais, un novo ano colaboramos co FIOT acollendo o seu obradoiro “Pequepresentadores”, no que a rapazada poderá saber como é o traballo dos xornalistas.

anuncio-obradoiroOBRADOIRO SAMAIN.png

Contacontos: En novembro voltarán os nosos amigos máis divertidos e listos de Lonxedetodo para contarnos todas as aventuras que viviron estes meses sen vernos, tanto nas visitas escolares como nas sesións dos mércores, que seguirán sendo dobres e cada dúas semanas. Xa sabedes que requiren que recollades o convite a semana antes na biblioteca. Ademais, virán tamén nos visitarán as nosas amigas da Asociación de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain para ofrecernos “Raconte-moi une histoire: contos enfrancés con sabor a outono”, no que como ben indica o seu título, nos deleitarán con preciosas historias de temática de outono na lingua gala. Estes encontros con diferentes linguas encántanlles a@s cativ@s! E como non, que sería un Samaín sen algunha historia arrepiante? Na biblioteca poderedes festexar esta festa tradicional da man de A Trastenda dos Contos e o seu espectáculo “Contos de medo que deixan durmir”, un paseo pola nosa tradición mística cheo de sorpresas. Non dubidedes en informarvos na biblioteca para poder conseguir o voso sitio!

contos de medo que deixan durmir.png

Pois isto non é todo, xa que ademais das actividades habituais da biblioteca teremos novidades que non podedes perder, como por exemplo o novo ciclo de contacontos “Avoas e avós contan”, no que os avós e avoas máis intrépidos, visitarannos para contarnos as súas historias, as que lles contaban a el@s de pequen@s ou mesmo as que inventan el@s mesm@s. Porque xa sabemos que as persoas maiores gardan moitas sorpresas que están desexando ser redescobertas polas novas xeracións!

avoas e avós contan.png

Sabedes que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas e ademais celebramos o noso segundo aniversario? Pois ese día non podedes faltar, xa que teremos preparada para vós una exposición fotográfica dos mellores momentos destes dous anos de vida, e os rapaces e rapazas poderán facer de médicos dos nosos libros máis enfermiños no obradoiro “Hospital de Libros”.

En novembro comprácenos anunciar unha xornada chea de actividades encamiñadas a conectar co noso interior, coa nosa parte máis espiritual, para acadar o noso benestar e autocoñecemento. Esta xornada chamarase “Mañá consciente”, e abarcará experiencias de ioga para toda a familia, obradoiros de percusión consciente e poesía e un concerto de mantras. Apuntádeo na axenda, será o sábado 12 de novembro. Non tedes escusa para non vir!

MañáConsciente.png

Si, si, sabemos que é moita información, é unha oferta de lecer moi extensa, polo que vos deixamos o cartaz ao voso dispor para que o poidades consultar sempre que o precisedes ou incluso descargalo, parécevos?

Comezade o outono con tanta forza coma nós!

 

Arte en estado puro: #Rexenerafest e Arte na Rúa

#ABiblioPréstame,Blog

Esta primeira semana de xuño, Carballo convértese nunha #exposición de #arte para tod@s. Artistas de diferentes nacións fan posible o “Rexenera“, Primeiro Festival Internacional de Arte Público en Carballo, convertindo o noso pobo nun lugar máis colorido e atractivo para o #turismo, unha iniciativa que xa comezara o equipo de “Derrubando muros con pintura” meses atrás. Rexenera-Festival-de-Arte-Urbana-de-Carballo

Dende a Biblioteca Rego da Balsa parécenos unha gran iniciativa, posto que ten máis aspectos positivos: desenvolve unha actitude participativa na #cultura por parte da cidadanía, fomenta a #creatividade dende as idades máis temperás, mellora o estado de ánimo ao romper co feísmo da vila, apóstase pola #modernidade e o progreso…

11412386_455981751238221_2089152571569389082_n         11390191_455969291239467_636150107329619981_n           996156_355778834592506_8359272523409128346_n       dulk_3

Nós tamén quixemos participar, na medida do posible, facilitándovos o acceso a materiais que consideramos interesantes sobre as artes visuais (pintura, arquitectura, escultura, fotografía…) e algúns dos seus movementos. Aínda que nos estantes de “Saberes” podedes atopar máis información, fixemos unha selección de libros que poden ser máis sinxelos, completos, etc. Achegádevos, botádelle un ollo e comentádenos que vos parecen 🙂
20150604_171232  20150604_171239  20150604_171320
Por outra banda, aínda que o primeiro que vemos ao saír a rúa son os #muros pintados tan impresionantes dest@s artistas, queremos recordarvos que o #festival “Rexenera” tamén acolle un #concerto de balde protagonizado por Xenderal and Check Selectah A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, para @s que vos poidades achegar o próximo sábado ás 23:30 h á sala Dublin!

image

E se non podedes asistir, ou tedes ganas de ir meténdovos en ambiente, animámosvos a que levedes en préstamo música de bandas locais como, por exemplo: Apart, Dios ke te Crew, Uxía, Herdeiros da Crus…

scale

xénese  Uxía - Meu Canto_front  1330716680_extras_ladillos_2_0

Por último, non podemos esquecernos de recordarvos que o sábado 4 de xullo poderedes expresarvos libremente nos #obradoiros (con inscripción previa en creartenarua@gmail.com) de “Arte na Rúa”, organizados pola asociación artística CreaFormasEste evento, no que colabora o Concello de Carballo, ademais, reunirá ao longo do día #actuacións, #concertos, #exposicións ao aire libre… e todo de balde! Ídelo deixar pasar? Animádevos e compartide a #experiencia connosco! Xuño e xullo traen mil posibilidades para mergullARTE na #creatividade!

20150511_110038
img253

Traballando con cans para mellorar a lectura de nenos e nenas

Ler a un can: un xeito distinto de animar a ler

Blog

“PERROSYLETRAS”

Este sábado 22 de outubro ás 11 h. terá lugar a actividade “PERROSYLETRAS”, onde os máis pequenos poderán ler un conto acompañados da nosa amiga “peluda” Guinda. Podedes premer para ver o Cartel perrosyletras que levaremos a cabo na #ABiblioPréstame

Traballando con cans para mellorar a lectura de nenos e nenas

Traballando con cans para mellorar a lectura de nenos e nenas. Fonte:www.perrosyletras.com

 

Por todos é coñecida a magnífica relación que se establece entre nenos e cans, pero sorprenderíavos coñecer os beneficios que ten para os cativos a lectura coa axuda da súa mascota.  Favorece a motivación, concentración e imaxinación do neno, dun xeito  totalmente natural e lúdico.

Por qué ler a  un can 

Ben entrenados, poden ser uns excelentes oíntes, e a súa presenza crea un entorno.:
  • acolledor
  • estimulante
  • relaxado
  • cómodo
  • seguro
  • imparcial
  • entretenido​​

       Isto supón un incremento do hábito da lectura, xa que axuda ao neno a converterse nun lector feliz e predisposto, ofrecéndolles lecturas interesantes, motivadoras, emocionantes e divertidas.

Na Biblioteca Municipal Rego da Balsa queremos promover o amor aos animais non só mediante estas actividades, senón que ademais dispoñemos dunha amplísima variedade de libros e contos relacionados con estes entrañables amigos.

Pequena mostra bibliográfica adicada ás mascotas

Pequena mostra bibliográfica adicada ás mascotas

Facédenos unha visita e comprobarédelo por vós mesmos! e mentras tanto ollade a cadeliña que nuns días estará en Carballo, na #ABiblioPréstame