sin-titulo

Novo ano, novas lecturas

Blog,Novidades,Recomendamos

Xa está aquí 2017, un novo ano que promete novas experiencias, novas aprendizaxes e novas emocións! A biblioteca quere contribuír a que comecedes a acumular todos eses momentos e sensacións inéditos, con novas sorpresas en forma de lecturas, música e cine para todos os gustos, idades e personalidades.

Durante este último mes fomos recibindo novidades marabillosas que estivemos catalogando arreo, xa que queriamos que as tiverades dispoñibles para entrada de 2017, e así o conseguimos.

E non pensedes que son tres ou catros libriños… máis de 400 exemplares dos máis diversos formatos, temáticas e seccións vos agardan nas seccións de novidades da biblioteca!

Unha gran parte destas novidades está constituída polo Premio María Moliner, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que nos foi outorgado polo proxecto de animación á lectura levado a cabo durante o pasado 2016. A verdade é que foi un lote de máis de 150 exemplares dos títulos máis novedosos e especiais, edicións únicas de clásicos da literatura e decenas de contos premiados polas súas historias e ilustracións nos mellores certames literarios… un verdadeiro tesouro que tedes ao voso dispor a partires de hoxe mesmo!

Consultade o boletín de novidades (é descargable e imprimible desde o noso Issuu) que confeccionamos para vós, onde poderedes ver todas as novas incorporacións do catálogo para este inverno. Como sabedes, podédelas levar en préstamo se sodes soci@s!

Desfrutádeas!

PicsArt_1458380502155

Camiñando pola arte e a vida : faladoiro e guía de recursos creativos

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog,Recomendamos

Onte tivo lugar na Biblioteca Rego da Balsa o faladoiro “Camiñando polas estrelas” da man de María Lema. Onte aprendemos que a arte non ten límites. A creativa María Lema emprendeu o seu proxecto “Caminando por las estrellas” de esculturas baseadas no Camiño de Santiago a partir dunha ilusión, dunha idea e dun sentimento.

Desa motivación provén a súa idea de esculturas en ferro como unha forma de levar consigo para sempre un recordo desa experiencia que a todos nos cambia. As súas esculturas recrean dun xeito único e orixinal diferentes conceptos e temas relacionados co Camiño, dándolles a cada unha das pezas un sentido e un motivo diferente.

Ademáis María convidounos a realizar con ela un “experimento” creativo. Realizamos un pequeno obradoiro de escultura e de Design Thinking, para mostrarnos que entre todos podemos crear unha gran obra de arte e tamén para demostrarnos que todos somos capaces de crear.

PicsArt_1458380266489

“A arte non é elitista e non entende de fronteiras nin barreiras, nin físicas, nin mentais, nin psicolóxicas”. Comentaba onte María Lema no Faladoiro.

Para que atopedes esa motivación que vos faltou sempre para emprender ou desenvolver unha idea creativa, un proxecto artístico ou facer daquela afección que tanto vos gustaba, unha profesión ou unha forma de vida.

O equipo da Biblioteca Rego da Balsa ademáis elaborou unha guía de recursos de información sobre artes plásticas que tedes dispoñibles para descargar na nosa conta de Issuu. Todas aquelas persoas interesadas pola arte e o proceso creativo, que queirades atopar axudas para desenvolver proxectos, obradoiros onde aprender ou lugares onde disfrutar da arte, podédesvos descargar esta guía de recursos artísticos locais con tan só un clic.

child-850509_1280

As Lecturas da Balsa (Infantil)

Blog,Novidades

Este verán non esperes a que outros elixan por ti! Xa temos preparadas as novas guías de recursos da biblioteca. Especial verán. Para cada idade eleximos as novidades e os recursos máis recomendados, e case sempre algúns dos materiais máis emprestados ou máis suxeridos polo nosos usuarios. Sabemos que vos van a gustar.

As lecturas

Esta primeira quenda de recursos está dirixido ao público infantil, dividido en nen@s de 0 a 3 anos, de 4 a 7 anos e de 7 a 12 anos.

Para os bebés podedes escoller ante unha gran variedade de materiais que van desde os libroxogo, os libros con son, os libros de tela ou os de marionetas. A nosa seleccion vos fará centrar a vosa atención en cada tipo de material e tamén coñecer o que máis lles gusta os cativos.

child-817371_640

Para @s meniñ@s de 4 a 7 anos pasamos aos despregables, os libros sobre os sentimentos e hábitos, libros de letra minúscula ou maiúscula, caligráfica, contos clásicos, e en definitiva, as colección máis divertidas.

grass-655266_640

Para @s nen@s de 7 a 12 anos, temos para vós libros, banda deseñada, películas, música, audiolibros, xogos de ordenador… E por suposto, as súas coleccións favoritas: Tea Stilton, Gerónimo, Tintín, Kika, Megatoxos, Diario de Greg … Bótalle unha ollada a esta entrada pasada sobre as nosas coleccións.

E non vos olvidedes que aínda tedes dispoñible o noso recuncho dedicado a #CarballoMirandoaoMar no que poderedes escoller materiais cunha temática común máis que veraniega, o mar.

Accedede As Lecturas da Balsa a través da nosa conta de Issu:

E recorda que para coñecer a dispoñibilidade do material só terás que acceder ao noso catálogo.
Boas lecturas! 😉