sin-titulo

Novo ano, novas lecturas

Blog,Novidades,Recomendamos

Xa está aquí 2017, un novo ano que promete novas experiencias, novas aprendizaxes e novas emocións! A biblioteca quere contribuír a que comecedes a acumular todos eses momentos e sensacións inéditos, con novas sorpresas en forma de lecturas, música e cine para todos os gustos, idades e personalidades.

Durante este último mes fomos recibindo novidades marabillosas que estivemos catalogando arreo, xa que queriamos que as tiverades dispoñibles para entrada de 2017, e así o conseguimos.

E non pensedes que son tres ou catros libriños… máis de 400 exemplares dos máis diversos formatos, temáticas e seccións vos agardan nas seccións de novidades da biblioteca!

Unha gran parte destas novidades está constituída polo Premio María Moliner, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que nos foi outorgado polo proxecto de animación á lectura levado a cabo durante o pasado 2016. A verdade é que foi un lote de máis de 150 exemplares dos títulos máis novedosos e especiais, edicións únicas de clásicos da literatura e decenas de contos premiados polas súas historias e ilustracións nos mellores certames literarios… un verdadeiro tesouro que tedes ao voso dispor a partires de hoxe mesmo!

Consultade o boletín de novidades (é descargable e imprimible desde o noso Issuu) que confeccionamos para vós, onde poderedes ver todas as novas incorporacións do catálogo para este inverno. Como sabedes, podédelas levar en préstamo se sodes soci@s!

Desfrutádeas!

Vacacións en primeira clase!

#ABiblioPréstame,Blog,Recomendamos

Xa sabedes que o #verán é tempo de #vacacións, de tempo libre para desfrutar, e que mellor que pasalo viaxando e coñecendo lugares e #culturas arredor do mundo? vw-camper-336606_1280

Por desgraza, algúns orzamentos non son suficientes para poder desplazarse terrenalmente a lugares exóticos, por iso vos queremos deixar unha listaxe de obras que vos transportarán a onde queirades deixar voar a vosa mente, que vos levarán a zonas descoñecidas, a climas tropicais ou á máis dura sabana, que vos mergullarán en espazos diferentes e vos farán compartir os sentimentos e tradicións doutras culturas. Atrevédesvos a #viaxar connosco? Pois apretade os cinturóns que aló imos con billete de primeira clase!

Para o gozo d@s máis pequen@s presentámosvos #libros como, por exemplo, “Nilo y Zanzíbar”, no que a amizade destes dous compañeiros os levará a embarcarse nunha viaxe para poder reencontrarse, rompendo as barreiras e enfrontándose a perigos de cando en vez. Non esquecemos outros como o clásico e estimado Rato Pérez, que chega con novas aventuras percorrendo o mundo para deixar os seus agasallos a tod@s @s nenos d@ planeta… Pero non só estes amigos percorren o mundo, outr@s moit@s coma @s que aparecen na foto tamén o fan, queredes descubrir as súas historias?

infantil

Para o público adulto e xuvenil temos interesantes historias que nos achegan a Oriente, como “La Sombra de la Ruta de la Seda”, ou que nos transporten a lugares fríos, tropicais e exóticos e a outras épocas como “Palmeras en la Nieve”, libro do que se está a elaborar a película, e que incluso nos pode chegar a recordar a “Memorias de África” (que tamén atoparedes na biblioteca en formato DVD, BSO e libro).

adulto

Se sodes d@s afortunad@s que podedes saír de vacacións pero aínda non tedes moi claro a onde, queremos suxerirvos libros coma os seguintes, posto que as súas ilustracións e información axudaranvos a elixir un destino. Cal vos gustaría: Estambul, Londres, algunha rexión recóndita de África…? Contádenos cal escolleriades e se podedes ir compartide con nós os vosos recordos!

mundo

E recordade que na propia terra temos sitios espectaculares para visitar, se non se vos ocorre ningún (cousa rara) ou o voso orzamento é máis limitado, nestas guías atoparedes mil e un lugares para sorprendervos con Galicia, para visitar as súas #festas gastronómicas ou outras temáticas que vos transportarán a un mundo máxico!

galiza

Animádevos e deixade aquí algunhas fotos das vosas #escapadas, as anécdotas máis inesperadas ou as suxerencias para outros viaxeiros intrépidos coma vós 🙂

girl-584388_1280