30 de xaneiro, Día da Ilustración

Blog

Esta semana o mundo do Libro, a Banda Deseñada, e en xeral, as Artes están de celebración, xa que o vindeiro sábado será o Día da Ilustración en Galicia.

A elección desta data non é aleatoria ou casual, xa que coincide coa data de nacemento de Castelao, celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. Castelao, ademais dun xenio das letras, foi tamén un xenio do lapis, e comezou a súa paixón polo debuxo e a ilustración sendo ben novo. E ben agradecidos que estamos, xa que as súas obras gozan dun equilibrio perfecto entre letra e imaxe, convertíndoo nun referente para comprender a historia moderna da nosa terra. Podedes consultar no noso catálogo os títulos dos que dispoñemos para que poidades levar en préstamo. E se queredes consultar a súa obra gráfica, propoñémosvos que visitedes o proxecto levado a cabo pola Universidade de Vigo que recolle un estudo minucioso sobre a obra gráfica deste galego ilustre. Fai clic aquí para consultalo.

pixlr_20160127152141589

A ilustración é algo máis que a “decoración” do libro, xa que nos ofrece un comentario gráfico do seu contido, un reflexo da sociedade na que apareceu o libro e, nalgúns casos, ata pode constituír principal motivo de interese.

Esta disciplina artística xa foi unha arte coñecida por exipcios, grecolatinos, bizantinos ou mozárabes desde épocas remotas, e na actualidade as técnicas utilizadas chegaron a tal perfección que os libros de hoxe poden chegar a ser verdadeiras obras de arte gráfica.

Por tod@s é coñecido o valor engadido que unha boa ilustración lle pode dar a unha obra, pero isto é aínda máis destacado cando falamos da literatura infantil, xa que é un xénero que non se pode explicar sen a ilustración. O mundo da ilustración de libros infantís está chea de recoñecidos e prolíficos homes e mulleres ao longo de toda a historia. Desde os clásicos, como Beatrix Potter ou Maurice Sendak, ata os máis contemporáneos, como Benjamin LacombeTom Schamp ou Ana Juan. Tamén na nosa terra temos grandes artistas que engalanan as historias infantís coas súas obras, como poden ser Dani Padrón, Paula Mayor ou Patricia Castelao, entre moitos outros que fan as delicias d@s máis pequen@s da casa.

pixlr_20160127201229478pixlr_20160127154838627IMG_20160127_154153

IMG_20160127_155538IMG_20160127_155238

Outro xénero que está intrínsecamente vencellado ao debuxo e diferentes técnicas de ilustración é o da Banda Deseñada. Porque que sería dun cómic sen imaxes? A este xénero pertencen títulos lexendarios mundialmente coñecidos que xa pertencen á memoria colectiva, como “Maus”, de Art Spiegelman ou “V de Vendetta” ilustrado por David Lloyd, pero tamén existen nov@s ilustrador@s que están a ter un gran éxito na actualidade e son todo un fenómeno de masas. En particular mencionaremos á nova corrente de españolas ilustradoras que están dando moitísimo que falar: Moderna de Pueblo, Monstruo Espagueti, Agustina Guerrero, Paula Bonet, Ana Oncina, Sara Herranz… E como non, en Galicia tampouco faltan artistas da viñeta, sendo o máximo exponente Miguelanxo Prado, do que temos varios dos seus títulos na biblioteca.

pixlr_20160127153306838pixlr_20160127151236823

IMG_20160127_201421IMG_20160127_155831

Na biblioteca temos preparada para vós unha exposición chulísima coa mellor selección de libros ilustrados, para que vexades que marabillas temos seleccionadas e celebremos tod@s o Día da Ilustración. Animádevos a visitala e desfrutade desta arte!

Advertisements

Celebrade o Día da Ilustración!

Blog

Sin título

O Día 30 de xaneiro celebramos en Galicia o Día da Ilustración. Este ano, coincide co 129 nacemento de Castelao, e se celebran deste xeito a importancia da súa figura non só na cultura galega senon na súa historia.

O ilustre e polifacético intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886, é todo un símbolo do nacionalismo galego e tamén un símbolo da loita no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o forte compromiso que o unía a Galicia. En 1910 comezou a traballar como médico rural na súa vila, mergullándose na política local. Mais a profesión médica non conseguiu satisfacelo e unha crise de cegueira en 1914 precipitou o seu afastamento da Medicina.Castelao1912.png

O seu labor céntrase na creación plástica, que manifesta a través de cadros e caricaturas e que se plasmarán definitivamente en “Diarios de Arte” tras a viaxe que realiza en 1921 por Europa . A partir de 1919, tamén, comeza a expoñer os debuxos que reunira mais tarde no album “Nos”, titulo da revista de cultura que se funda un ano mais tarde na que ejercerá, ademáis da direccion artistica, unha forte influencia.

tasación de antigüedades Galicia

A partir deste momento, a plástica facilitará a súa entrada na literatura con obras como “Cousas da vida”, “Cousas”,“Os dous de sempre” ou “Retrincos” (estes últimos os atoparedes na catálogo da biblioteca se pinchades no enlace).  O Castelao tamén participará nas “Irmandades da Fala” desde o nacemento destas en 1916.

Pero ademáis de celebrar a Castelao celebramos tamén a ilustración como unha das partes máis poderosas dun libro. Reforzar a súa elección ou moitas veces unha sóa portada nos seduce e fai que elixamos unha obra que non vai con nós. Pero a maioría das veces os grandes mestres da ilustración nos deixan verdadeiras obras de arte entre as páxinas de un libro.

dia_da_ilustracion

Algúns ilustradores marcaron20150128_131716 a historia da ilustración encóntranse personaxes que se inspiraron de diferentes maneiras, a algúns inspirounos a natureza, a outros os contos ou novelas gráficas, e a outros a moda. Estes ilustradores destacáronse cada un no seu momento pola súa técnica ao debuxar, achegar novos un estilos artísticos, pola súa innovación estética, surrealismo ou polas súas sátira ao contar unha historia. A nivel internacional cabe destacar Maurice Sendak, un grandísimo ilustrador do que dispoñemos de “Onde viven os monstros”;  Brian Despain e a súa gran obra del cuento  “Hombres de Hojalata”;  Michael Kutsche, ilustrador de “Alicia en el País de las Maravillas”; o  Bob Kane Con “Batman y Robin”. Pero a lista é infinita: Edmund Dulac, Beatrix Potter, Tom Schamp ou Warwick Goble.

Destacamos tamén, na nosa terra, as obras de Miguelanxo Prado ou Xaquín Marín, das que podemos subliñar “Mar Interior” e “Cen+Cen nes”,respectivamente, dispoñibles na biblioteca.

20150127_195747

Pero o deleite supremo da ilustración prodúcese sen dúbida algunha no libro infantil, onde atopamos verdadeiras obras de arte. Aquí tedes algunhas das obras que sen dúbida destacan pola súa beleza e orixinalidade e que encontraredes na sección Infantil da biblioteca:

20150127_171820

20150127_200842

20150127_195346

Sen dúbida destacar as ilustracións da editorial Kalandraka, OQO, Factoria K de Libros ou Xerais, entre outras moitas, que brilan por a súa beleza. Aquí unha mostra das obras que destas editoriais temos na biblioteca:

20150127_200014

Para consultar a súa dispoñibilidade non dubidedes en consultar o noso CATÁLOGO.

20150127_200427